Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 17003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de maio de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2011/138).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. lugar da Pallota núcleo.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea SMR-726, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,131 km, con orixe no apoio n.º 21 da L.M.T. SMR-726, tramo entre o C.T. San Xoán Espiño e o C.T. Cidade Xardín, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1x240 Al) e final en empalmes que se realizarán na L.M.T.S. existente, en tramo entre o C.T. San Xoán Espiño e o C.T. Cidade Xardín. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de maio de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña