IGC Instituto Galego de Consumo

Aplicación oficial do IGC par a consulta da información de interese para os consumidores e consumidoras ofrecida polo Instituto Galego de Consumo.

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

A aplicación IGC Instituto Galego de Consumo permite a consulta mediante dispositivos móbiles, smartphones e tablets da información ofrecida polo Instituto Galego de Consumo ás persoas consumidoras. Dispoñible tanto en galego como castelán, actualízase de xeito constante e en tempo real.

Esta versión permite as seguintes accións:

  • Recibir avisos destacados en tempo real ofrecidos polo IGC.
  • Obter información de alertas de consumo.
  • Consultar datos de contacto de puntos de información ao consumidor.
  • Atopar a lexislación galega de consumo.
  • Acceder á información da Escola galega de consumo e do Laboratorio de consumo.
  • Consultar información de cláusulas abusivas, procedementos de reclamación, arbitraxe...
  • Obter información de publicacións, cursos e axenda.
Departamento: C. de Economía, Emprego e Industria