escApp

Aplicación móbil que a Xunta pon a disposición de todas as mulleres que poidan estar sufrindo una situación de violencia de xénero en Galicia.

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

A aplicación, de descarga gratuíta, está deseñada para informar e apoiar ás mulleres que sofren violencia de xénero e a calquera persoa que detecte no seu entorno unha posible situación de violencia de xénero e queira obter información ao respecto.

Camúflase como unha app de información xenérica para evitar sospeitas, e está protexida por un contrasinal que debe determinar a propia usuaria.

A app estrutúrase en 8 ítems:

  • Primeiros sinais do maltrato: pautas para identificar se estás vivindo potenciais situacións de maltrato.
  • Que facer: consellos e indicacións de como proceder tanto se a muller é vítima de violencia directamente ou pautas de como actuar para calquera persoa que teña coñecemento dunha situación deste tipo.
  • Consellos para a túa seguridade: ofrece pautas de actuación a quen viva situacións de violencia, tanto se aínda non abandonou dita situación (ofrece consellos claros e directos de como proceder para rachar con ela), como se xa se denunciou a situación (ofrece consellos para a seguridade física da vítima).
  • Preguntas frecuentes: contén a resposta ás preguntas que as mulleres que padecen violencia de xénero realizan de xeito recorrente, sobre todo en relación coa denuncia e a súa interposición, sobre a orde de protección e o que implica e sobre os recurso dos que pode dispoñer.
  • Preto de min: activa a través do xeoposicionamento da vítima ou persoa que use a app todo o directorio de recursos existente en Galicia: CIMs, comisarias, hospitais, xulgados específicos etc.
  • Directorio: figuran os datos completos da totalidade dos recursos existentes en Galicia (enderezos e teléfonos).
  • Chama e infórmate: só con pulsar esta opción establece a chamada directa co 016 ou co teléfono 900400273 de información ás mulleres.
  • Galería audiovisual: enlaza coa canle que a Secretaría Xeral da Igualdade ten activa en YouTube e na que se soben os produtos audiovisuais que se elaboran en diferentes proxectos.
Departamento: Vicepresidencia e C. Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza