DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2008 Páx. 19.768

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓGICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Fundación Centro Tecnológico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga), de acordo co establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, anuncia a convocatoria de selección de persoal por concurso/oposición para a contratación laboral por tempo indefinido da seguinte praza vacante:

-Un (1) técnico superior de sistema (ref. 1-TS-SIST-08).

Función principal: manter e xestionar os sistemas de supercomputación nas mellores condicións de funcionamento hardware e software.

O contrato para este posto revestirá a modalidade de contrato de traballo por tempo indefinido, a xornada completa, e o lugar habitual de traballo será en Santiago de Compostela.

As persoas interesadas neste posto poderán consultar as bases de convocatoria no enderezo da Fundación Cesga ou a través da súa páxina web http://www.cesga.es/ na sección de emprego; así mesmo, deberán enviar a solicitude no modelo que se inclúe nas bases, debidamente e dirixida ao director-xerente da Fundación Cesga, xunto coa documentación requirida e indicando a referencia da praza, a: avenida de Vigo, s/n (edificio Cesga), campus sur, 15705 Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2008.

Javier García Tobío

Director-xerente da Fundación Centro Tecnológico

de Supercomputación de Galicia