DOG

A aplicación da Xunta de Galicia para a consulta da información do Diario Oficial de Galicia. Todas as publicacións do DOG dispoñibles no móbil, con novas opcións de localizar e organizar a información de interese para cada persoa usuaria.

  • whatsapp whatsapp
Descarga
Android
iOS

A aplicación do DOG no móbil actualízase de xeito constante coa reutilización da información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica no portal www.xunta.es. Está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOS, tanto en galego como en castelán.

A aplicación permite consultar a información dispoñible no Diario Oficial do mesmo xeito que se faría a través da web, coas opcións de:

  • consultar o último diario dispoñible;
  • realizar unha busca para unha data concreta;
  • e acceder ao contido directamente na aplicación e descargalo en formato pdf.

Pero ademais, o DOG para dispositivos móbiles abre unha serie de posibilidades novas ás persoas usuarias:

  • filtrar os artigos por seccións (disposicións xerais, autoridades e persoal, anuncios...);
  • filtrar os artigos por rangos (lei, decreto, orde, resolución...);
  • seleccionar os artigos por área temática (ensino e formación; medio ambiente; ciencia e tecnoloxía; economía, empresa e emprego...);
  • seleccionar os artigos por colectivo ao que van dirixidos (autónomos/as, desempregados/as, empresas, emigrantes, pais e nais...);
  • engadir ou eliminar artigos nunha lista de favoritos.
Departamento: Vicepresidencia e C. Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza