DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2008 Páx. 14.989

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 161/2008, do 24 de xullo, polo que se nomea presidente do Consello Social da Universidade da Coruña a Antonio Abril Abadín.

En virtude do establecido nos artigos 7.4º e 17.1º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e catro de xullo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear presidente do Consello Social da Universidade da Coruña a Antonio Abril Abadín.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria