DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 05 de abril de 2010 Páx. 4.935

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de marzo de 2010 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional 12, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

A disposición transitoria décimo sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que durante os anos de implantación da lei, o acceso á función pública docente se realizará mediante un procedemento selectivo no cal, na fase de concurso, se valorarán a formación académica e, de forma preferente, a experiencia docente previa nos centros públicos da mesma etapa educativa, ata os límites legais permitidos e que a fase de oposición, que terá unha soa proba, versará sobre os contidos da especialidade que corresponda, a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio da docencia.

A disposición transitoria primeira do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, establece que, en cumprimento do disposto na disposición transitoria décimo sétima.2 da Lei orgánica de educación, as disposicións contidas no seu título VI aplicaranse aos procedementos de ingreso aos corpos docentes que se convoquen durante os anos da súa implantación.

Pola súa vez o título IV, capítulo I, do citado Real decreto 276/2007, regula o acceso dos funcionarios dos corpos docentes a outros corpos docentes incluídos nun grupo de clasificación superior.

Aprobada polo Decreto 22/2010, do 18 de febreiro, a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:

-Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional.

-Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional.

Título I

Procedementos de ingreso e acceso

-Base primeira.-Normas xerais.

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas para cubrir 367 prazas, correspondentes 272 para o corpo de profesores de ensino secundario, 29 para o corpo de profesores de música e artes escénicas e 66 para o corpo de profesores técnicos de formación profesional, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa desagregación por corpos, especialidades e quendas que a continuación se indican:

Ver referencia pdf "06200D013P059.PDF"

1.2. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlles de aplicación: a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; a Lei 7/2007, do 12 de abril, Estatuto básico do empregado público; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea; o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento; o Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes; o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e se regula o réxime transitorio a que se

refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, modificado polo Real decreto 48/2010, do 22 de xaneiro, o Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se regula o título de especialización didáctica, modificado polo Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro; Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes da ensinanza secundaria; o Decreto 22/2010, do 18 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado pola Lei

2/2009, do 23 de xuño, e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. Asignación de prazas aos tribunais ou ás comisións de selección.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, o número de prazas será atribuído ás comisións de selección nomeadas de acordo co establecido no punto 7 da base 5 desta convocatoria.

-Base segunda.-Requisitos que debe reunir o persoal aspirante.

Para seren admitidos aos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea ou de calquera outro dos estados aos que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar, o cónxuxe, os descendentes e os descendentes do cónxuxe, tanto dos cidadáns españois como dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea ou de estados en que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados polo Estado español, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores cando así o prevexa o correspondente tratado, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sempre que os cónxuxes non estean separados de dereito e, con respecto aos descendentes, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desta idade pero vivan a cargo dos seus proxenitores.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.

c) Estar en posesión das titulacións que se especifican nesta base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro (BOE do 4 de marzo), ou o seu recoñecemento ao abeiro do establecido pola Directiva 89/48/CEE, do Consello das Comunidades Europeas, do 21 de decembro de 1988, e polos reais decretos 1665/1991, do 25 de outubro (BOE do 22 de novembro) e 1771/2003, do 12 de setembro (BOE do 19 de setembro).

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade á que se opta.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Os aspirantes a que se refire a alínea a) desta base, cunha nacionalidade que non sexa a española, deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

f) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade á cal se refire o título II desta orde, no que as funcionarias e funcionarios de carreira poderán participar.

g) Acreditar o coñecemento do galego.

h) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá reunir.

2.2.1. Para o corpo de profesores de ensino secundario:

a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, para as especialidades que se detallan no anexo VII a esta orde, poderán ser admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha das titulacións que, para cada unha delas, se citan no citado anexo VII.

b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Estarán exceptuados deste requisito os aspirantes que posúan o título de mestre, diplomados en profesorado de educación xeral básica, mestres de ensino primario, licenciados en pedagoxía ou en psicopedagoxía sempre que obtivesen a títulación con anterioridade ao 1 de outubro de 2009.

De acordo co previsto na disposición transitoria única.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, son equivalentes á formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, os títulos profesionais de especialización didáctica e o certificado de cualificación pedagóxica, que no momento da entrada en vigor da citada lei organizarán as universidades ao abeiro do establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e o certificado de aptitude pedagóxica.

Así mesmo, conforme a disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, os que acrediten que antes do remate do curso académico 2008-2009 tiñan unha experiencia docente de dous cursos académicos completos ou, no seu defecto, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, será igualmente recoñecida como equivalente á formación establecida no artigo 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.

2.2.2. Para o corpo de profesores de música e artes escénicas.

Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

Para ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas, poderán ser admitidos en todas as especialidades os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan no anexo VII desta orde.

2.2.3. Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Estar en posesión da titulación de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

Para ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, para as especialidades que se detallan no anexo VII desta orde, poderán ser admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dalgunha das titulacións que, para cada unha delas, se citan no citado anexo VII.

Serán tamén de aplicación as disposicións que declaran equivalente para efectos de docencia as titulacións de técnico especialista ou técnico superior cando se acredite unha experiencia docente na especialidade a que se pretende acceder de polo menos dous anos en centros educativos públicos dependentes da Administración educativa convocante antes do 31 de agosto de 2007.

2.3. Condicións específicas das prazas reservadas para os aspirantes con recoñecemento legal de discapacitado.

2.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional séptima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e o Decreto 22/2010, do 18 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7% das prazas a que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacitado, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de diminución de, polo menos, o 33% e a compatibilidade entre a diminución e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.

2.3.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas no punto 15 da base 5 desta convocatoria.

2.3.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente conforme o previsto no punto 2.3.1 desta base.

O persoal aspirante que concorra por esta reserva só poderá participar nunha única especialidade por este sistema.

2.4. Condicións específicas do persoal candidato ás prazas reservadas para o persoal funcionario dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2.

2.4.1. Poderán participar neste procedemento selectivo, para o que se reserva un 15 por 100 das prazas convocadas no corpo de profesores de ensino secundario, o persoal funcionario dos corpos e escalas clasificados no subgrupo A2 a que se refire a vixente lexislación da función pública que, ademais das condicións xerais, reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión das titulacións que para o ingreso no corpo se exixen no punto 2.2. desta convocatoria.

b) Ter prestado, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como funcionario ou funcionaria de carreira.

2.4.2. O persoal aspirante que opte por este procedemento de acceso non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.

2.5. Prazo en que se deben reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, agás o requisito de estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2º da LOE que será exixible no momento da publicación da relación de aspirantes que superan o procedemento selectivo.

2.6. Imposibilidade de concorrer a máis dunha quenda.

Ningún aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria ou outras dentro da mesma oferta de emprego, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos entre corpos de funcionarios docentes.

-Base terceira.-Solicitudes e pagamento dos dereitos.

3.1. Solicitudes.

A solicitude deberá efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions. A instancia imprimirase e presentarase nalgún dos lugares previstos no punto 3.5 desta convocatoria.

Na instancia consignaranse os códigos do corpo e disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización da proba de máis dunha especialidade.

3.2. Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.

O persoal aspirante incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida en España cando non teña documento nacional de identidade deberá presentar fotocopia do pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar dúas fotocopias do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado da dita tarxeta. No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa da persoa coa que existe este vínculo, de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

3.3. Obriga de participación.

De conformidade co previsto na addenda do 11 de xullo de 2006, ao Acordo do 20 de xuño de 1995, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoque neste ano por calquera das especialidades ofertadas, agás que non se convoquen prazas da súa especialidade nesta convocatoria. Será causa de exclusión das listas de interinos ou substitutos non realizar a proba, incluídas todas as súas partes, establecida na base novena desta orde.

No suposto de que o dito persoal se presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas, deberá achegarse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos certificación de ter realizado a proba, con anterioridade ao 31 de xullo de 2010.

3.4. Instrucións para cubrir a solicitude.

3.4.1. O persoal aspirante deberá especificar cun X o corpo e a quenda pola cal participa, así como o nome e o código da especialidade.

Os aspirantes que aleguen estar exentos de realizar a proba de coñecemento de lingua galega presentarán o correspondente documento xustificativo debidamente cotexado, agás aqueles que xa consten como exentos na aplicación informática de xestión do concurso-oposición.

Así mesmo, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e, de conformidade co disposto no punto 6.2 desta orde, estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, deberán achegar, para tal efecto, o diploma superior do español como lingua estranxeira ou certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou título de licenciado en filoloxía hispánica ou románica, ou certificación académica na que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo ou certificación de ter superado esta proba en convocatorias anteriores efectuadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Exceptúase do anterior aquel persoal aspirante que xa conste como exento na apliación informática de xestión do concurso-oposición.

3.4.2. O persoal aspirante poderá acollerse á puntuación que lle foi outorgada en todos ou nalgún dos puntos do baremo na fase de concurso da convocatoria realizada por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con data do 9 de abril de 2008 publicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de abril de 2008. Neste caso, alegará e xustificará unicamente os méritos perfeccionados con posterioridade ao 6 de maio de 2008.

O persoal aspirante que non poida ou non desexe acollerse á opción prevista no parágrafo anterior deberá presentar xunto coa instancia o documento que se achega como anexo IV, que formalizará na aplicación informática relacionando todos os méritos que se alegan, imprimirá e remitirá, xunto con todos os documentos xustificativos, na forma que se establece no anexo I; enténdese que só se tomarán en consideración aqueles méritos debidamente xustificados durante o prazo de presentación de solicitudes.

O persoal aspirante que se acolla á puntuación outorgada na fase de concurso da convocatoria realizada pola Orde do 9 de abril de 2008 alegará e xustificará unicamente os méritos perfeccionados con posterioridade ao 6 de maio de 2008, agás a experiencia docente en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que será baremada de oficio.

O persoal aspirante que se acolla parcialmente á puntuación outorgada na fase de concurso da convocatoria realizada pola Orde do 9 de abril de 2008, ademais da documentación prevista no parágrafo anterior, terá que presentar toda a documentación que xustifique os méritos alegados do punto ou puntos aos que non se acolle.

3.4.3. As persoas con discapacidade deberán indicar, no escrito que acheguen coa solicitude, a discapacidade que padecen e solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para realizar os exercicios nos casos en que estas adaptacións sexan necesarias.

3.4.4. Así mesmo, o persoal interino que cumpra os requisitos establecidos no punto 9.5 desta orde que desexe que se lle emita o informe no que se valoren os seus coñecementos acerca da unidade didáctica previsto no mesmo punto, deberán marcar cun X a dita opción no espazo correspondente da solicitude, e non poderán modificala unha vez presentada a solicitude.

Os que non cumpran estes requisitos e exercesen a opción do informe na solicitude de participación figurarán na resolución pola que se aprobe a lista provisional de admitidos e excluídos coa indicación de que deberán realizar a parte B.2 da proba regulada na base novena desta convocatoria.

Así mesmo, os que, exercendo esta opción na solicitude, non presenten a correspondente unidade didáctica no prazo establecido no punto 8.7 desta orde ou, non exercendo a dita opción, a presenten, figurarán na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, con indicación expresa de que haberán de realizar a parte B.2) da proba.

3.5. Lugar de presentación das solicitudes.

As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, podendo ser presentadas:

a) No rexistro xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presentar a solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

3.6. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes subscritas polas persoas que residan no estranxeiro deberán cursarse no prazo sinalado no punto seguinte a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á secretaría xeral. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido no punto 3.8 desta convocatoria.

3.7. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

-Corpo:

Profesores de ensino secundario: 40,74 euros.

Profesores de escolas oficiais de idiomas: 40,74 euros.

Profesores de música e artes escénicas: 40,74 euros.

Profesores técnicos de formación profesional: 35,08 euros.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

a) Persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33%.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%.

c) Persoas que figuraren como demandantes de emprego desde, polo menos, o mes anterior á data de convocatoria de probas selectivas de persoal convocadas para a selección de persoal da comunidade autónoma nas que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o gozo da exención que, no prazo do que se trate, non rexeitasen oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.

Para acreditar a exención do pagamento de taxas pola causa referida na letra c) será necesario acreditar mediante documento certificativo expedido polo servizo público de emprego correspondente no que consten que, no prazo do que se trate:

-Figura como demandante de emprego desde polo menos o 5 de marzo.

-Non rexeitou ningunha oferta de emprego axeitado nin se negou a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e

-Que, así mesmo, carece de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.

O importe dos dereitos de exame e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes faranse utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo VIII. O dito impreso facilitaráselles aos interesados xunto co impreso de solicitude e débese cubrir cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, dentro de prazo, en que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

Tamén poderá efectuarse o pagamento pola internet no enderezo:

http:/www.xuntaeco.org/web/portal/tramites-tributarios-presentacion

Neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pagamento.

-Base cuarta.-Admisión de aspirantes.

4.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista provisoria de admitidos e excluídos, por corpos, disciplinas e reservas. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes, se se acolleron ao informe previsto no punto 9.5 desta orde e se están exentos ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelán. No caso dos aspirantes excluídos, especificarase a causa de exclusión.

4.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria, os interesados poderán interpoñer, no prazo máximo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe presentarse no caso de seren aprobados, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación nestes procedementos.

4.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, por petición dos interesados, aos aspirantes que fosen excluídos definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomaren parte nas devanditas probas.

-Base quinta.-Órganos de selección e comisións de elaboración de informes.

5.1. Tribunais e comisións de selección.

A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, e se é o caso, polas comisións de selección, sen prexuízo do previsto nos puntos 6.3. e 7.3. desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.

5.2. Nomeamento.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo e das comisións de elaboración de informes, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios. Así mesmo, excepcionalmente, poderá nomearse un só tribunal para máis dunha disciplina.

Naquelas especialidades en que o número de aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas aos procedementos previstos nos puntos 4 e 5 da base 2 e no título II desta orde.

5.3. Composición dos tribunais.

Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores de Educación ou de inspectores ao servizo da Administración educativa a extinguir.

Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores, salvo que razóns fundadas e obxectivas o impidan. Así mesmo, tenderase á paridade entre profesoras e profesores, agás nos supostos en que o nivel de representación dalgún dos sexos sexa inferior ao 40%.

En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo ao cal optan os aspirantes.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

-Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo e especialidade correspondente, e que estean impartindo esta.

Se con posterioridade tivese que substituírse algunha persoa titular ou suplente do tribunal, o titular será substituído polo correspondente suplente ou, no seu defecto, nas que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou. Se non puidese actuar o suplente número catro pasaríase ao suplente número 1.

De non poder actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade.

Para estes efectos, considerarase que pertencen ao mesmo corpo os funcionarios dos corpos de catedráticos e os funcionarios dos corpos de profesores con competencia docente no mesmo nivel educativo.

Excepcionalmente, cando o número de especialistas non exceda os dez, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá proceder a sortear dous vogais, solicitando os restantes doutras administracións educativas ou completando os tribunais con funcionarios doutra especialidade ou doutro corpo.

Quedarán exentos da participación no sorteo aqueles profesores que presten servizos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

5.4. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal poderase designar polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 29 de abril de 2010, ás nove horas, na Sala de Xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.

5.6. Constitución dos tribunais.

5.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituiranse os tribunais no prazo máximo de quince días desde a súa publicación no DOG, será precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular, ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non puidesen actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito dos aspirantes á participación no proceso selectivo.

5.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vogal suplente respectivo ou, no seu defecto, nos que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

5.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3º do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, a aquelas persoas que actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante os tres últimos anos ou sexan directores ou directoras dun centro.

5.7. Comisións de selección.

Naquelas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, constituirase unha comisión de selección de, polo menos, cinco membros, formada polos presidentes e presidentas de cada un dos tribunais.

No suposto de que o número de tribunais das especialidades fose inferior a cinco, formará parte da comisión de selección o vogal número 1 dos tribunais que sexan necesarios, empezando polo tribunal número 1, ata acadar os cinco membros.

De estaren nomeados unicamente dous tribunais, formará parte da comisión de selección o vogal número 2 do tribunal número 1.

A presidencia da comisión de selección será o presidente ou a presidenta do tribunal número 1.

5.8. Constitución das comisións de selección.

As comisións de selección constituiranse no prazo de corenta e oito horas desde que constituísen os tribunais.

5.9. Comisións de elaboración de informes.

Nomearase en cada provincia unha comisión para a elaboración do informe substitutivo do exercicio B.2 previsto no punto 9.5 desta orde e na orde pola que se convoca o concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres.

Estas comisións provinciais de elaboracións de informes estarán compostas por persoal funcionario de carreira en activo do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou funcionarios de carreira docentes exercendo a función inspectora e serán designados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O número de membros de cada comisión estará en función do número de informes que debe realizar.

5.10. Abstención e recusación dos tribunais e comisións de selección.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4º do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para o mesmo corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.11. Categoría dos tribunais, comisións de selección, comisión de baremación, comisión de elaboración de informes e comisións da avaliación da fase de prácticas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.

5.12. Indemnizacións por razón do servizo.

Os tribunais, as comisións de selección, as comisións de baremación e as comisións de elaboración de informes terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.

5.13. Funcións dos órganos de selección.

Os órganos de selección actuarán con plena autonomía funcional, serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.

5.13.1. Comisións de selección.

Serán competencias das comisións de selección as seguintes:

a) A elaboración, se é o caso, dos exercicios a que se refiren as bases 9 e 16 desta orde.

b) A coordinación dos tribunais, incluíndo a data do acto de presentación e de realización da primeira parte da proba, que serán simultáneos.

c) A determinación dos criterios de actuación dos tribunais e a súa homoxeneización.

d) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio da primeira parte da proba.

e) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas polos tribunais na fase de oposición, a ordenación dos aspirantes e a elaboración das listas dos aspirantes que superasen ambas as fases.

f) A declaración dos aspirantes que superaron as fases de concurso e oposición e resultan seleccionados, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

5.13.2. Competencias dos tribunais.

Correspóndelles aos tribunais:

-A cualificación das distintas partes da proba da fase de oposición.

-A conformación do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, mantendo actualizados os datos para aseguraren o desenvolvemento do procedemento.

No caso dos tribunais únicos, estes actuarán tamén como comisión de selección.

A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.14. Asesores especialistas.

Os tribunais e as comisións de informes poderán solicitar a incorporación aos seus traballos de persoal asesor especialista, limitándose o devandito persoal a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación do persoal asesor corresponderalle a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

5.15. Adaptación de tempo e medios.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares oportunidades para a realización das probas que o resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.

Base sexta.-Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española.

6.1. Acreditación do coñecemento do castelán.

6.1.1. De conformidade co previsto no artigo 16 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, as persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español, deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a presentación dalgún dos títulos ou certificados seguintes:

-Diploma superior de español como lingua estranxeira.

-Certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas.

-Título de licenciatura en filoloxía hispánica ou románica.

-Certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

-Certificación de ter superada esta proba en convocatorias anteriores efectuadas por esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.1.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba, na cal comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita desta lingua. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá a data na que se realizará a dita proba.

6.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro).

6.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por un presidente ou presidenta e catro vogais, pertencentes ao corpo de catedráticos ou profesores de ensino secundario, especialidade lingua castelá e literatura. Os catro vogais serán designados mediante sorteo público. Da mesma forma designarase un tribunal suplente.

Para garantir o anonimato desta proba, procederase de acordo co establecido no punto 8.9 desta orde.

6.4. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto» ou «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

-Base sétima.-Acreditación do coñecemento do galego.

7.1. A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou súa validación, feita polo órgano competente, o título de licenciado en filoloxía galego-portuguesa ou o certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

7.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, na data que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo VI e nunha tradución do castelán para galego.

7.3. Tribunais de valoración.

A valoración da proba realizarana os tribunais designados por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, compostos por un presidente ou presidenta, designado directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e catro vogais, designados por sorteo público, pertencentes ao corpo de catedráticos ou de profesores de ensino secundario, especialidade lingua e literatura galegas. Da mesma maneira designarase un tribunal suplente.

Para garantir o anonimato desta proba, procederase de acordo co establecido no punto 8.9 desta orde.

7.4. Valoración da proba.

Os tribunais valorarán esta proba de «apto» e «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro no que actuasen e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

-Base oitava.-Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo.

8.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo a partir do 24 de xuño de 2010.

8.2. Orde de actuación.

Sen prexuízo de que se realizará en primeiro lugar a parte A da proba regulada no punto 5 da base comun 9 desta convocatoria, a actuación dos aspirantes, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:

1. Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece na alínea seguinte.

2. Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas aos funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2, por orde alfabética, de acordo coas normas do parágrafo seguinte.

3. A orde de actuación dos restantes aspirantes iniciarase alfabeticamente por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra «M», conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2010, e publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de febreiro. Os tribunais que non conten con aspirantes cuxo apelido empece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

8.3. Citación dos aspirantes.

8.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través do Diario Oficial de Galicia, para a realización da proba, de ser o caso, da acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, do acto de presentación e a primeira parte da proba prevista na base novena desta convocatoria, con dez días naturais de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.

8.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

8.3.3. Unha vez comezado o procemento selectivo non será obrigatoria a publicación dos sucesivos chamamentos aos aspirantes no Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberán facelos públicos os tribunais nos locais en que se teñan lugar as probas e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

8.4. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento os aspirantes para que acrediten a súa identidade.

8.5. Exclusión dos aspirantes.

Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, despois de audiencia ao interesado, deberanlle propoñer a súa exclusión ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas polos aspirantes na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.

Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento selectivo a aqueles aspirantes que leven a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.

Contra a exclusión, o aspirante poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

8.6. Idiomas modernos.

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

8.7. Presentación da unidade didáctica do persoal que opte pola emisión do informe.

O persoal que optase na solicitude de participación pola emisión do informe previsto no punto 5 da base 9 desta orde deberá presentar o desenvolvemento dunha das unidades didácticas impartidas no centro no prazo de trinta días naturais que se computará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Cando o aspirante se presente a unha especialidade distinta da que está impartindo no centro poderá entregar unha das unidades didácticas impartidas no centro ou unha unidade referida á especialidade pola cal se presenta no concurso-oposición. A unidade didáctica dirixirase á comisión provincial de emisión de informes, xunto coa instancia que se publica como anexo XIII, e presentarase na xefatura territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondente, en función do destino que teña o profesorado interino o día da publicación desta convocatoria. O persoal interino que preste servizos noutras comunidades autónomas presentará a

unidade didáctica na xefatura territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Para a especialidade de psicoloxía e pedagoxía do corpo de profesores de ensino secundario, o informe elaborarase a partir dun programa de intervención nun centro escolar ou nun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, e que o aspirante deberá presentar no mesmo prazo indicado anteriormente.

Aqueles aspirantes que non presenten a unidade didáctica ou o programa de intervención no prazo establecido deberán realizar a parte B.2 da proba regulada na base novena desta convocatoria.

8.8. Acto de presentación, entrega de determinados méritos e da programación didáctica.

Na data, a hora e o lugar que se estableza, conforme o previsto no punto 8.3.1, terá lugar o acto de presentación de asistencia obrigatoria para todo o persoal aspirante do procedemento selectivo. Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

O persoal aspirante que non asista ao dito acto decaerá nos seus dereitos e será excluído do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincidise co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deducise a imposibilidades de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán o persoal aspirante, que deberá ir provisto do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas presentadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Neste acto o persoal aspirante entregaralle ao tribunal a programación didáctica a que se fai referencia na base 9 desta orde. O tribunal entregará ao persoal aspirante unha acreditación da presentación da programación no modelo anexo XII desta convocatoria.

8.9. Garantías do anonimato das probas escritas.

De conformidade co disposto no artigo 10.1º h) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, nas probas escritas garantirase o anonimato dos aspirantes. Para tal fin, seguiranse as instrucións que a continuación se sinalan:

1º O tribunal entregaralle ao persoal aspirante un impreso para consignar os datos persoais e dous sobres, un grande e outro pequeno.

2º O persoal aspirante cubrirá o dito impreso, introducirao no sobre pequeno e pecharao.

3º Igualmente facilitaranse os folios para o desenvolvemento do tema, que deberán ser numerados polo opositor.

4º Quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen o persoal asinante, ou sinais ou marcas que puidesen romper o anonimato, así como aquel que resulte ilexible.

5º Rematada a proba escrita, esta incluirase no sobre grande que se lle entregará ao tribunal xunto co sobre pequeno que contén os datos persoais. O tribunal pegará unha das etiquetas adhesivas no primeiro folio do exame e a outra no sobre pequeno dos datos persoais.

6º O tribunal gardará en sobres grandes os sobres pequenos que conteñen os datos persoais. Unha vez corrixida e cualificada a parte da proba, procederase á súa apertura. Para iso requirirase a presenza de testemuñas, levantarase a acta e introduciranse as puntuacións na aplicación informática de xestión do concurso-oposición sen dar publicidade delas.

-Base novena.-Sistema de selección.

9.1. Sistema selectivo.

O sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición. Existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

9.2. Temarios.

De acordo co establecido na Orde EDU/3430/2009, do 11 de decembro, pola que se regulan os temarios que han de rexer nos procedementos de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades aos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, neste procedemento selectivo serán de aplicación os temarios contidos nas ordes que se relacionan no anexo III desta orde, no que se refire á parte A dos temarios, e queda sen vixencia para a súa aplicación a este procedemento selectivo o disposto en canto á parte B nas ordes que se mencionan.

9.3. Fase de concurso.

9.3.1. Valoración.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran nos aspirantes ao remate do prazo de solicitudes sinalado no punto 7 da base terceira, conforme o baremo que se inclúe como anexo I e II desta convocatoria, de acordo coa opción e cos documentos presentados polos aspirantes xunto coa solicitude, segundo participen pola quenda libre ou de reserva para funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes do subgrupo A2 en que se estrutura a función pública.

Esta valoración será efectuada en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o punto 3.2 do anexo II será valorado polos propios tribunais.

9.3.2. Puntuación provisional.

A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, será publicada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es. Contra ela poderá presentarse reclamación no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos.

9.3.3. Puntuación definitiva.

Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional farase pública a puntuación definitiva da fase de concurso na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas xefaturas territoriais e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es.

9.3.4. Recurso de alzada.

Contra a resolución que fará pública as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

9.3.5. Devolución da documentación.

A documentación presentada, incluída a programación didáctica, non será devolta ao persoal participante e quedará en poder da Administración convocante e dos tribunais, agás as publicacións orixinais que poderá ser retirada no prazo que se determine.

9.4. Desenvolvemento da fase de oposición nos procedementos selectivos de ingreso libre e reserva de minusválidos.

A fase de oposición versará sobre os contidos da especialidade a que se opta, a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio da docencia.

9.5. Proba da fase de oposición.

A fase de oposición constará dunha única proba estruturada en dúas partes, que non terán carácter eliminatorio. O tribunal só fará pública a nota final e global da proba.

O persoal aspirante terá que realizar as dúas partes en que se subdivide a proba da fase de oposición, así como cada un dos exercicios que compoñen a segunda parte, agás para os que substitúan a parte B.2) por un informe no cal se valoren os coñecementos do dito persoal sobre a unidade didáctica. Os que non realicen un dos exercicios serán excluídos do procedemento por non ter comparecido á totalidade da proba.

A proba e as súas partes realizaranse pola seguinte orde e axustaranse ao que, así mesmo, se indica:

Parte A. Terá unha duración de dúas horas.

Terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos necesarios para impartir docencia. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante, de entre un número de temas extraídos ao chou polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario de cada especialidade atendendo aos seguintes criterios:

-Naquelas especialidades que teñan un número non superior a 25 temas, deberá elixirse entre tres temas.

-Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas.

-Naquelas especialidades que teñan un número superior a 50 temas, deberá elixirse entre cinco temas.

Para as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas a parte A da proba pertencerá á sección 1ª do temario oficial da especialidade.

Esta primeira parte cualificarase de cero a dez puntos.

Parte B. Terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. Consistirá na presentación dunha programación didáctica e na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. Nas especialidades de cada corpo que a continuación se indican incluirase, ademais, un exercicio de carácter práctico:

No corpo de profesores de ensino secundario: música.

No corpo de profesores técnicos de formación profesional: en todas as especialidades.

No corpo de profesores de música e artes escénicas: en todas as especialidades.

B.1) Presentación dunha programación didáctica. A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

No caso do corpo de profesores de música e artes escénicas, a programación fará referencia ao currículo dun curso relacionado coa especialidade pola que se participa.

Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido polo candidato, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse o persoal aspirante por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os currículos publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma.

Nas especialidades de idiomas modernos a programación redactarase integramente no idioma correspondente.

Na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, esta proba terá por obxecto a comprobación da aptitude psico-pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da función de asesoramento e orientación educativa e profesional. Consistirá na presentación dun plan de apoio, que consistirá en 6 programas de intervención. Este plan deberá basearse na normativa vixente e nas necesidades do centro e do contexto, e establecer obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas de mellora continua da calidade.

A programación ou, se é o caso, o plan de apoio, deberá entregarse ao tribunal no acto de presentación, tal e como se establece no punto 8.8, e defenderase ante este no momento en que se convoque o persoal aspirante para tal efecto. A defensa da programación ou o plan de apoio terá unha duración máxima de vinte minutos. O persoal aspirante empregará para a defensa unha copia da programación ou do plan de apoio entregado ao tribunal.

B.2) Preparación, exposición e defensa dunha unidade didáctica.

O persoal aspirante elixirá unha unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou, por el mesmo, da súa programación. Na elaboración da unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula, os seus procedementos de avaliación e a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

No suposto da especialidade de psicoloxía e pedagoxía do corpo de profesores de ensino secundario, os aspirantes desenvolverán un programa de intervención nun centro escolar ou nun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica de entre tres extraídos ao chou, por el mesmo, do seu plan de apoio.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica ou do programa de intervención, e poderá empregar o material que considere oportuno.

A exposición da unidade didáctica ou do programa de intervención terá unha duración máxima de 30 minutos. O persoal aspirante poderá empregar o material auxiliar que sirva de apoio e que considere oportuno, así como un guión que non excederá dun folio e que entregará ao tribunal ao rematar aquela.

Informe substitutivo do exercicio B.2): preparación, exposición e defensa da unidade didáctica por un informe.

A preparación, exposición e defensa da unidade didáctica ou programa de intervención (exercicio B.2) poderá ser substituída, por pedimento do interesado ou interesada, por un informe que valore os seus coñecementos sobre a unidade didáctica. No dito informe que, de conformidade coas funcións atribuídas aos órganos de selección, será xulgado, valorado e cualificado polo tribunal correspondente, deberá acreditarse, polo menos, a concreción dos obxectivos de aprendizaxe que se perseguiron na unidade didáctica, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se formulan na aula e os procedementos de avaliación.

Poderán optar polo informe aqueles funcionarios e funcionarias interinos/as que reúnan o seguinte requisito:

Atoparse na situación administrativa de servizo activo como persoal interino docente nalgún dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Para estes efectos enténdese que están en servizo activo aquelas persoas que prestasen servizos en virtude de nomeamentos realizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por outras administracións educativas durante, polo menos, 180 días neste curso académico 2009-2010 á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Para estes efectos, entenderase que cumpre este requisito o persoal que non está prestando servizos neste curso académico por acollerse a esta situación por causas que dan lugar á concesión de servizos especiais ou excedencia por coidado de fillo ou familiar aos funcionarios públicos e que lles correspondería un nomeamento de interino por todo o curso académico 2009-2010.

A unidade didáctica ou programa de intervención, que deberán presentar no prazo establecido no punto 8.7 constará dun máximo de 10 folios, incluídos os anexos, e coas características que se exixen para a programación didáctica.

A acreditación dos diferentes aspectos que deben recoller no informe a que se refire o punto 2.B.2) do artigo 61 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, levarana a cabo as comisións que designe para o efecto a secretaría xeral, cubrindo o modelo que se recolle como anexo IX desta orde, ou o modelo que se recolle como anexo X no caso da unidade de intervención. As mencionadas comisións poderanlle requirir ao aspirante as aclaracións e informacións que se consideren procedentes en relación coa unidade didáctica ou unidade de intervención presentada, así como realizar unha entrevista persoal co propio interesado.

Os informes, unha vez elaborados polas comisións provinciais nomeadas para o efecto, serán remitidos á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a cal os fará chegar ao tribunal correspondente. O tribunal cualificará este informe de 0 a 10 puntos, tendo no conxunto da fase da oposición o mesmo peso que a parte B.2, é dicir, a puntuación máxima que se poida obter polo informe será a mesma que se poida obter, tamén como máximo, na parte B.2 da fase de oposición.

B.3) Exercicio de carácter práctico.

Nas especialidades indicadas anteriormente realizarase un exercicio práctico que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo XI desta orde, e que permita comprobar que os candidatos posúen unha formación científica e un dominio das técnicas de traballo precisas para impartir as materias ou módulos propios da especialidade a que opten. O tempo asignado para a realización deste exercicio será establecido polos tribunais ou polas comisións de selección.

9.6. Cualificación do tribunal.

Cada un dos exercicios da parte B da proba descritos nos puntos B.1), B.2) e, se é o caso, B.3) valoraranse de 0 a 10 puntos.

A cualificación correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

9.7. Cualificación final da proba.

Para efectos de obter a cualificación final da proba, o valor de cada un dos exercicios será o seguinte:

Parte A: 4 puntos.

Parte B.1): 3 puntos.

Parte B.2): 3 puntos.

Para as especialidades en que hai exercicio práctico, a valoración será a seguinte:

Parte A: 4 puntos.

Parte B.1): 2 puntos.

Parte B.2): 2 puntos.

Parte B.3): 2 puntos.

9.8. Publicación diaria das puntuacións da proba.

Todos os tribunais publicarán diariamente a cualificación final e global alcanzada polos aspirantes que actuasen ante el ese día realizando a proba B.2), excepto nas especialidades en que exista o exercicio práctico B.3).

Nestas especialidades, os tribunais redactarán acta e introducirán na aplicación informática de xestión da oposición diariamente as cualificacións outorgadas ao rematar a proba B.2), incluído, se é o caso, a valoración do informe. A cualificación final e global alcanzada polos aspirantes publicarana unha vez corrixido o exercicio de carácter práctico.

9.9. Acceso á fase de concurso.

A cualificación final da proba expresarase en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

9.10. Fase de oposición nos procedementos selectivos de acceso a corpos de grupo superior.

A proba consistirá na exposición ante o tribunal dun tema da especialidade á que se opte, elixido polo aspirante entre oito, extraídos ao chou polo tribunal, dos correspondentes ao temario do corpo e especialidade aos que se presentan.

No caso de que haxa concordancia entre a titulación académica coa que se opta e a especialidade á que aspira, o tema será elixido de entre nove extraídos ao chou polo tribunal. Enténdese que hai concordancia para cada especialidade cando se posúa unha das titulacións que se relacionan no anexo XIV.

O persoal aspirante disporá de dúas horas e trinta minutos para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora, e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.

A proba valorarase de cero a dez puntos e o persoal aspirante deberá obter, polo menos, cinco puntos para superala. Para a súa superación atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia, como aos recursos didácticos e pedagóxicos do persoal aspirante.

Os tribunais publicarán diariamente a cualificación acadada polo persoal aspirante.

-Base décima.-Forma de cubrir as prazas de reserva.

Cada comisión de selección, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria polo proceso selectivo libre e as súas reservas, axustarase ás seguintes normas:

a) Se houbese un número suficiente de aspirantes que cumpran os requisitos mínimos para aprobar, entre os aspirantes que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas adxudicaránselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.

b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres segundo a súa puntuación e tal e como se determina na base 9.

c) No caso de que existisen prazas de calquera das reservas que non puidesen ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas non se acumularán ás libres.

-Base común décimo primeira.-Superación do procedemento selectivo.

11.1. Seleccionados polo procedemento de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do subgrupo A2.

a) Resultarán seleccionados aqueles candidatos e candidatas que, obtendo un mínimo de cinco puntos na proba e ao seren ordenados segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e na proba, obteñan un número igual ou inferior ao número de prazas asignadas ao procedemento polo que participan.

Para a obtención da puntuación global, o tribunal ponderará un 55% a puntuación obtida na fase de oposición nun 45% a puntuación obtida na fase de concurso, resultando a puntuación global da suma de ambas as fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

1. Maior puntuación na proba.

2. Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo de méritos, pola orden na que aparecen nesta convocatoria.

3. Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo, pola orde na que aparecen nesta convocatoria.

4. No caso de que persista o empate, o desempate dirimirase a través da realización dunha proba por escrito sobre cuestións breves referentes ao temario da especialidade. De ser o caso, o persoal aspirante será convocado para esta proba polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

11.2. Seleccionados pola quenda libre e quenda de reserva de minusválidos.

Avaliada a proba, os tribunais facilitaranlles ás comisións de selección os resultados obtidos polos aspirantes que obteñen nela unha puntuación de cinco ou máis de cinco, co fin de que estas procedan á elaboración das listas de persoal que supera o procedemento selectivo.

Resultarán seleccionados para pasar á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o número total de prazas convocadas na correspondente especialidade.

Para a obtención da puntuación global final, de conformidade co establecido no artigo 63 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, ponderarase un 60% a nota da fase de oposición e un 40% da puntuación da fase de concurso.

11.2. Criterios de desempate.

No caso de que se producisen empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación na fase de oposición.

b) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos pola orde en que estes aparecen no anexo I desta convocatoria.

c) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos pola orde en que estes aparecen no anexo I desta convocatoria.

d) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade. Esta proba será elaborada, organizada e avaliada pola comisión de selección. Os aspirantes serán convocados para esta proba pola comisión de selección cunha antelación mínima de 48 horas.

11.3. Orde de relación.

As comisións de selección e, se é o caso, os tribunais confeccionarán a correspondente relación de aspirantes que superaron a proba ata o número de prazas que lles foron asignadas ordenados de acordo co establecido nas bases anteriores.

Estas relacións faranse públicas no taboleiro de anuncios no local ou locais en que se realizaron as probas, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es.

Contra estas listas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o secretario xeral.

11.4. En ningún caso as comisións de selección e, se é o caso, os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas asignadas eles. Calquera proposta de aprobado que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno de dereito.

11.5. Os aspirantes que superen no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo Ministerio de Educación, ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se optasen polo posto de traballo correspondente ao ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, deberán presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes seleccionados. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.

11.6. Publicación da lista de aprobados.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/, as listas únicas de aprobados por especialidade, segundo se detalla nos puntos anteriores.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como funcionarios ou funcionarias en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base común 11.

-Base común décimo segunda. Presentación de documentos.

12.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso no correspondente corpo ou certificación académica que acredite que realizaron todos os estudos para a obtención do título, xunto coa fotocopia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, agás se calquera dos dous documentos fose presentado para a súa valoración como mérito. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria, de profesor de escola oficial de idiomas, profesor de música e artes escénicas ou de profesor técnico de formación profesional.

Aqueles aspirantes a que lles sexa de aplicación a disposición transitoria segunda do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, ou a experiencia docente de dous anos en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cumpridos ao 31 de agosto de 2007, deberán acreditar a súa experiencia docente. A acreditación realizarase conforme o previsto no punto I do anexo I desta orde, agás que xa fose presentada como mérito.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

O persoal aspirante que fixese valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

c) Declaración responsable de que non foron separados mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo IV.

d) Título profesional de especialización didáctica ou certificado de aptitude pedagóxica. Cando se alegue, en substitución do título profesional de especialización didáctica, experiencia docente previa durante dous cursos académicos ou durante doce meses exercidos en períodos descontinuos, acreditarase:

-Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, expedida polo secretario do centro, co visto e prace do director e o contrato expedido polo organismo correspondente.

-Se se trata dun centro privado dos mencionados no parágrafo quinto do punto 2.2.1 b) desta convocatoria, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, expedida polo director do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente.

12.2. Excepcións.

Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en situación de servizo activo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, deberán presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na que se consignen de forma expresa os seguintes datos:

a) Corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.

b) Lugar e data de nacemento.

c) Título académico que posúen e data de expedición.

d) Se superaron as probas para acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, título profesional de especialización didáctica ou certificado de aptitude pedagóxica ou certificado acreditativo de ter exercido docencia, durante dous cursos académicos como profesor en plenitude de funcións, nalgún dos centros que se citan na correspondente base específica, ou documento acreditativo de estar en posesión da titulación de mestre, diplomado en profesorado de educación xeral básica, mestre de ensino primario, licenciados en pedagoxía, en psicopedagoxía.

Cando as certificacións ou follas de servizos se refiran a funcionarios que superaron o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino ou a outro corpo docente de grupo superior, recollerán expresamente que reúnen todos os requisitos exixidos.

Se nas certificacións non se poden facer constar os datos sinalados nos parágrafos c) e d), por non estaren nos expedientes persoais dos interesados, estes deberán remitir separadamente os documentos que os acrediten.

12.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

12.4. Os que, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou se do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base común 2, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas nin funcionarios de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

-Base décimo terceira.-Nomeamento de funcionarios en prácticas.

13.1. Destino provisional e nomeamento de funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de minusválidos quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non incorporarse aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeados funcionarios en prácticas.

A toma de posesión como funcionario en prácticas será con efectividade da data que se determine para o comezo do curso.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, os aspirantes que superen o procedemento selectivo deberán efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

13.2. O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A2 regulados na presente orde estará exento da realización da fase de prácticas e nos supostos nos que a adxudicación de destinos se realice atendendo á puntuación obtida nos procedementos selectivos, terán prioridade, na obtención dos destinos, sobre os aspirantes que ingresen pola quenda libre da convocatoria do mesmo ano.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o persoal aspirante seleccionado no procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A2 que estea ocupando con carácter definitivo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prazas do corpo e especialidade ás que accede, poderá optar por permanecer nas mesmas.

O persoal aspirante que, aínda estando exento da realización da fase de prácticas, optase por incorporarse como funcionario ou funcionaria en prácticas ao destino asignado, quedará eximido da avaliación das prácticas, permanecendo nesta situación ata a aprobación dos expedientes dos procedementos selectivos e o seu posterior nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira.

13.3. Destino definitivo.

Os aspirantes que superen o proceso selectivo deberán obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estando obrigados para estes efectos a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

13.4. Réxime xurídico-administrativo dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios en prácticas ata o nomeamento como funcionarios de carreira, o réxime xurídico-administrativo dos opositores será o de funcionario en prácticas, sempre que estean desempeñando un posto docente. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

13.5. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición do interesado, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

13.5. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que superaron a fase do proceso selectivo e que xa estean prestando servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira, interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

-Base décimo cuarta.-Fase de prácticas.

14.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan, conforme o procedemento que estableza a secretaría xeral, ben en postos vacantes, ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica.

A duración da fase de prácticas non poderá ser inferior a catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período.

14.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada por: a xefatura da inspección provincial, que actuará como presidente; dous inspectores designados polo xefe ou xefa territorial.

14.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.

O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dun profesor ou profesora experimentada do mesmo corpo, preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.

14.4. Función do titor ou titora.

As funcións do profesor titor consistirán en asesorar, informar e avaliar o funcionario en prácticas, sobre a organización e funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia, a programación de aula e a avaliación dos alumnos. Ao final do período de prácticas, o profesor titor emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

O profesorado que tutele as prácticas dos aspirantes seleccionados nos concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terán un recoñecemento de 30 horas de formación pola función desenvolvida cun máximo de sesenta horas por sexenio.

14.5. Actividades de formación.

Formando parte da fase de prácticas, os aspirantes seleccionados deberán realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade, que lles permita aos funcionarios en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.

14.6. Avaliación do profesorado en prácticas.

O persoal aspirante elaborará un informe-memoria final no cal fará unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.

A avaliación dos aspirantes será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo profesor-titor, o director do centro, os responsables das actividades de formación e, se é o caso, o inspector responsable do centro e do informe presentado polo propio aspirante.

O presidente ou presidencia da comisión cualificadora, en caso de que o considere necesario, disporá que o inspector de educación do centro en que presta servizos o funcionario que está realizando as prácticas visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase aos do director e profesor-titor para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.

14.7. A comisión cualificadora trasladaralle ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de funcionarios e funcionarias en prácticas coa cualificación obtida.

14.8. Cualificación da fase de prácticas.

As prácticas cualificaranse como apto ou non apto.

14.9. Persoal aspirante non apto na fase de prácticas.

O persoal aspirante cualificado de non apto na fase de prácticas poderá repetila, incorporándose no curso seguinte cos seleccionados da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao do último seleccionado na súa especialidade. No caso de que non houbese convocatoria do seu corpo e especialidade efectuará igualmente as prácticas no curso seguinte. O persoal que non se incorpore ou sexa declarado non apto por segunda vez perderá todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira.

14.10. Exención da fase de prácticas.

Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aqueles aspirantes que acrediten unha experiencia dun ano como funcionarios de carreira dun corpo docente.

-Base décimo quinta.-Nomeamento de funcionarias e funcionarios de carreira.

15.1. Proposta de nomeamento como funcionarias e funcionarios de carreira.

Rematada a fase de prácticas e verificado que os que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado nos correspondentes corpos ao Ministerio de Educación, para o nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2011.

15.2. Destino definitivo en Galicia.

De acordo co previsto no artigo 10 d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberán obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

Título II

Procedemento de adquisición doutras especialidades

-Base décimo sexta.

Convócase procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional poidan adquirir nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

16.1. Normas xerais.

As especialidades que poderán adquirirse nos corpos citados anteriormente, mediante o procedemento regulado neste título, serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no punto 1.2. desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.

16.2. Requisitos dos candidatos e candidatas.

Para poderen participar neste procedemento, os candidatos e candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser funcionario ou funcionaria de carreira do corpo correspondente, con destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

16.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base 3 desta convocatoria.

16.4. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base 5 desta convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

16.5. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base 8 desta convocatoria.

16.6. Sistema de selección.

A) Para todas as especialidades.

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade á que se opta, elixido polo aspirante de entre os extraídos ao chou polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario de cada especialidade atendendo aos seguintes criterios:

a) Naquelas especialidades que teñan un número de temas superior a 25 e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas.

b) Naquelas especialidades que teñan un número de temas superior a 50, deberá elixirse entre cinco temas.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora.

B) Para as especialidades relacionadas no punto 5 da base novena desta convocatoria.

Nas especialidades relacionadas no punto 5 da base novena a proba terá ademais unha parte de contido práctico que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo X desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

16.7. Cualificación da proba.

Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior de apto ou non apto e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con apto.

16.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado polo órgano convocante que os aspirantes que obtiveron a cualificación de apto reúnen os requisitos exixidos na base 15 desta convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declaran aptos os aspirantes, coa indicación da nova especialidade adquirida.

16.9. Exención da fase de prácticas.

Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento estarán exentos da fase de prácticas.

16.10. Dereito preferente.

A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puidesen posuír. Os que teñan adquirida máis dunha especialidade poderán acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo dos funcionarios docentes, de conformidade co disposto no artigo 41 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, polo que se establecen as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario; adscríbense a elas os profesores correspondentes ao dito corpo e determínanse as áreas e materias que deberá impartir o profesorado respectivo. Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento terán preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para seren adscritos a prazas da nova especialidade adquirida no centro en que tivesen destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 4 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, segundo a redacción dada pola disposición

adicional cuarta do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "06200D013P059.PDF"

Disposicións complementarias

Primeira.-Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda.-Para os efectos do punto dous non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de Educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, no cal deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite a materia impartida ou esta non coincida con algunha das especialidades obxecto desta convocatoria, os servizos entenderanse prestados en distinta especialidade a que se opta, segundo corresponda. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou ao galego

Terceira.-Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1., 0,0583 puntos; na epígrafe 1.2., 0,0291 puntos; na epígrafe 1.3., 0,0125 puntos; na epígrafe 1.4., 0,0083 puntos.

Cuarta.-Para a obtención da nota media do expediente académico nos casos en que non figure a expresión numérica completa aplicaranse as seguintes equivalencias, con independencia da convocatoria en que se obtivesen:

-Aprobado e apto: cinco puntos. -Notable: sete puntos. -Sobresaliente: nove puntos. -Matrícula de honra: dez puntos.

Aquelas cualificacións que conteñan a expresión literal «ben» consideraranse equivalentes a seis puntos. Non se terán en conta as validadas.

En ningún caso se tomarán en consideración na nota media as cualificacións correspondentes a proxectos fin de carreira, teses de licenciatura ou análogas.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, no seu defecto, se presente fotocopia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo), considerarase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, os aspirantes que obteñan o título no estranxeiro, e que deberán alegar no prazo de presentación de instancias, terán un prazo adicional de vinte días naturais, a partir de que remate o prazo de presentación de solicitudes, para presentar certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se poden obter, de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas.

Quinta.-En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Sexta.-Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica.

Sétima.-De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), para o acceso e valoración de méritos na función pública galega terá a mesma validez posuír as certificacións de aptitude dos cursos de lingua galega regulados na Orde do 1 de abril de 2005 (oral, iniciación e perfeccionamento) que as certificacións de aptitude Celga 1, Celga 3 e Celga 4 respectivamente.

En ningún caso se valorará simultaneamente estar en posesión das validacións dos cursos de iniciación e perfeccionamento e dos certificados de lingua galega (Celga 3 e Celga 4).

Oitava.-Os aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.

Ver referencia pdf "06200D013P059.PDF"

Disposicións complementarias

Primeira.-Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda.-Para os efectos do punto 1.2 non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de Educación dos respectivos países, no que deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite a materia impartida ou esta non coincida con algunha das especialidades obxecto desta convocatoria, os servizos entenderanse prestados en distinta especialidade á que se opta, segundo corresponda. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou galego.

Terceira.-Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1., 0,0417 puntos; na epígrafe 1.2., apartados a), b) e d) 0,025puntos; na epígrafe 1.2., apartados c), e) e f) 0.0167.

Cuarta.-En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Quinta.-Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica.

Sexta.-De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

Sétima.-Os aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO III

Temarios das especialidades

-Corpo de profesores de ensino secundario (código 590).

* Código da especialidade e especialidade:

003: Latín (BOE do 21 de setembro de 1993).

008: Bioloxía (BOE do 21 de setembro de 1993).

011: Inglés (BOE do 21 de setembro de 1993).

018: Psicoloxía e pedagoxía (BOE do 21 de setembro de 1993).

019: Tecnoloxía (BOE do 21 de setembro de 1993).

061: Economía (BOE do 13 de febreiro de 1996).

101: Administración de empresas (BOE do 13 de febreiro de 1996).

105: Formación e orientación laboral (BOE do 13 de febreiro de 1996).

107: Informática (BOE do 13 de febreiro de 1996).

108: Intervención sociocomunitaria (BOE do 13 de febreiro de 1996).

112: Organización e proxectos de fabricación mecánica (BOE do 13 de febreiro de 1996).

116: Procesos na industria alimentaria (BOE do 13 de febreiro de 1996).

117: Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos (BOE do 13 de febreiro de 1996).

118: Procesos sanitarios (BOE do 13 de febreiro de 1996).

124: Sistemas electrónicos (BOE do 13 de febreiro de 1996).

125: Sistemas electrotécnicos e automáticos (BOE do 13 de febreiro de 1996).

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591).

* Código da especialidade e especialidade:

201: Cociña e pastelaría (BOE do 13 de febreiro de 1996).

204: Fabricación e instalación de carpintaría e moble (BOE do 13 de febreiro de 1996)

205: Instalación e mantemento de equipos térmicos e fluídos (BOE do 13 de febreiro de 1996).

206: Instalacións electrotécnicas (BOE do 13 de febreiro de 1996).

209: Mantemento de vehículos (BOE do 13 de febreiro de 1996).

211: Mecanizado e mantemento de máquinas (BOE do 13 de febreiro de 1996).

212: Oficina de proxectos de construción (BOE do 13 de febreiro de 1996).

216: Operacións e equipamentos de produción agraria (BOE do 13 de febreiro de 1996).

219: Procedementos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (BOE do 13 de febreiro de 1996).

220: Procedementos sanitarios e asistenciais (BOE do 13 de febreiro de 1996).

227: Sistemas e aplicacións informáticas (BOE do 13 de febreiro de 1996).

229: Técnicas e procedementos de imaxe e son (BOE do 13 de febreiro de 1996).

-Corpo de profesores de música e artes escénicas (código 594).

* Código da especialidade e especialidade:

402: Arpa (BOE do 19 de febreiro de 2002).

403: Canto (BOE do 19 de febreiro de 2002).

404: Clarinete (BOE do 19 de febreiro de 2002).

408: Fagot (BOE do 19 de febreiro de 2002).

412: Fundamentos de composición (BOE do 19 de febreiro de 2002).

422: Percusión (BOE do 19 de febreiro de 2002).

427: Trompa (BOE do 19 de febreiro de 2002).

429: Tuba (BOE do 19 de febreiro de 2002).

431: Viola (BOE do 19 de febreiro de 2002).

434: Violoncello (BOE do 19 de febreiro de 2002).

ANEXO IV

Don/Dona..., con domicilio en..., e con DNI..., declaro baixo a miña responsabilidade, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de música e artes escénicas, que non foi separado/a do servizo de ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

..., ... de... de 2010.

Asdo.:

ANEXO V

Don/Dona..., con DNI..., domiciliado/a para os efectos de notificación en: ... localidade ..., provincia ..., rúa ..., nº ..., teléfono...

EXPÓN:

Que tendo solicitado ser admitido/a ao proceso selectivo para ingreso no corpo de: profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de música e artes escénicas. (Rísquense os que non procedan).

Pola especialidade de..., alega, para o obxecto de que lle sexan valorados, na fase de concurso, os méritos que relaciona e xustifica documentalmente:

Méritos alegados:

Epígrafe 1 do baremo. Documentos xustificativos.

1.1.

1.2.

1.3.

1.4.

Epígrafe 2 do baremo. Documentos xustificativos.

2.1.

2.2.

2.3.

2.4.

2.5

Epígrafe 3 do baremo. Documentos xustificativos.

3.1.

3.2.

3.3.

3.4.

3.5.

ANEXO VI

Lingua galega.

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: estatus legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

Ver referencia pdf "06200D013P059.PDF"

ANEXO XI

Cociña e pastelaría.

A proba práctica consistirá na realización de elaboracións culinarias e/ou de pastelaría-panadaría, en que estean implicadas diversas técnicas relacionadas cos procedementos indicados nos currículos dos ciclos formativos técnico en cociña e técnico en pastelaría e panadaría. Poderá consistir tamén na realización de elaboracións e procedementos que se desprendan do temario de oposición e/ou do currículo que pode impartir este profesor técnico.

Fabricación e instalación de carpintaría e moble.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado na resolución dun proxecto de fabricación, ou a instalación de carpintaría dun moble ou elemento de carpintaría, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado nos procesos de montaxe e representacións de instalacións, xestión eficiente de auga na edificación, eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, mantemento de instalacións térmicas e de fluídos ou instalacións de auga e gas, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Instalacións electrotécnicas.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto práctico (cuestións, problemas, etc.) de entre os propostos polo tribunal e relacionados co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Mantemento de vehículos.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado na realización de prácticas sobre o vehículo ou partes del que requiran a utilización de documentación técnica e/ou de equipamentos de diagnóstico ou reparación, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Mecanizado e mantemento de máquinas.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado na elaboración de follas de proceso de fabricación ou programas de fabricación por CNC dunha ou varias pezas, a realización práctica ou simulada mediante ordenador, de pezas, ou a elaboración de esquemas de automatismos pneumáticos e hidráulicos, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Oficina de proxectos de construción.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado nos estudos topográficos, representacións de planos e seccións, proxectos de edificación e de urbanización, saneamento, instalacións eléctricas e de gas, estruturas, cargas térmicas ou a representación de proxectos co apoio de ferramentas CAD, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Operacións de produción agraria.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado no control, reparación, manexo e funcionamento de equipos e instalacións, organización e xestión de explotacións agrogandeiras, forestais, e parques e xardíns, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Procedementos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado no control e vixilancia da contaminación de alimentos, augas de uso e consumo, próteses, inmunidade, instrumental, técnicas de visualización, dispensación e preparados de produtos farmacéuticos e parafarmaceúticos, medios de cultivo, ou técnicas de análise, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Procedementos sanitarios e asistenciais.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado na alimentación equilibrada, hixiene e microbioloxía alimentaria, técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica, prevención bucodental, descrición anatómica e de valoración do estado de saúde, emerxencias sanitarias, técnicas básicas de enfermaría, identificación, manipulación, mantemento do instrumental, procesos de tecidos, fotografía macro e microscópica, bases de datos sanitarias, ou aplicacións informáticas xerais e aplicación das diversas técnicas, xestión e aplicación de coidados auxiliares de enfermaría, calidade hixiénica e dietética de alimentos, ou xestión de documentación, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Sistemas e aplicacións informáticas.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado na interpretación de documentación técnica, sistemas informáticos monousuario, multiusuario e redes, aplicacións ofimáticas, linguaxes de programación ou servizos de presentación en contornos gráficos, ou sistemas multimedia, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Técnica e procedementos de imaxe e son.

A proba práctica consistirá na resolución dun suposto, de entre os catro que propoña o tribunal, baseado na elaboración do plan de traballo e orzamento dun proxecto audiovisual ou de espectáculo, toma e tratamento de imaxes e/ou sons, edición e posprodución, e tendo en conta a súa relación co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados aos profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Arpa, canto, clarinete, fagot, fundamentos de composición, percusión, trompa, tuba, viola e violoncello.

-Presentación dun programa de concerto elixido polo opositor en que estean incluídas, polo menos, catro obras representativas dos principais estilos da literatura do instrumento, todas elas publicadas, ademais dunha obra de música de cámara tamén publicada. Para o desenvolvemento da proba, o opositor deberá levar os seus acompañantes.

O opositor interpretará as obras que o tribunal seleccione do devandito programa, durante un tempo que en ningún caso será inferior a trinta minutos. Valorarase a dificultade técnica e o interese artístico do programa presentado.

Linguaxe musical.

-Lectura rítmica, sen entoar, dun exercicio en clave de sol, escrito expresamente polo tribunal, dunha extensión mínima de vinte e catro compases.

-Entoación a capela dun exercicio en clave de sol, escrito expresamente polo tribunal, dunha extensión mínima de doce compases.

-Escritura ao ditado dun fragmento tonal a dúas voces, composto expresamente polo tribunal, dunha extensión mínima de doce compases.

-Improvisación ao piano dun acompañamento a unha melodía de estilo popular que o aspirante entoará simultaneamente. Esta melodía será escrita expresamente polo tribunal, en clave de sol e cunha extensión mínima de dezaseis compases.

ANEXO XII

Corpo:................................................................

Especialidade:...................................................

Tribunal:............................................................

Certificado de asistencia:...................................

Don/Dona ... secretario/a do tribunal ... que xulga o procedemento selectivo de acceso e ingreso ao corpo de ... especialidade de ...

CERTIFICA:

Que Don/Dona ... con DNI ... presentouse o día ... ao procedemento selectivo de acceso e ingreso que correspondeu xulgar a este tribunal convocado pola Orde do 16 de ma rzo de 2010 e entregoulle a este tribunal a programación didáctica ou, se é o caso, o plan de apoio, tal como se establece no punto 8.8 da convocatoria.

E para que así conste e produza os efectos oportunos, expido este certificado.

Asdo.:

Ver referencia pdf "06200D013P059.PDF"