Axuda, Mapa, Accesibilidade e idiomas DOG

Consulta, servizos e busca DOG

Accesibilidade

accesibilidade

Política de Accesibilidade

Este sitio web foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.

A política de accesibilidade aplicada neste sitio web está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Cumprimento dos estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.

Data da última revisión

A última revisión de accesibilidade deste portal foi realizada con data 25/08/2016.

Contacto

Na procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto dispoñible.