Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.192

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 28 de setembro de 1999 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

O Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, crea no seu artigo 4º o Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade como órgano consultivo e de estudio da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade. No artigo 6º do Decreto 153/1997 establécese que o Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade se comporá dos órganos denominados Pleno, Comisión Permanente e Relatorios Técnicos, e no artigo 7º do devandito decreto relaciónanse os membros que compoñen o Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, determinándose que xunto cos membros natos que se mencionan, serán nomeados nove vocais en representación das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no número 2 do

devandito artigo, así como o secretario, que será un funcionario cualificado da consellería competente na materia nomeado polo presidente.

Por isto, en aplicación do artigo 7º do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, e tendo en conta, por unha banda, que a disposición derradeira do devandito decreto faculta a consellería competente na materia para dicta-las disposicións que requiran o mellor desenvolvemento e eficacia do disposto nel, e por outra, que as funcións de aplicación da normativa sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade foron asignadas á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desígnanse vocais do Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade por proposta das organizacións, institucións e departamentos autonómicos respectivos, de acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e

salvaxes en catividade, as persoas que a continuación se relacionan:

Pola Consellería de Medio Ambiente:

-Como titular, Javier Turrillo Montiel, xefe de Servicio de Conservación de Recursos Naturais.

-Como suplente, Ignacio Bergareche Urdampilleta, xefe de Recursos Naturais.

Pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria:

-Como titular, Miguel Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Sanidade e Producción Animal.

-Como suplente, Manuel Díaz Cano, xefe do Servicio de Sanidade Animal.

Pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

-Como titular, José Ángel Viñuela Rodríguez, xefe do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública.

-Como suplente, Patricia Daporta Padín, xefa do Servicio de Control de Factores Medioambientais.

Pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais:

-Como titular, Pedro Álvarez Fernández, subdirector xeral de Interior.

-Como suplente, Teodoro L. Llorente Lázaro, xefe do Servicio de Planificación e Xestión da Dirección Xeral de Protección Civil.

Pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

-Como titular, Julio Álvarez Núñez, presidente da FEGAMP.

-Como suplente, Adolfo Gacio Vázquez, vicepresidente executivo da FEGAMP.

Polas asociacións protectoras de animais de Galicia:

-Como titulares, Gloria Núñez González e Carmen Álvarez Domínguez, representantes da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Santiago de Compostela e da Sociedade Protectora de Animais e Plantas Verduxo de Soutomaior, respectivamente.

-Como suplentes, Marina Rodríguez Oubiña e José Luis Fernández Perejón, representantes da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Vilagarcía de Arousa e da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, respectivamente.

Polas asociacións ecoloxistas galegas:

-Como titular, Isabel Kerdudo, representante de ADEGA.

-Como suplente, César Vidal Rodríguez, representante de ERVA.

Pola organización colexial veterinaria galega:

-Como titular, Filemón Rodríguez Rodríguez, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense.

-Como suplente, Manuel Lajos Guillán, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra.

Artigo 2º

Desígnase secretario do Pleno do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade a Xosé Lago García, subdirector xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente