A guía de especies pesqueiras

Aplicación de consulta das especies pesqueiras que habitan as costas galegas.

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

A guía de identificación de especies pesqueiras é a aplicación oficial da Xunta de Galicia para a consulta da información das distintas especies pesqueiras que habitan as costas galegas.

Entre outras utilidades prácticas, a súa descarga permitiralle:

  • Consultar as fichas das distintas especies de peixes, moluscos, algas, crustáceos e equinodermos que habitan as costas galegas. Estas, incorporan datos de interese sobre a época do ano na que podemos atopar a especie no mercado, como é, como preparala, como se pesca ou como é o seu nome en galego, castelán, catalán e euskera.
  • Aprender características sobre elas, fundamentalmente sobre como pescalas e preparalas.
  • Atopar consellos para poder comprobar a frescura en peixes, mariscos e algas.
  • Aprender sobre os distintos métodos de conservación do peixe que existen.
  • Descubrir como se pode medir cada especie para comprobar se o tamaño respecta os mínimos legais establecidos.
  • Coñecer os valores nutricionais dos peixes e moluscos.
Departamento: C. do Mar