MeteoSIX

Unha aplicación que permite dende o móbil seleccionar calquera lugar do suroeste de Europa, en terra ou no mar, e obter a predición para ese punto. Tamén é posible buscar entre máis de 29.500 localidades e 820 praias de Galicia. 

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

A principal diferenza con outras aplicacións meteorolóxicas é o seu carácter xeorreferenciado. A predición para cada punto procede directamente dos resultados dos distintos modelos de predición numérica de MeteoGalicia, sen supervisión humana. A resolución dos modelos varía en función da zona, sendo maior en Galicia.

As variables para as que se pode consultar a predición horaria son as seguintes: estado do ceo; temperatura; precipitacións; vento; cota de neve; humidade relativa; cobertura nubosa; presión; altura, período e dirección da onda; temperatura e salinidade da auga; horas de saída e posta do sol; e altura das mareas.

MeteoSIX permite gardar os lugares favoritos da persoa usuaria e acceder doadamente á súa predición, ademais de ver a predición para a súa posición actual, calculada automaticamente a partir dos mecanismos de posicionamento do dispositivo. Tamén se inclúe un widget que permite acceder facilmente a información sobre a súa localización ou dalgún dos seus favoritos.

Para descargar os datos, a aplicación usa a API pública do MeteoSIX, de uso libre e gratuíto para calquera usuario.

MeteoSIX Mobile está desenvolvida no marco dos proxectos MeteoSIX e RAIA.  

Departamento: C. de Infraestruturas e Vivenda