Axuda, Mapa, Accesibilidade e idiomas DOG

Consulta, servizos e busca DOG

Instrucións para o pagamento de anuncios

Pago Telemático de tasas

Obriga de pagamento da taxa por inserción de anuncios

Toda persoa física ou xurídica, pública ou privada, que precise inserir un anuncio no Diario Oficial de Galicia, deberá aboar previamente a taxa que establece a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e accións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas actualízanse anualmente mediante a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

Forma de pagamento

  • Mediante o Modelo AI de autoliquidación de taxas da Atriga

    Pasos que se deberán seguir:

    • Cubrir o Modelo AI, empregando os seguintes códigos:
      • Consellería: 04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
      • Servizo: 011 Diario Oficial de Galicia
      • Delegación: 13 Servizos centrais
      • Taxa
        • 325300 Anuncios no DOG
        • 325302 Anuncios no DOG de pago urxente
    • Imprimir o Modelo AI, debidamente cuberto.
    • Efectuar o pagamento nunha entidade bancaria colaboradora.
    • Remitir o xustificante de pagamento a Facturación da Unidade Administrativa do DOG.
  • Mediante o Impreso 730 de pago telemático de taxas e prezos

    Pasos que se deberán seguir:

    • Cubrir o Impreso 730, empregando os seguintes códigos:
      • Consellería: 04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
      • Servizo: 011 Diario Oficial de Galicia
      • Delegación: 13 Servizos centrais
      • Taxa:
        • 325300 Anuncios no DOG
        • 325302 Anuncios no DOG de pago urxente
    • Remitir o xustificante de pagamento a Facturación da Unidade Administrativa do DOG.
  • Mediante o Modelo D de liquidación de tarifas, nunha oficina de Abanca

    Pasos que se deberán seguir:

    • Cubrir o Modelo D.
    • Efectuar o pagamento na entidade Abanca.
    • Remitir o exemplar correspondente a Facturación da Unidade Administrativa do DOG.
  • Mediante transferencia bancaria

    Pasos que se deberán seguir:

    • Cubrir o impreso de transferencia.
    • Efectuar o pagamento mediante transferencia (non é válida desde contas da entidade Abanca).
    • Remitir o modelo de transferencia xunto co xustificante da transferencia á Unidade Administrativa do DOG.

Prazo de publicación dos anuncios

Os prazos de publicación de anuncios no DOG veñen establecidos no artigo 12 da Orde do 28 de abril de 2011,da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento.

Valoración do importe do anuncio

Para efectuar unha valoración do importe do anuncio é necesario ter en conta que o anuncio completo consta de:

    1. Sumario (breve resumen do texto do anuncio)
    2. Texto do anuncio
    3. Localidade e data
    4. Nome do anunciante
    5. Cargo do anunciante

Os puntos anteriores deberán expresarse en tres parágrafos diferentes.

Modos de efectuar a valoración previa

  • Automaticamente, desde a páxina do DOG, no enlace Cálculo automático da taxa de publicación
  • Contactando coa Unidade Administrativa do DOG, dalgunha das seguintes formas:
    • A través do correo electrónico taxadoga@xunta.es.
    • Excepcionalmente, mediante o envío dun fax (981544272) e chamada teléfonica (981544270).