DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2010 Páx. 6.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de marzo de 2010 pola que se aproban os plans para a explotación de poliquetos en Galicia para o ano 2010 e se regula o seu exercicio.

Advertido un erro na Orde do 3 de marzo de 2010, publicada no DOG nº 49, do 12 de marzo, pola que se aproban os plans de explotación de poliquetos en Galicia para o ano 2010 e se regula o seu exercicio, faise a oportuna corrección:

Cadro A: plans de explotación de poliquetos.

-Na páxina 3.344: provincia de Pontevedra, 3ª fila, C.P. Cambados:

Onde di: «especies: Am, Dn», debe dicir: «especies: Am, Dn, Hd».