Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: modificado II L.M.T., C.T. e R.B.T. Bouza Vella-Aparthotel Patos.
Situación: concello de Nigrán.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 180 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. GON 8.04 á altura do p.k. 10,970 da estrada PO-325 Vigo-A Ramallosa, alimentando en bucle o C.T. proxectado, e final na L.M.T.S. GON 8.04 á altura do camiño de Gofrens. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado no camiño de Gofrens, Bouza Vella, Nigrán. Dúas redes de B.T., unha aérea e outra subterránea, de 565 e 150 metros de lonxitude, respectivamente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e visto o informe favorable do facultativo Francisco Sánchez-Ulloa Villar, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 22 de setembro de 2008.
Montserrat Prado Cores
Delegada provincial de Pontevedra