Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 17059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

EDICTO de información pública.

Recigal Neumáticos, S.L.U., solicitou licenza  municipal para a actividade de cambio, recollida e depósito temporal de pneumáticos na avenida Gonzalo Navarro, parcelas 58 e 59 do sector I do polígono industrial Río do Pozo. Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar, poidan examinalo e formular por escrito as alegación que consideren oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 18 de maio de 2011.

Pilar Suanzes Hyde
Secretaria xeral accidental