DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 2006 Páx. 8.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2006 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de xestión do servizo público de gardacostas de Galicia prestado a través de medios marítimos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

c) Número de expediente: 2006-14-00092.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de gardacostas de Galicia prestado a través dos seguintes medios marítimos:

-Un remolcador de salvamento: Sebastián de Ocampo.

-Un buque de salvamento e apoio: Irmáns García de Nodal.

-Un buque tipo pesqueiro multipropósito: Valentín Paz de Andrade.

-Unha patrulleira: Paio Gómez Chariño.

c) División por lotes e número: non hai lotes.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 65, do 3-4-2006.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: dez millóns cincocentos corenta mil euros (10.540.000 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 28-4-2006.

b) Contratista: Remolcadores Nosa Terra, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 10.324.774,77 A.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos