DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2007 Páx. 19.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de 14 helicópteros con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante os anos 2008 e 2009.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de 14 helicópteros con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante os anos 2008 e 2009. (O lote nº 1 estará constituído por seis (6) helicópteros de tipo lixeiro. O lote nº 2 estará constituído por dous (2) helicópteros de tipo medio. O lote nº 3 estará constituído por dous (2) helicópteros de tipo lixeiro e tres (3) de tipo medio. O lote nº 4 estará constituído por un (1) helicóptero de tipo pesado), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: 4 lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 14.035.384 €.

Ano 2008: 7.017.692 €:

Lote 1: 2.608.208 €.

Lote 2: 1.400.400 €.

Lote 3: 2.043.924 €.

Lote 4: 761.160 €.

Ano 2009: 7.017.692 €:

Lote 1: 2.608.208 €.

Lote 2: 1.400.400 €.

Lote 3: 2.043.924 €.

Lote 4: 761.160 €.

5. Garantías.

Provisoria: o 2% do orzamento de licitación de cada lote (total: 2.807.076,80 €).

Lote 1: 1.043.283,20 €.

Lote 2: 641.760 €.

Lote 3: 817.569,60 €.

Lote 4: 304.464 €.

Definitiva: o 4% do orzamento base de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 48/981 54 74 41.

e) Telefax: 981 54 57 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet, no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o rexistro xeral da Consellería do Medio Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Clasificación:

Grupo 3, subgrupo 9, categoría D.

Grupo R, subgrupo 6, categoría D.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data: terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, no oitavo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13.00 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2007.

P.D. (Orde 12-8-2005)

Alberte Souto Souto

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural