Axuda, Mapa, Accesibilidade e idiomas DOG

Envío de disposicións ou anuncios ao DOG

envio de anuncios

Acceso ao sistema de inserción de anuncios no DOG para usuarios rexistrados.

Normativa aplicable

Decreto 349/2003, do 11 de setembro de 2003, parcialmente corrixido no DOG do 12 de novembro de 2003, polo que se aproba o procedemento de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da internet.

Orden do 28 de abril da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento.

Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e accións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia

Requisitos para acceder a este servizo

Formais:

  • Solicitude de alta en línea na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
  • Para tramitar este tipo de solicitude é necesario ter DNI electrónico ou ser titular dun certificado dixital clase 2CA (persoal) da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda.

  • Solicitude de alta presencial. Para tramitar esta solicitude cómpre cubrir o impreso que se pode descargar na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e remitilo á Unidade Administrativa do DOG.
  • Se non posúe certificado dixital consulte a web da FNMT ou consulte a web de Camerfirma.

Técnicos:

  • Debe emplearse un ordenador con:
    • Conexión a internet.
    • O ordenador debe ter instalada a aplicación @Autofirma que pode ser descargada dende a seguinte ligazón: Descargar @Autofirma.
  • O arquivo do anuncio debe remitirse en documentos editable en formatos abertos ou doc/docx.
  • Sistema operativo:
    • Windows 7 SP1, Server 2003 SP2, Server 2008 SP2 e Windows 8 e superiores(Windows 8 RT non compatible)
  • Navegador:
    • Firefox 46.0 e superiores.
    • Internet Explorer 10 ou superior, en 32 e 64 bits.
    • Google Chrome 50.0.2661.87 m e superiores