DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2008 Páx. 19.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

EDICTO do 25 de setembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se require a declaración anual aos beneficiarios das prestacións económicas da Seguridade Social xestionadas nesta delegación provincial, que se relacionan.

No uso da competencia sobre as prestacións económicas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de julio) e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ao ser devolta polo servizo de correos a petición enviada no seu día, requírese o citado no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, presente, persoalmente ou acompañada da correspondente fe de vida, na delegación provincial da Igualdade e do Benestar da Coruña (r/ Enrique Mariñas, s/n, Matogrande) a declaración anual exixida polo artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo). De non presentala no prazo indicado e, en virtude do disposto no devandito artigo, procederase á suspensión

cautelar do pagamento da prestación.

A Coruña, 25 de setembro de 2008.

Mª Tereixa dos Anxos Novo Arrojo

Delegada provincial da Coruña

Ver referencia pdf "21000D030P174.PDF"