Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 22 de abril de 2002 pola que se autoriza o inicio de actividades do centro de atención a persoas maiores de Ribeira (A Coruña).

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, para a creación de centros de servicios sociais propios da Administración autonómica, é necesaria unha norma con rango de decreto, sendo necesaria unha orde da consellería competente para o inicio de actividades.

Creado o centro de atención a personas maiores en Ribeira (A Coruña) polo Decreto 81/2002, do 7 de marzo, procede autoriza-lo inicio das súas actividades.

Por outra banda, e tendo en conta que a disposición adicional final primeira do antedito decreto autoriza a conselleira de Asuntos Sociais para o seu desenvolvemento e execución,

DISPOÑO:

Artigo único.

Autorízase o inicio de actividades e a posta en funcionamiento do centro de atención a persoas maiores en Ribeira (A Coruña).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais