DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2007 Páx. 6.136

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

DECRETO 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

A Lei estatal 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da fauna e flora silvestres establece a obriga das administracións públicas de adoptar as medidas necesarias para garantir a conservación das especies da flora e da fauna que viven en estado silvestre no territorio español, prestando especial atención ás especies autóctonas. O artigo 21.2º desta lei sinala que as comunidades autónomas con competencia exclusiva en materia de espazos naturais protexidos, e con competencia para ditar normas adicionais de protección en materia de ambiente, poderán establecer, ademais das figuras de protección previstas na lei estatal, outras diferentes regulando as súas correspondentes medidas de protección.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu título II, da fauna e flora, establece as medidas necesarias para garantir a conservación dos hábitats naturais e das especies da flora e fauna, con especial atención ás especies autóctonas e ás ameazadas, para o que se crean o Catálogo Galego de Especies Ameazadas e o Rexistro de Especies de Interese Galego.

Doutra banda, esa norma galega considera que o interese científico, estético ou monumental e ornamental dalgúns exemplares existentes en Galicia, de calquera especie botánica autóctona ou foránea, ou de agrupacións destes, aconsella que as normas protectoras se fagan extensivas a este tipo de árbores, xa que constitúen un patrimonio cultural valioso, de interese público, e irrecuperable no caso da súa destrución.

En Galicia xa se teñen declarado tres Monumentos Naturais pola presenza de árbores monumentais coma son: «Fraga de Catasós», no Concello de Lalín (provincia de Pontevedra), na que medran castiñei

ros dos máis grandes de Europa; «Souto da Retorta», no Concello de Viveiro (provincia de Lugo), que inclúe entre os seus exemplares o que probablemente sexa o eucalipto branco de maior tamaño dos cultivados no continente europeo; e o «Souto de Rozabales», no Concello de Manzaneda (provincia de Ourense), onde poden contemplarse castiñeiros de extraordinarias dimensións e beleza.

Pero con independencia de que os exemplares ou as agrupacións deles poidan atoparse en espazos protexidos ou se lles poidan aplicar réximes específicos de protección, como os de monumento natural ou paisaxe protexida, entre outros, a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu artigo 52, procedeu á creación do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia, no cal se incluirán aqueles exemplares ou mouteiras cuxa conservación sexa necesario asegurar polos seus valores naturais, culturais, científicos, didácticos, estéticos ou paisaxísticos, sinalando que nos exemplares ou mouteiras incluídas no catálogo poderán levarse a cabo, logo de autorización da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, todo tipo de tratamentos silvícolas e actuacións encamiñadas á súa protección, conservación e mellora.

Procede, polo tanto, non só aprobar o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras no cal se establecerán as árbores e formacións singulares merecedoras dun ámbito especial de protección senón tamén regular o procedemento para a inclusión destas árbores e formacións no dito catálogo, coa finalidade de protexelos de posibles riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Este decreto ten por obxecto aprobar o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regular o procedemento para a inclusión destas árbores e formacións singulares no dito catálogo, así como establecer o réxime xurídico básico para as árbores e formacións que se inclúen nel.

Artigo 2º.-Árbores e formacións senlleiras.

Terán a consideración de senlleiras as árbores e as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecentes de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico

ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

Capítulo II

Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

Artigo 3º.-Aprobación do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Apróbase o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, como rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección sinalados nos anexos I e II.

Artigo 4º.-Procedemento de catalogación e descatalogación.

1. A inclusión ou exclusión das árbores e das formacións de calquera especie no catálogo farase mediante orde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

2. A iniciación do procedemento de catalogación ou descatalogación farase de oficio pola consellería ou por instancia de parte.

3. Poderán instar o inicio do devandito procedemento as persoas propietarias das árbores ou formacións, outras administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza, mediante a presentación do modelo de solicitude de inclusión que figura no anexo III acompañado da memoria xustificativa e de toda a información adicional da súa condición de senlleiro.

Esta solicitude poderase presentar en calquera das dependencias sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes dirixiranse ao director xeral de Conservación da Natureza.

4. No caso de que a documentación presentada sexa insuficiente, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza requirirá o interesado, conforme prevé o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, logo da resolución ditada en tal sentido.

5. Previamente á catalogación daráselles audiencia ás persoas propietarias dos exemplares ou os seus representantes, e solicitarase informe ao Comité das Árbores Senlleiras.

6. Este procedemento terá un prazo máximo de seis meses contados:

-Naqueles procedementos iniciados de oficio pola Administración, a partir desde a data do acordo de iniciación.

-Naqueles procedementos iniciados por instancia de parte (as persoas propietarias particulares, outras administracións...,) desde a data en que a correspondente solicitude tivese entrada na consellería competente en materia de biodiversidade.

7. Transcorrido o prazo de seis meses referido no punto anterior sen que a Administración teña resolto o procedemento, haberá que aterse en materia de silencio administrativo, ao disposto nos artigos 43 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. A iniciación do procedemento de catalogación dun exemplar ou formación implica que lle serán de aplicación, inmediata e provisionalmente, as medidas de protección establecidas neste decreto.

9. A descatalogación producirase coma consecuencia da morte biolóxica ou da perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Capítulo III

Comité das Árbores Senlleiras

Artigo 5º.-Creación do Comité das Árbores Senlleiras.

1. Crease o Comité das Árbores Senlleiras coma órgano consultivo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza nesta materia.

2. Este comité constitúese como órgano de asesoramento en relación coas inclusións, exclusións e as diferentes actuacións que se levarán a cabo no contorno destes exemplares.

3. O Comité das Árbores Senlleiras estará formado polos seguintes membros:

-A Presidencia exerceraa a persoa encargada da Dirección Xeral da Conservación da Natureza.

-Unha persoa que represente a Dirección Xeral da Conservación da Natureza, que exercerá as funcións de secretaría.

-Unha persoa que represente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

-Unha persoa que represente a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

-Unha persoa que represente a cada unha das tres universidades galegas que elas mesmas designen.

-Unha persoa que represente o Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán.

-Unha persoa que represente as asociacións que teñan coma finalidade a protección, conservación ou divulgación das árbores senlleiras.

-Unha ou varias persoas expertas que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza considere necesario.

Artigo 6º.-Funcións do Comité das Árbores Senlleiras.

O Comité das Árbores Senlleiras terá particularmente as seguintes funcións:

a) Establecer os criterios de inclusión no catálogo, atendendo aos indicadores relacionados cos méritos recollidos no artigo 2º.

b) Propoñer a catalogación ou descatalogación das árbores e formacións senlleiras, con base en información debidamente documentada.

c) Emitir informe sobre as solicitudes de catalogación presentadas. Estes informes serán preceptivos e non vinculantes, e serán emitidos polo Comité das árbores senlleiras no prazo máximo de quince días desde a súa solicitude.

d) Emitir informe sobre os diferentes plans de xestión que se elaboren para cada un dos exemplares e formacións catalogados.

e) Aconsellar sobre as medidas de conservación e emitir informe sobre os diferentes tratamentos fitosanitarios que se leven a cabo.

Artigo 7º.-Funcionamento do Comité das Árbores Senlleiras.

1. O comité reunirase ordinariamente con periodicidade anual ou de xeito extraordinario, cando sexa convocado polo seu presidente.

2. O réxime de funcionamento do Comité das Árbores Senlleiras axustarase ao previsto no capítulo II do, título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Capítulo IV

Xestión, protección e aproveitamento

Artigo 8º.-Medidas de xestión.

1. Para as árbores e formacións senlleiras que o requiran elaboraranse plans de xestión encamiñados á súa conservación, restauración e mellora. Estes plans serán elaborados pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza ou polas persoas propietarias dos terreos onde se asentan, debendo ser aprobados, neste último caso, pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Estes plans de xestión serán revisados coa periodicidade que neles se determine.

2. De ser necesario poderase establecer unha área de protección, que abranguerá o contorno inmediato das árbores, das mouteiras ou das formacións senlleiras. Esta área de protección establecerase nos plans de xestión sinalados no parágrafo anterior.

3. Cando as árbores ou formacións senlleiras se atopen dentro de espazos naturais protexidos, os plans rectores de uso e xestión ou os plans de conservación recollerán as medidas necesarias para a preservación destes elementos senlleiros.

Artigo 9º.-Protección.

1. As árbores e formacións senlleiras que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para todos os efectos.

2. A protección implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente a súa integridade, a súa saúde e a súa aparencia. No caso de formacións naturais esta protección entenderase aplicable tamén a todo o seu cortexo florístico.

3. Os proxectos cuxa execución poida ameazar os valores naturais, culturais, científicos, didácticos ou doutra orde, de árbores ou formacións senlleiras necesitarán autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

4. A realización de actuacións coma podas ou tratamentos fitosanitarios, cando sexan necesarias para a conservación do propio exemplar ou cando exista un perigo para a saúde pública e a seguridade das persoas, necesitará autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Artigo 10º.-Réxime de axudas.

1. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá establecer un réxime de axudas económicas encamiñadas á súa conservación, protección e mellora ou, se é o caso, para realizar tratamentos fitosanitarios ou silvícolas de mantemento.

2. Así mesmo, poderase subscribir coas persoas propietarias convenios, os cales se axustarán ao disposto na súa normativa de aplicación, en que se consideren aspectos relacionados co uso público destes elementos singulares como o réxime de visitas, o acondicionamento de accesos e outros.

Artigo 11º.-Aproveitamentos.

Nos exemplares ou mouteiras incluídos no catálogo poderán seguirse levando a cabo os aproveitamentos que sexan compatibles coa conservación dos valores polos que estes exemplares foron declarados, de acordo co artigo 52 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Artigo 12º.-Servidumes.

Segundo establece o artigo 28 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, poderanse declarar as servidumes necesarias para a instalación e conservación de sinais indicadores da condición de árbores e formacións senlleiras, incluídas nun espazo natural protexido dos previstos no artigo 9 da Lei 9/2001, do 21 de agosto.

Capítulo V

Infraccións e sancións

Artigo 13º.-Infraccións e sancións.

As infraccións administrativas cometidas contra o disposto neste decreto sancionarase de acordo co que prevé a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza e demais normativa que lles sexa de aplicación.

Artigo 14º.-Procedemento sancionador.

O procedemento sancionador por incumprimento das obrigas establecidas neste decreto rexerase polo establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cando se produza a morte biolóxica dun exemplar catalogado os seus restos conservarán a súa protección cando así o aconselle o seu interese científico, cultural ou histórico.

Segunda.

1. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia asumirá a propiedade e xestión dos elementos catalogados que lle sexan doados ou cedidos polas persoas propietarias, conforme cos termos previstos na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma galega e no Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril.

2. As transmisións onerosas inter vivos dos exemplares catalogados, incluídos nalgún dos espazos naturais protexidos previstos no artigo 9 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, estarán suxeitas aos dereitos de tanteo e retracto por parte da Administración autonómica. Estes dereitos exerceranse do xeito indi

cado no artigo 27 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Terceira.-A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible actualizará de forma periódica o inventario do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para ditar cantas disposicións complementarias necesite o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor aos vinte días seguintes ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de marzo de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento

Sostible

ANEXO I

Árbores Senlleiras

CódigoNome da árboreEspecieLugarConcello

1A«Perona» do Paseo da FerraduraAbies nordmanniana (Steven) SpachPaseo da FerraduraSantiago de Compostela (C)

2APradairo da Igrexa de VilarpandínAcer pseudoplatanus L.VilarpandínNavia de Suarna (LU)

3A«Pravia» de VilalbaAcer pseudoplatanus L.Praza Suso GayosoVilalba (LU)

4ACastiñeiro de Indias do Xardín Artístico de PadrónAesculus hippocastanum L.Xardín Artístico de PadrónPadrón (C)

5AAmeneiro do Pazo de MasideAlnus glutinosa (L.) Gaernt.Pazo de MasidePantón (LU)

6AAraucaria do Brasil do Parque de Caldas de ReisAraucaria angustifolia (Bertol.) O. KuntzeParque de CaldasCaldas de Reis (PO)

7AAraucaria Araucana do Castelo de SoutomaiorAraucaria araucana (Mol.) K. KochCastelo de SoutomaiorSoutomaior (PO)

8AAraucaria Excelsa da Casa de TenreiroAraucaria heterophylla (Salisb.) FrancoCasa TenreiroPontedeume (C)

9AÉrbedo do Pazo de MariñánArbutus unedo L.Pazo de MariñánBergondo (C)

10ACalocedro do Pazo de TorrecedeiraCalocedrus decurrens (Torr.) FlorinPazo de TorrecedeiraRedondela (PO)

11ACamelia «Pantalóns» do Pazo de LensCamellia japonica L.Pazo de Lens-AmesAmes (C)

12ACamelia do Pazo de Santa CruzCamellia japonica L.Pazo de Santa CruzVedra (C)

13ACamelias do Pazo de Torres AgreloCamellia japonica L.Pazo Torres de AgreloRedondela (PO)

14AMatusalén de Camelias do Pazo de CastrelosCamellia japonica L.Pazo de CastrelosVigo (PO)

15ACamelia Reticulada do Pazo de OcaCamellia reticulata Lindl.Pazo de OcaA Estrada (PO)

16ACamelia Sasanqua do Pazo de Torres AgreloCamellia sasanqua Thunberg.Pazo Torres de AgreloRedondela (PO)

17APacana de Illinois do Pazo de MariñánCarya illinoensis (Wangenh.) C. Koch.Pazo de MariñánBergondo (C)

18ACastiñeiro da CapelaCastanea sativa Mill.A CapelaBegonte (LU)

19ACastiñeiro do Val da FonteCastanea sativa Mill.O Val da FonteFolgoso do Courel (LU)

20ACastiñeiro de PumbariñosCastanea sativa Mill.Souto de RozabalesManzaneda (OU)

21ACastiñeiro do MolaCastanea sativa Mill.Souto de MolaA Mezquita (OU)

22ACastiñeiro da RibeiraCastanea sativa Mill.Souto da RibeiraA Mezquita (OU)

23ACastiñeiro do Souto da RamigoaCastanea sativa Mill.Souto da RamigoaNogueira de Ramuín (OU)

24ACastiñeiro da RegadiñaCastanea sativa Mill.A RegadiñaA Pobra de Trives (OU)

25ACastiñeiros de PeninvelloCastanea sativa Mill.Finca da CercaXinzo de Limia (OU)

26ACasuarinas da Alameda da Praza de CompostelaCasuarina equisetifolia J.R. & G. Forst.Praza de CompostelaVigo (PO)

CódigoNome da árboreEspecieLugarConcello

27ACedros do Himalaia dos Xardíns de VicentiCedrus deodara (D. Don) G. DonXardíns de VicentiPontevedra (PO)

28ACedro do Líbano do Pazo de LourizánCedrus libani A. Rich.Pazo de LourizánPontevedra (PO)

29A«Coroa de Cristo» do Xardín Histórico de PadrónCercis siliquastrum L.Xardín artístico de PadrónPadrón (C)

30ACamecíparis de Lawson da Casa da PueblaChamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.Casa da Puebla do IncioO Incio (LU)

31ACamecíparis de Lawson do Castelo de SoutomaiorChamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.Castelo de SoutomaiorSoutomaior (PO)

32AAlcanforeiros do Pazo de RubiánsCinnamomum camphora (L.) Siebold Pazo de RubiánsVilagarcía de Arousa (PO)

33ALaranxo «Obsceno» do Pazo de BrandarizCitrus aurantium L. var. corniculata RissoPazo de BrandalizOrtigueira (C)

34ACriptomeria do Pazo de Santa CruzCryptomeria japonica (L. f.) D. DonPazo de Santa CruzVedra (C)

35ACriptomeria do Castelo de SoutomaiorCryptomeria japonica (L. f.) D. DonCastelo de SoutomaiorSoutomaior (PO)

36ACriptomeria Elegante do Pazo de OcaCryptomeria japonica (L. f.) D. Don ElegansPazo de OcaA Estrada (PO)

37ACunninghamia do Pazo de GondomarCunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.Pazo de GondomarGondomar (PO)

38ACunninghamia do Parque-Xardín de Caldas de ReisCunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.Parque de CaldasCaldas de Reis (PO)

39ACiprés de California da MisericordiaCupressus macrocarpa Hartw.MisericordiaViveiro (LU)

40ACiprés de California do Pazo de QuintásCupressus macrocarpa Hartw.Pazo de QuintánsMeis (PO)

41ACiprés Mediterráneo da Capela do SalvadorCupressus sempervirens L. FastigiataMosteiro de SamosSamos (LU)

42AEucaliptos do Pazo de MariñánEucalyptus globulus Labill.Pazo de Láncara ou MariñánBergondo (C)

43AEucalipto da Casa de ReimundeEucalyptus globulus Labill.Casa de ReimundeFoz (LU)

44AAvó do Eucaliptal de ChavínEucalyptus globulus Labill.Souto da RetortaViveiro (LU)

45AEucaliptos do Paseo da FerraduraEucalyptus globulus Labill.Paseo da FerraduraSantiago de Compostela (C)

46AEucaliptos do Pazo de CastrelosEucalyptus globulus Labill.Pazo de CastrelosVigo (PO)

47AEucalipto do Maná da Casa de OrdaxEucalyptus viminalis Labill.Casa de OrdaxCastro de Rei (LU)

48AFaias do Pazo de CastrelosFagus sylvatica L.Pazo de CastrelosVigo (PO)

49AFigueira do MecoFicus carica L.Monte SiradellaO Grove (PO)

50AFigueria da Casa-Museo de Rosalía de CastroFicus carica L.Casa-Museo Rosalía de CastroPadrón (C)

51AFreixo de Folla Estreita de MontepandoFraxinus angustifolia Vahl.O Val Monforte (LU)

52AFreixo de PortaFraxinus excelsior L.Pista a Casa do GaloSobrado (C)

53AXinkgos do Pazo de FonsecaGinkgo biloba L.Xardín do Pazo de FonsecaSantiago de Compostela (C)

54AAcivro do Pazo de CasanovaIlex aquifolium L.Pazo de CasanovaO Pino (C)

55ACocoteiro de Chile do Pazo de MeirásJubaea chilensis (Mol.) BaillPazo de MeirásSada (C)

56ATulipeiros de Virxinia do Pazo de Santa CruzLiriodendron tulipifera L.Pazo de OrtigueiraVedra (C)

57ATulipeiros de Virxinia do Pazo de CastrelosLiriodendron tulipifera L.Pazo de CastrelosVigo (PO)

58AMagnolia Grandiflora de Santa RitaMagnolia grandiflora L.Cuartel vello Garda CivilNarón (C)

59AMagnolias Grandifloras do Pazo de RubiánsMagnolia grandiflora L.Pazo de RubiánsVilagarcía de Arousa (PO)

60AMagnolia Grandiflora do Pazo de Santa CruzMagnolia grandiflora L.Pazo de Santa CruzVedra (C)

61AMetasecuoia do Pazo de LourizánMetasequoia glyptostroboides H. Hu & ChengPazo de LourizánPontevedra (PO)

62AMetrosideros Excelso do Xardín da Torre de AndradeMetrosideros excelsus Soland. ex Gaertn.Xardín da Torre de AndradePontedeume (C)

63AMetrosideros Excelso do Xardín da Policía da CoruñaMetrosideros excelsus Soland. ex Gaertn.Xardín do Antigo HospitalA Coruña (C)

64AOliveira do Paseo de Alfonso XIIOlea europaea L.Paseo de Alfonso XIIVigo (PO)

65AOliveiras do Cemiterio de AdinaOlea europaea L.Cemiterio de AdinaPadrón (C)

66APalmeira Datileira do Mosterio de HerbónPhoenix dactylifera L.Mosteiro de HerbónPadrón (C)

67AOmbú do Centro Cultural de Santa CruzPhytolacca dioica L.Centro cultural Santa Cruz-OleirosOleiros (C)

68AOmbú do Pazo de Santa CruzPhytolacca dioica L.Pazo de OrtigueiraVedra (C)

69APiñeiro Bravo de LeiroPinus pinaster Ait.LeiroPontedeume (C)

70APiñeiro Manso dos CandeirasPinus pinea L.Lugar do Castro Ponteareas (PO)

71APiñeiro Insigne do Castelo de Santa CruzPinus radiata D. DonCastelo de Santa CruzOleiros (C)

72APlátano de Sombra do Pazo de DompiñorPlatanus hispanica Mill. ex Munchh.Pazo de DompiñorO Incio (LU)

73ADouglasia Verde do Pazo de CasanovaPseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco Pazo de CasanovaO Pino (C)

74ACarballo Albar da Praza do Campo QuindousQuercus petraea (Mattusch.) Liebl.QuindousCervantes (LU)

75ARebolo da Praza do Campo de QuindousQuercus pyrenaica WillQuindousCervantes (LU)

76ARebolo do Pazo da PenaQuercus pyrenaica WillPazo da PenaManzaneda (OU)

77ACarballo de Pazo de VilardefrancosQuercus robur L.Pazo de Vilar de ArcosCarballo (C)

CódigoNome da árboreEspecieLugarConcello

78ACarballo de RamosQuercus robur L.Casa de RamosTaboada (LU)

79ACarballo do Viño ou Carballo de PeleteQuercus robur L.O PeleteA Lama (PO)

80ACarballo da Capela de Santa MargaridaQuercus robur L.Capela de Santa MargaridaPontevedra (PO)

81ACarballa da RochaQuercus robur L.A TouzaRairiz de Veiga (OU)

82ACarballo do Pazo de CartelosQuercus robur L.Pazo de CartelosCarballedo (LU)

83ACarballo Grande de Bustelo de AbaixoQuercus robur L.Campo da FonteCarballedo (LU)

84ACarballo da Casa do HerdeiroQuercus robur L.Casa de HerdeiroCarballedo (LU)

85ACarballos do Campo de GolfQuercus robur L.Campo de golf-LugoLugo (LU)

86ACarballo de MedeQuercus robur L.Bosque de MedeXermade (LU)

87ACarballo da Casa GrandeQuercus robur L.Praza do CarballoCarballedo (LU)

88ACarballo Grande do MestreQuercus robur L.Á beira da N-540Carballedo (LU)

89ACarballo Grande de ReboredaQuercus robur L.Bosque de CaraveleiraA Porqueira (OU)

90ACarballo Fastixiado do Pazo de Santa CruzQuercus robur L. FastigiataPazo de Santa CruzVedra (C)

91ACarballo Fastixiado do Xardín Histórico de PadrónQuercus robur L. FastigiataXardín Artístico de PadrónPadrón (C)

92AAciñeira de CovasQuercus ilex L. subsp. ballota (Desf.) Samp.Predio próximo ao cemiterioRubiá (OU)

93ASobreira de ValboaQuercus suber L.Os HórreosA Estrada (PO)

94ASobreira do Pazo de ValiñasQuercus suber L.Pazo de ValiñasA Estrada (PO)

95ASobreira do Cristo de ArribaQuercus suber L.Praza públicaRedondela (PO)

96ASobreira da Casa do TristoQuercus suber L.Casa do TristoA Pobra de Brollón (LU)

97ASecuoias Vermellas do Xardín Histórico de PadrónSequoia sempervirens (D. Don) Endl. Xardín Artístico de PadrónPadrón (C)

98ASecuoia Vermella do Castelo de SoutomaiorSequoia sempervirens (D. Don) Endl. Castelo de SoutomaiorSoutomaior (PO)

99ASecuoia Xigante do Pazo do CasalSequoiadendron giganteum (Lindl.) Buchh.Pazo do CasalBergondo (C)

100ATaxodios do Xardín de ArtimeTaxodium disticum (L.) Rich.Xardín de ArtimeVilagarcía de Arousa (PO)

101ATeixo do Pazo de BaldomirTaxus baccata L.Pazo de BaldomirBergondo (C)

102ATeixo da Igrexa de CórneasTaxus baccata L.CemiterioBaleira (LU)

103ATeixo da Casa de TenreiroTaxus baccata L.Casa de Tenreiro-PontedeumePontedeume (C)

104ATuia Xigante do Pazo de Torres AgreloThuja plicata Don ex D. DonPazo de Torres de AgreloRedondela (PO)

105ATileiro Prateado da Alameda do Campo da EstrelaTilia tomentosa MoenchAlameda do Campo da EstrelaSantiago de Compostela (C)

106AWashingtonias Robustas do Pazo de Santa CruzWashingtonia robusta H.Wendl.Xardín do Pazo de Santa Cruz de RibadullaVedra (C)

ANEXO II

Formacións senlleiras

CódigoNome da formaciónEspecieLugarConcello

1FBuxal da Casa da BotanaBuxus sempervirens L.Casa da BotanaArzúa (C)

2FBuxal do Pazo de Santa CruzBuxus sempervirens L.Pazo de Santa CruzVedra (C)

3FBuxal do Pazo de OcaBuxus sempervirens L.Pazo de OcaA Estrada (PO)

4FCastiñeiros Xaponeses e Chineses do Pazo de LourizánCastanea crenata Sieb. & Zucc.; Castanea mollisima Blume Mill.Pazo de LourizánPontevedra (PO)

5FFraga de CatasósCastanea sativa Mill.; Quercus robur L.Pazo de QuintelaLalín (PO)

6FSouto de RozabalesCastanea sativa Mill.Souto de RozabalesManzaneda (OU)

7FCarreira de Eucaliptos do Pazo de BarrantesEucalyptus globulus Labill.Pazo de BarrantesRibadumia (PO)

8FEucaliptos do Pazo de RubiánsEucalyptus globulus Labill.Pazo de RubiánsVilagarcía de Arousa (PO)

9FSouto da RetortaEucalyptus globulus Labill.Souto da RetortaViveiro (LU)

10FCipreses de California do Xardín do MalecónCupressus macrocarpaXardín do MalecónOrtigueira (C)

11FMirtos do Pazo de MariñánMyrtus communis L.Pazo de MariñánBergondo (C)

12FRetícula de Oliveiras do Pazo de Santa CruzOlea europaea L.Pazo de Santa CruzVedra (C)

13FPalmeiral Canario dos Xardíns de Méndez NúñezPhoenix canariensis Hort. ex ChabaudXardíns de Méndez NúnezA Coruña (C)

14FPalmeira do Senegal do Xardín Artístico de PadrónPhoenix reclinata Jacq.Xardín Artístico de PadrónPadrón (C)

15FPlátanos de Sombra do Pazo de MariñánPlatanus hispanica Mill ex Muenchh.Pazo de MariñánBergondo (C)

16FPlátanos de Sombra do Paseo do Espolón de PadrónPlatanus hispanica Mill ex Muenchh.Paseo do EspolónPadrón (C)

17FCarballeira de Caldas de ReisQuercus robur L.Parque de CaldasCaldas de Reis (PO)

18FCarballeira de San Lourenzo de TrasoutoQuercus robur L.San LourenzoSantiago (C)

19FTeixedal de CasaioTaxus baccata L.Teixedal de CasaioCarballeda de Valdeorras (OU)

20FCerreira dos Tileiros do Pazo de OcaTilia platyphyllos Scop.Pazo de OcaA Estrada (PO)

21FOlmos do Xardín de San CarlosUlmus x hollandica Mill.Xardín de San CarlosA Coruña (C)

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA