DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 15 de xullo de 2009 Páx. 12.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2009 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa do Monte que se celebra no concello da Guarda.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 8de abril de 2009, adoptou, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa do Monte, que se celebra a segunda semana do mes de agosto, no concello da Guarda, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento co disposto no artigo 20 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2009.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo