...

Xunta de Galicia

Axenda Cultura

Aplicación oficial da Xunta de Galicia para a consulta dos eventos culturais que teñen lugar en Galicia.

Axenda Cultura é a aplicación que leva aos dispositivos móbiles dos cidadáns todos os eventos que se publican na axenda do portal Cultura.gal. Trátase dunha axenda elaborada de maneira conxunta por diferentes departamentos, co obxectivo de reunir nun mesmo espazo toda a programación de eventos culturais, tanto os que organiza a Administración autonómica como aqueles outros que son de grande interese para a cidadanía.

En Axenda Cultura as persoas usuarias poden atopar, entre outras, as actividades promovidas pola S. X. de Cultura, a S. X. de Política Lingüística, Agadic, os Museos de Galicia, os Arquivos de Galicia, a Cidade da Cultura, a Rede de Bibliotecas de Galicia e as bibliotecas públicas das cidades. Tamén se atopan as festas de interese turístico.

A tipoloxía de eventos que se atopan na axenda é variada: concertos, espectáculos escénicos, proxeccións audiovisuais, exposicións, obradoiros, xornadas e congresos, festas, feiras, festivais, roteiros e outras actividades.

A través dun servizo web dispoñible en Abert@s, os eventos da axenda se mostran en diferentes portais web, como Turismo de Galicia e Lingua.gal. Tamén é posible que calquera persoa o integre na súa web mediante un widget configurable.   

A aplicación móbil, que está dispoñible para Android e iOs, permite agora integrar adecuadamente esa información en dispositivos móbiles. A aplicación permite:

  • Mostrar a xeolocalización e a informaciñon de como chegar.
  • Consultar os próximos eventos culturais.
  • Buscar os eventos por data, lugar, tipoloxía e por proximidade á persoa usuaria.
  • Gardar as últimas buscas.
  • Filtrar os eventos por tipo de acceso e público ao que van dirixidos.
  • Marcar eventos como favoritos, gardalos no calendario, compartilos.
Android
iOS
Tema: Cultura, ocio e deporte
Departamento: C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • whatsapp whatsapp