fh DOG 106 do 3/06/2011 - Xunta de Galicia
Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 12955

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de maio de 2011, pola que se modifica a do 25 de marzo de 2011, pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012.

No anexo da Orde do 25 de marzo de 2011 publicáronse os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012.

O Ministerio de Educación publicou no BOE do 17 de maio de 2011 a Orde EDU/1247/2011, do 12 de maio, na que introduce modificacións na adscrición de materias da fase específica para o cálculo da nota de admisión.

Esta modificación ten carácter transitorio e afecta o alumnado que se presente á proba de acceso á universidade nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria de 2011.

O Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas, establece no seu anexo I, a adscrición das materias de modalidade do bacharelato ás ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas universitarias oficiais.

Por outra parte, o artigo 12.4 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, establece que a Universidade proporá a adscrición do correspondente título de graduado ou graduada a algunha das seguintes ramas do coñecemento: Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura.

En aplicación deste Real decreto 1393/2007, algún título que anteriormente estaba adscrito con carácter nacional a unha área de coñecemento, variou a súa adscrición a outra diferente por parte da maioría das universidades. Este cambio de adscrición puido frustrar as expectativas do alumnado que realiza actualmente segundo curso nunha modalidade de bacharelato que non está relacionada coa rama do coñecemento á que agora está adscrito o devandito titulo, posto que esta adscrición foi realizada, maioritariamente, despois de que iniciase os seus estudos de bacharelato sen dispor da información suficiente para matricularse correctamente.

A consecuencia é que estes estudantes non teñen opción a mellorar a nota de admisión presentándose, na fase específica da proba de acceso á universidade, ás materias de modalidade que están a cursar ou que xa cursaron, o cal lles prexudicaría especialmente no caso de que se desen procedementos de concorrencia competitiva.

Comprobándose que hai alumnos afectados corresponde adoptar, de forma transitoria para os procedementos de admisión ás universidades do curso 2011-2012, unha medida que permita aos estudantes afectados polo cambio de adscrición dalgún título universitario oficial despois de iniciar os estudos de bacharelato e que se presenten á proba de acceso á universidade nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria de 2011, examinarse na fase específica das materias de modalidade que desexen e que a súa cualificación sexa incorporada á nota de admisión, independentemente de que tales materias estean ou non adscritas á rama do coñecemento do título ao que queiran ser admitidos.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modificar o anexo da orde do 25 de marzo de 2011, pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012, no que afecta a ponderación das materias da fase específica para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao que se recollen no anexo desta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Ensinanzas universitarias oficiais de Grao afectadas pola Orde EDU/1247/2011, do 12 de maio, do Ministerio de Educación (BOE do 17 de maio de 2011)

Rama

Grao

Asignaturas de modalidad de bachillerato

Análisis musical

Artes escénicas

Bioloxía

Ciencias dla terra e medioambientais

Dibuxo artístico

Dibuxo técnico

Deseño

Economía da empresa

Electrotecnia

Física

Grego

Historia da música e a danza.

Historia da arte

Imaxen

Latín

Literatura universal

Matemáticas

Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I

Mecánica

Química

Técnicas de expresión gráfico-plástica

Tecnoloxía industrial

Xeografía

Anatomía aplicada

Cultura audiovisual

Economía

Historia do mundo

contemporáneo

Linguaxe e práctica musical

Volume

Ciencias da Saúde

Logopedia

0’1

0’1

0’2

0’2

0’2

0’1

0’1

0’1

0’1

0’2

0’1

0’2

0’2

0’1

0’2

0’2

0’2

0’2

0’1

0’2

0’1

0’1

0’2

0,2

0,1

0,1

0,2

0,1

0,1

Óptica e

optometría

0,2

0,1

0,1

0,1

0,2

0,2

0,1

0,2

0,1

0,1

Psicoloxía

0’1

0’1

0’2

0’1

0’2

0’1

0’1

0’1

0’1

0’2

0’1

0’1

0’2

0’1

0’2

0’1

0’2

0’2

0’1

0’2

0’1

0’1

0’2

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1

Terapia

ocupacional

0’1

0’1

0’2

0’1

0’2

0’1

0’1

0’2

0’1

0’2

0’1

0’1

0’2

0’1

0’2

0’1

0’2

0’2

0’1

0’2

0’1

0’1

0’2

0,2

0,1

0,1

0,1

0,1

0,1