DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2011 Páx. 2.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de servizos de redacción do estudo de viabilidade e anteproxecto de construción e explotación de infraestrutura e instalacións dunha rede de metro lixeiro na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Mobilidade.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: redacción do estudo de viabilidade e anteproxecto de construción e explotación de infraestrutura e instalacións dunha rede de metro lixeiro na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3 (servizos de consultoría en materia de transporte).

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 9 de xuño de 2010, BOE do 14 de xuño de 2010 e DOUE do 29 de maio de 2010.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 431.034,48 euros. Importe total: 508.620,69 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 31 de decembro de 2010.

b) Contratista: Técnica y Proyectos, S.A. (TYPSA).

c) Importe de adxudicación:

Importe neto: 379.310,34 euros. Importe total: 447.586,20 euros.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas