DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2008 Páx. 19.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2008, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a notificación de seis propostas de resolución de expedientes sancionadores por infracción en materia de xogo que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta, Interior e Administración local desta delegación provincial, sita na avenida da Habana, nº 79-2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Ourense, 1 de outubro de 2008.

M. Concepción Camiña Garrido

Delegada provincial de Ourense

Ver referencia pdf "21000D033P176.PDF"