CDTIC App

Unha aplicación que permite a consulta das actuacións desenvolvidas polo Centro Demostrador TIC, así como a busca de provedores e solucións TIC do MapaTIC.gal.

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

CDTIC App foi desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Dispoñible tanto en galego como en castelán, actualízase de xeito constante reutilizando a información procedente da web do Centro Demostrador TIC de Galicia e do MapaTIC.gal.

A aplicación permite consultar as actividades do CDTIC, de xeito que o usuario pode inscribirse , incorporalas no seu calendario e recibir notificacións relacionadas. Outra das funcioncionalidades da App e que permite unha maior interacción durante a celebración dos seminarios, posibilitanto o seu seguimento mediante streaming, facilitando o intercambio e recompilación de datos e opinións en tempo real entre asistentes e formadores ou poñentes.

A través da app tamén é posible acceder ás solucións tecnolóxicas e provedores presentes en MapaTIC.gal e consultar a ficha de cada un deles. Por último, dispón de información básica sobre o centro e as súas funcións. 

Departamento: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia