DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 15 de marzo de 2011 Páx. 4.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se citan.

O día 4 de abril de 2011, ás 10.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 101º do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a Mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20% do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35º.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169º.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, neste caso, a Mesa de poxa substituirá os licitadores, e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a Mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107º do Regulamento xeral de recadación e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á Mesa da poxa.

A Mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte desde o do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 23 de febreiro de 2011.

Gonzalo Vázquez Rivas

Xefe territorial de Lugo e presidente da mesa

Ver referencia pdf "05200D023P056.PDF"