Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.452

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de marzo de 1996 pola que se definen as normas para a aplicación do Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, que establece un réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en 1996.

Advertido erro na dita orde, publicada no DOG nº 59, do venres 22 de marzo de 1996, é necesario face-la seguinte corrección:

-Na páxina 2.676 onde di: «DECLARO: baixo a miña responsabilidade que a renda procedente da miña actividade agraria é igual ou superior ó 50% da miña renda total e que dedico a tal actividade máis do 50% do meu tempo de traballo e non percibo pensión pública ningunha;», debe dicir: «DECLARO: baixo a miña responsabilidade que a renda procedente da miña actividade agraria é igual ou superior ó 50% da miña renda total e que dedico a tal actividade máis do 50% do meu tempo de traballo e non percibo pensión pública de xubilación ou invalidez permanente».

Onde di: «COMPROMÉTOME a cesar definitivamente na actividade agraria e a destina-la superficie agrícola da miña explotación na forma máis arriba indicada,», debe dicir: «COMPROMÉTOME a cesar na súa dimensión económica definitivamente na actividade agraria e a destina-la superficie agrícola da miña explotación na forma máis arriba indicada,».

-Na páxina 2.678 onde di: «b) A non transmiti-la propiedade nin ceder en arrendamento, parcería, ou figuras análogas, durante un prazo de dez anos, as terras adquiridas ó titular da explotación que cesa na súa actividade agraria.», debe dicir: «b) A non transmiti-la propiedade nin ceder en arrendamento, parcería, ou figuras análogas, durante un prazo de cinco anos, as terras adquiridas ó titular da explotación que cesa na súa actividade agraria.».

3971