Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2011 Páx. 15389

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011 e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 8 e na disposición derradeira primeira da Orde do 6 de maio de 2011, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011 (DOG do 20 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I a esta resolución.

Segundo. Fixar a data, o horario, os lugares de realización das probas e as condicións de presentación dos candidatos ou candidatas.

1. As probas realizaranse o día 7 de setembro de 2011 de acordo co seguinte horario:

Ás 9.30 horas, presentación dos candidatos ou candidatas.

Das 10.15 ás 12.15 horas, primeira parte da proba.

Das 12.45 ás 13.45 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– IES Elviña. Polígono de Elviña, 2.ª fase s/n, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avda. Fontiñas, n.º 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, n.º 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos ou candidatas.

a) Os/as candidatos/as deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o centro educativo público en que se atope o seu expediente académico.

b) Os candidatos ou candidatas acreditarán a súa identidade para a realización das probas co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2011.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Tribunal:

Presidenta: Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

  • Marina Armada Vigo, xefa do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.
  • Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.
  • Samuel Lago Fernández, inspector de Educación.
  • Jesús Pablo González Moreiras, inspector de Educación.
  • José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.
  • Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Secretario: Manuel Avelino Ínsua Hermo, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.