Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 7 de febreiro de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

-Normativa Sanitaria Galega. 2ª edición: 30,05 euros.-Desfibrilación Semiautomática Externa. Manual del Profesor: 7,22 euros.