Carné Xove

O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible que ofrece vantaxes á mocidade galega. Agora conta cunha aplicación coa que coñecer as últimas novidades e os establecementos máis próximos con ofertas e descontos para os mozos e mozas.

  • whatsapp
Descarga
Android

O Carné Xove acredita á mocidade galega como tal. Con ela a xente nova pode obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Agora o carné conta cunha aplicación nativa para dispositivos móbiles co sistema operativo Android. Ofrece información actualizada para un mellor aproveitamento; con ela, os usuarios e usuarias poden buscar servizos ou tendas próximos que ofrezan descontos e ofertas para posuidores do Carné Xove, filtrándoos tanto pola súa localización como polo tipo de servizo que ofrecen. Ademais, a persoa usuaria recibirá alertas sobre novidades, promocións e ofertas.

Ligazón
Departamento: C. de Política Social