Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 22 de xullo de 2011 Páx. 20634

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural

DECRETO 149/2011, do 7 de xullo, polo que se establece o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, se regula o recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos e se aproban os programas para a súa conservación, mellora e fomento.

Durante moitos séculos as razas autóctonas de Galicia formaron parte consubstancial da vida e do sustento de milleiros de galegos. A maioría destas razas víronse abocadas á extinción como consecuencia da competencia con outras foráneas seleccionadas para prestaren un maior rendemento económico en condicións de explotación intensiva, á custa do abandono das prácticas de aproveitamento in situ dos recursos da terra. O tempo demostrou a importancia potencial destes animais perfectamente adaptados ao seu ámbito como pezas importantes de apoio no mantemento dun equilibrio ambiental, económico e social, nas zonas rurais máis ameazadas coa sombra do despoboamento.

Nos últimos anos en Galicia veuse desenvolvendo un importante esforzo na procura da conservación e mantemento das razas autóctonas, tanto por parte da Administración coma por parte das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia. Con este traballo previo, faise necesario o establecemento do Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, dun Rexistro de Asociacións de Criadores de Razas Gandeiras Autóctonas Galegas, das regulamentacións específicas dos libros xenealóxicos de cada raza e dos programas para a súa conservación, mellora e fomento.

O Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, define as bases de xestión e coordinación das razas gandeiras de España, a expensas do ulterior desenvolvemento normativo das comunidades autónomas no ámbito das súas respectivas competencias. Esta norma, no seu anexo I, clasifica as razas gandeiras españolas de dous tipos: como razas de fomento ou como razas en perigo de extinción; un número importante delas teñen a súa orixe en Galicia. Neste sentido, a Rubia Galega, polo seu relevante censo e abondosa presenza fóra de Galicia, está clasificada como raza de fomento.

O Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, modificada pola Lei 8/2002) establece no seu título I as competencias da comunidade. Segundo o seu artigo 30.3º, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandaría.

De acordo co Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, correspóndelle a aquela o exercicio da competencia, entre outras, en materia de agricultura e gandaría.

En consecuencia, en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, consultados os sectores interesados de empresas e organizacións profesionais, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do sete de xullo de dous mil once,

DISPOÑO:

CAPíTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto.

1. Este decreto ten por obxecto:

a) Establecer o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia.

b) Regular o recoñecemento oficial e rexistro das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos destas razas.

c) Establecer as regulamentacións específicas dos libros xenealóxicos das razas gandeiras autóctonas de Galicia e regular as súas modificacións e as novas aprobacións.

d) Regular a aprobación e modificación dos programas de mellora razas gandeiras autóctonas de Galicia conforme o recollido no artigo 36 do Real decreto 2129/2008.

e) Designar o Centro Oficial de Xenética Animal de Galicia conforme o recollido no artigo 36 do Real decreto 2129/2008.

2. Para os efectos do establecido neste decreto, enténdese que son razas gandeiras autóctonas de Galicia aquelas que tendo a súa orixe en Galicia, polo seu censo e organización, se atopen en expansión, ou ben aquelas que se atopen en grave regresión ou en transo de desaparición, de acordo co previsto no Real decreto 2129/2008.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

As disposicións contidas neste decreto, e sempre de acordo co disposto nos artigos 4 e 9 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, son de aplicación para:

a) As razas gandeiras autóctonas de Galicia e as explotacións que as albergan que radiquen no ámbito territorial de Galicia.

b) As asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos destas razas.

CAPÍTULO II
Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia

Artigo 3. Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia.

1. Establécese o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, que incluirá todas aquelas razas recollidas no anexo I do Real decreto 2129/2008, que teñan a súa orixe en Galicia e das que se conserven exemplares. Estas razas son as que figuran no anexo I deste decreto.

2. A actualización ou modificación do Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia realizarase mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de gandaría.

Artigo 4. O Consello Galego das Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia.

1. Constitúese o Consello galego das Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia como órgano colexiado consultivo en materia de conservación, mellora e fomento das ditas razas, segundo o disposto no artigo 22 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. Son funcións do Consello:

a) Emitir informes preceptivos e non vinculantes respecto das solicitudes de inclusión de novas razas no Catálogo oficial.

b) Analizar a evolución das razas.

c) Asesorar e resolver consultas.

d) Propor iniciativas de interese para o desenvolvemento das razas.

3. O Consello estará integrado por un representante de cada asociación de criadores recoñecida para a xestión dos libros xenealóxicos das razas; o director/a do Centro de Recursos Zooxenéticos Autóctonos de Galicia, que actuará como presidente/a; e a persoa titular do servizo con competencias en materia de producións gandeiras da consellería que teña as atribucións en materia de gandaría, que actuará como secretario.

4. O Consello reunirase semestralmente e emitirá os seus ditames por consenso e poderá invitar ás súas sesións a aquelas persoas ou institucións que considere conveniente para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

5. A sede do Consello será a do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

CAPÍTULO III
Asociacións de criadores de animais de razas gandeiras autóctonas de Galicia

Artigo 5. Rexistro de Asociacións de Criadores de Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos.

1. Créase o Rexistro de Asociacións de Criadores de Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos, adscrito á dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría.

2. Neste rexistro inscribiranse de oficio as asociacións unha vez producido o recoñecemento regulado no artigo seguinte.

3. O mantemento do rexistro correspóndelle ao persoal da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría.

4. A inscrición no rexistro manterá a súa vixencia mentres non se proceda á extinción do recoñecemento segundo o establecido neste decreto.

Artigo 6. Recoñecemento oficial das asociacións de criadores.

1. O procedemento de recoñecemento oficial dunha asociación de criadores de razas gandeiras autóctonas de Galicia iníciase mediante a presentación dunha solicitude dirixida á consellería competente en materia de gandaría, de acordo co modelo establecido no anexo IV deste decreto.

2. A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

a) Acreditación xurídica do solicitante que inclúa o teor literal dos seus estatutos en que apareza especificamente a ausencia de discriminación á hora de realizar as súas funcións.

b) Acreditación da representatividade do solicitante.

c) Acta da asemblea xeral en que se aproba a solicitude de recoñecemento.

d) Documentación acreditativa de posuír uns efectivos mínimos de animais e de criadores que permitan desenvolver o programa de mellora, a relación dos socios, explotacións e censos desagregados dos animais da raza autóctona implicada, con sinatura de cada un dos socios criadores.

e) Memoria do programa de mellora que se pretende desenvolver, avalado por un centro cualificado de xenética, que inclúa, polo menos, os contidos obrigatorios mencionados nos artigos 16 e 21.2 do Real decreto 2129/2008.

f) Documentación acreditativa de ter persoal suficiente e cualificado para atender o bo desenvolvemento das funcións propias do libro xenealóxico e do programa de mellora, que incluirá un director técnico do libro xenealóxico que exercerá a coordinación e seguimento do programa de mellora e que deberá ser un titulado universitario con coñecementos e formación en materia zootécnica.

g) Documentación acreditativa de ter equipamento e material informático ou mecánico adecuados ás funcións que se vaian desenvolver, especialmente para o tratamento de datos.

h) Modelos de impresos normalizados para informe e tratamento de datos dentro dos distintos rexistros.

i) Documentación acreditativa de ter medios para realizar os controis analíticos de filiación, que inclúa a dispoñibilidade de servizos de laboratorio para estes efectos, propios ou alleos, a través de técnicas homologadas polo Centro Nacional de Referencia de Xenética Animal.

j) Documentación acreditativa de ter recursos económicos suficientes para a xestión do libro xenealóxico e o desenvolvemento do programa de mellora, segundo o censo da raza e a súa distribución territorial.

3. As solicitudes presentaranse preferentemente nas oficinas agrarias comarcais correspondentes ou nos lugares e polos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. No prazo máximo de tres meses desde a entrada da solicitude no rexistro da consellería competente en materia de gandaría deberá ditar resolución a persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría. No caso de que no citado prazo non se emita resolución expresa, a solicitude entenderase estimada por silencio administrativo.

Artigo 7. Extinción do recoñecemento.

Producirase a extinción do recoñecemento dunha asociación cando concorra algunha das seguintes circunstancias, por resolución expresa da persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría, tras a tramitación do correspondente expediente administrativo de revogación do recoñecemento, con audiencia dos interesados:

a) Incumprimento continuado dos requisitos para o recoñecemento establecidos no artigo 8 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

b) Incumprimento reiterado de calquera das obrigas reguladas no artigo 11 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

c) Realización de actividades que poñan en perigo a conservación das razas autóctonas catalogadas ou obstaculicen o funcionamento doutra asociación recoñecida oficialmente.

Artigo 8. Obrigas das asociacións de criadores que creen ou xestionen libros xenealóxicos.

1. As asociacións de criadores que creen ou xestionen libros xenealóxicos de razas gandeiras autóctonas de Galicia deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

2. As asociacións recoñecidas deberán presentar na dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría, no prazo máximo de 30 días tras a modificación, información documental das modificacións que se produciron en relación cos datos proporcionados no momento da inscrición.

3. Antes do 30 de xaneiro de cada ano, a asociación recoñecida presentará na dirección xeral mencionada no punto anterior unha memoria da súa actividade e da situación da raza autóctona obxecto do seu traballo.

Artigo 9. Asociacións de segundo grao.

1. As asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia poderán constituír federacións, agrupacións ou confederacións nos termos previstos no artigo 13 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

2. As asociacións de segundo grao terán preferencia na aplicación da concorrencia competitiva na obtención das axudas.

CAPíTULO IV
Regulamentación especifica dos libros xenealóxicos de razas
gandeiras autóctonas de Galicia

Artigo 10. Regulamentacións específicas do libros xenealóxicos das razas gandeiras autóctonas.

1. Establécense as regulamentacións específicas dos libros xenealóxicos das razas gandeiras autóctonas galegas que xa están catalogadas conforme ao disposto no artigo 3, ordinal primeiro, deste decreto, conforme figura no anexo III.

2. Os contidos mínimos das regulamentacións específicas de novas razas que se cataloguen, métodos para a identificación, división do libro xenealóxico, inscrición dos animais e filiación serán os dispostos na sección 4.ª do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, e as especificidade para cada raza recollidos no anexo III deste decreto.

3. Aprobaranse as regulamentacións específicas dos libros xenealóxicos das razas gandeiras autóctonas galegas ou as súas modificacións mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de gandaría.

Artigo 11. O control técnico das razas.

O control técnico de cada raza será desempeñado por un inspector da raza correspondente designado pola persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría, que terá as funcións establecidas no artigo 14 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, entre o persoal dos servizos veterinarios oficiais.

Artigo 12. Programas de mellora.

1. Os programas de mellora adecuaranse ás especificacións da sección 5.ª do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

2. A execución dos programas de mellora corresponderá ás asociacións de criadores de razas gandeiras autóctonas de Galicia recoñecidas para a xestión dos libros xenealóxicos ou, no seu defecto, á dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de producións gandeiras da consellería con competencias en gandaría.

3. A antedita dirección xeral aprobará os programas de mellora ou as súas propostas de modificación, co aval dun centro cualificado de xenética.

Artigo 13. Centro oficial de xenética de Galicia.

Desígnase como centro oficial de xenética en Galicia a empresa pública Xenética Fontao, S.A., para efectuar as análises de xenes e os marcadores xenéticos con carácter e validez oficiais no marco do Programa nacional, así como as análises dos xenotipos dos animais pertencentes a explotacións galegas, conforme o recollido no artigo 36 do Real decreto 2129/2008.

Disposición adicional única.

A constitución e posta en funcionamento do Consello de Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia e a designación dos correspondentes inspectores de raza non xerará aumento dos créditos orzamentarios asignados á Consellería do Medio Rural.

Disposición transitoria única. Incorporación ao rexistro das asociacións recoñecidas.

Incorpóranse de oficio ao Rexistro de Asociacións de Criadores de Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia as asociacións recoñecidas ata a actualidade que son as que figuran no anexo II deste decreto.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas.

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao previsto neste decreto e, especificamente, as seguintes:

1. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Cachena.

2. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Vianesa.

3. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Caldelá.

4. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Frieiresa.

5. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Limiá.

6. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Ovina Galega.

7. Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aproba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Porcina Celta.

8. Orde do 4 de abril de 2001 pola que se establece a regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega.

9. Orde do 26 de abril de 2001 pola que se fai público o patrón da raza Galiña de Mos e se crea o rexistro da raza.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo.

Autorízase o conselleiro do Medio Rural para ditar actos e medidas necesarias para o cumprimento e aplicación deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I
Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas galegas

Especie avícola: Galiña de Mos.

Especie bovina: Rubia Galega, Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.

Especie caprina: Cabra Galega.

Especie equina: Cabalo de Pura Raza Galega.

Especie ovina: Ovella Galega.

Especie porcina: Porco Celta.

ANEXO II
Rexistro de Asociacións de Criadores de Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia que xestionan libros xenealóxicos

Raza: Porco Celta.

Asociación: Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel).

CIF: G27243500.

Enderezo: Recinto Feiral El Palomar s/n 27004 Lugo.

Raza: Ovella Galega.

Asociación: Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega (Asovega).

CIF: G32267296.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Galiña de Mos.

Asociación: Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós).

CIF: G32278251.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Cachena.

Asociación: Asociación de Criadores de Raza Bovina Cachena (Cachega).

CIF: G32253619.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Caldelá.

Asociación: Asociación de Criadores de Raza Bovina Caldelá (Caldega).

CIF: G32253593.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Frieiresa.

Asociación: Asociación de Criadores de Raza Bovina Frieiresa (Frieirega).

CIF: G32253627.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Limiá.

Asociación: Asociación de Criadores de Raza Bovina Limiá (Limiaga).

CIF: G32253585.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Vianesa.

Asociación: Asociación de Criadores de Raza Bovina Vianesa (Vianega).

CIF: G32253601.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

Raza: Cabalo de Pura Raza Galega.

Asociación: Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga).

CIF: G27334168.

Enderezo: Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.

ANEXO III
Regulamentación específica dos libros xenealóxicos de razas
gandeiras autóctonas de Galicia

I. Raza Cachena.

A) Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación e e idade mínima:

1. A denominación oficial da raza é Raza Cachena.

2. Prototipo racial.

2.1. Aspecto xeral: a raza bovina cachena agrupa animais de pequeno tamaño, de perfil recto a subcóncavo, de marcada elipometría, no seu conxunto moi harmónicos e recortados.

2.2. Aspecto rexional:

  • Cabeza. Pequena, fronte lixeiramente deprimida e curta de cara, testa con guedella non abundante, cornos en lira alta de grandes proporcións e sección circular, pas de cor ámbar e punta negra. Beizos grosos e fociño engurrado, rodeado de auréola branca. Ollos oblicuos, separados e con mirada moi viva. Mandíbula poderosa.
  • Pescozo. Curto, harmónico e con gran badana (raza ambiental), desenvolto e escuro. Xugueira desenvolta nos machos.
  • Tronco. Redondeado e robusto. Cruz prominente, con liña dorsolumbar sensiblemente recta. Peito largo de gran capacidade torácica, tórax profundo con costelares ben arqueados, illargas extensas e ventre voluminoso. Cruz dos cadrís ancha lixeiramente derrubada. Rabo de nacemento un pouco adiantado, longo e con borla escura.
  • Extremidades. Coxas e cadrís pouco desenvoltos, extremidades ben proporcionadas e dirixidas, de óso fino e articulacións rectas, cascos negros, pequenos e duros.
  • Sistema mamario. Ubres ben conformados, de volume harmónico co tamaño do animal, tetos ben dirixidos, boa produción leiteira e abundante protección pilosa.
  • Capa. Castaña clara, abelá, máis escura na rexión do pescozo. Testa con guedella pouco poboada, pavillóns auriculares poboados de pelo (pendentes). Nos machos a capa é máis escura. Mucosas nasais e xenitais negras, escroto de cor clara con mancha escura na súa parte distal (cúpula).
  • Alzada. Os rangos de alzada á cruz, á metade do dorso e á cruz dos cadrís son entre 90 e 120 cm, 90 e 115 cm e 100 e 125 cm, respectivamente, para as femias e entre 100 e 130 cm, 90 e 125 cm e 105 e 135 cm, respectivamente, para os machos.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 24 meses nas femias e de 14 meses nos machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Sobresaliente

9

Notable alto

8

Notable baixo

7

Ben

6

Suficiente

5

A adxudicación de menos de 5 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Aspecto xeral (desenvolvemento, proporción e peso)

2.00

Pel e pelo (pigmentación)

1.50

Cabeza

2.00

Tórax e pescozo

0.50

Costas

0.50

Dorso e lombo

1.00

Cruz dos cadrís

1.00

Ventre e xenitais

0.50

Extremidades e marcha

1.00

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Excelente

90 ou máis

Moi bo

85 a 90

Bo superior

80 a 85

Bo

75 a 80

Aceptable

70 a 75

Suficiente

65 a 70

Os animais con puntuación inferior a 65 puntos en femias e 70 en machos considéranse rexeitados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos.

Todo animal inscrito será identificado en tempo e forma conforme a normativa vixente de identificación animal de aplicación nacional, autonómica ou comunitaria coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á asociación de criadores que cree ou xestione o libro xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun a outro rexistro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que consideren pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados á reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 5% dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.

Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

Sección principal:

  • Rexistro de Nacementos (RN):

Inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:

Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes de transcorridos seis meses de xestación, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.

Que o nacemento fose comunicado e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.

Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.

Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD):

Poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:

  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos as femias e 70 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 25 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Cachena. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica obteñan una puntuación mínima de 65 puntos as femias e de 70 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan.

Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que acadasen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Teren acadado un termo medio de tres crías en catro anos consecutivos desde o comezo da súa función reprodutora.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos tres anos de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de vaca de mérito.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de vaca de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren acadado no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de boi de mérito.

II. Raza Caldelá.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Raza Caldelá.

2. Prototipo racial.

2.1. Aspecto xeral: a raza bovina caldelá agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos. O peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 132 cm para as femias e de 140 cm para os machos.

2.2. Aspecto rexional:

  • Cabeza. Proporcionada ao volume corporal, con fronte plana e ancha. Cara alongada, sobre todo nas femias. Testa lixeiramente realzada. Orla abrancazada no fociño, con mucosas cor lousa. Cornos xeralmente en gancho, algo estirados cara a fóra nas femias e gancho curto en machos, gordos, de sección circular e de cor clara con puntas escurecidas. Orellas horizontais con abundante manto piloso despigmentado.
  • Pescozo. Curto, e con xugueira pouco desenvolta en machos, longo, grácil e aplanado en femias. Xenerosa badana.
  • Tronco. Cruz lixeiramente elevada e liña dorsolumbar algo cóncava. A cruz dos cadrís é longa e lixeiramente derrubada. Rabo gordo de nacemento anterior, alto e lixeiramente arqueado, acabando en borla moi poboada. Peito amplo, tórax profundo, costelares estendidos en sentido posterior (máis planos nas femias e con suave curvatura nos machos). Ventre voluminoso e illargas estendidas.
  • Extremidades. Finas, de lonxitude media, con articulacións rectas, cascos estreitos e escuros. Nádegas escasamente desenvoltas.
  • Sistema mamario. Ben conformado, con tetos grandes e simétricos. A pel que o recobre é fina, elástica e con lixeira perda da cor.

Capa. O nacemento de cor ouro con borla do rabo negra, evoluciona coa idade a súa característica capa negra peceña, coa liña dorsolumbar claro-vermella (listón) que ás veces é ancha e forma banda cara a ambos os costados. Existen degradacións de cor fundamentalmente nas axilas e bragadas.

  • Alzada. Os rangos de alzada á cruz, á metade do dorso e á cruz dos cadrís son entre 125 e 140 cm, 120 e 135 cm e 130 e 145 cm respectivamente, para as femias e entre 130 e 155 cm, 125 e 150 cm, e 135 e 160 cm, respectivamente, para os machos.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 24 meses nas femias e de 14 meses nos machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Sobresaliente

9

Notable alto

8

Notable baixo

7

Ben

6

Suficiente

5

A adxudicación de menos de 5 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Aspecto xeral (desenvolvemento, proporción e peso)

2.00

Pel e pelo (pigmentación)

1.50

Cabeza

2.00

Tórax e pescozo

0.50

Costas

0.50

Dorso e lombo

1.00

Cruz dos cadrís

1.00

Ventre e xenitais

0.50

Extremidades e marcha

1.00

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Excelente

90 ou máis

Moi bo

85 a 90

Bo superior

80 a 85

Bo

75 a 80

Aceptable

70 a 75

Suficiente

65 a 70

Os animais con puntuación inferior a 65 puntos en femias e 70 en machos considéranse rexeitados

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Todo animal inscrito será identificado en tempo e forma conforme a normativa vixente de identificación animal de aplicación nacional, autonómica ou comunitaria coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á asociación de criadores que cree ou xestione o libro xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto, e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que se consideran pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 5% dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.

Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, ou normativa estatal, autónómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

Sección principal:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes de transcorridos seis meses da xestación, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.
  • Que o nacemento fose comunicado e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos as femias e 70 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de Raza Pura.

Sección anexa:

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 24 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Caldelá. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica teñan una puntuación mínima de 65 puntos as femias e de 70 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM):

Inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan.

Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

  • Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que obtivesen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Teren acadado un termo medio de tres crías en catro anos consecutivos desde o comezo da súa función reprodutora.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos tres anos de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de vaca de mérito.

  • Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de vaca de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren acadado no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de boi de mérito.

III. Raza Frieiresa.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación.

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Raza Frieiresa.

2. Prototipo racial.

2.1. Aspecto xeral: a raza bovina frieiresa agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. Presentan proporcións lonxilíneas, con tendencia á convexidade das masas musculares.

O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos.

2.2. Aspecto rexional:

  • Cabeza. Pequena e curta. Testa saínte. Fronte e morro anchos que lle dan á cabeza un aspecto chato. Beizos grosos. Cornos longos dirixíndose cara adiante e cara abaixo, terminando en alto e coas puntas lixeiramente cara a fóra, de coloración clara e coas puntas escurecidas. Órbitas destacadas. Orellas longas, horizontais e peludas.
  • Pescozo. Delgado, badana discreta en femias e xugueira lixeiramente desenvolta en machos.
  • Tronco. Longo e harmónico. Cruz lixeiramente saínte, dorso e lombo anchos, ás veces algo deprimidos. Dorso enselado. Peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. Cruz dos cadrís ampla e lixeiramente derrubada co sacro elevado e horizontal.
  • Extremidades. De lonxitude media, asentadas e ben apromadas e pezuños duros.
  • Sistema mamario. Bo tamaño do ubre, con tetos de implantación correcta, coa pel fina e engraxada.
  • Capa. Castaña lavada, máis escura nos machos e máis clara nas crías. Escurecemento en cara, pescozo, papada, antebrazo e rexión ventral. Fociño rodeado da auréola branca. Mucosas visibles e bordos palpebrais pigmentados en negro. O pelo longo e abundante na rexión frontal dá orixe a unha guedella rubia dourada característica, sobre todo en machos. Pelo moi abundante na borla do rabo.
  • Alzada. Os rangos de alzada á cruz, á metade do dorso e á cruz dos cadrís son entre 128 e 145 cm, 125 e 140 cm e 133 e 150 cm, respectivamente, para as femias e entre 131 e 156 cm, 126 e 151 cm e 136 e 161 cm, respectivamente, para os machos.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 24 meses nas femias e de 14 meses nos machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Sobresaliente

9

Notable alto

8

Notable baixo

7

Ben

6

Suficiente

5

A adxudicación de menos de 5 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Aspecto xeral (desenvolvemento, proporción e peso)

2.00

Pel e pelo (pigmentación)

1.50

Cabeza

2.00

Tórax e pescozo

0.50

Costas

0.50

Dorso e lombo

1.00

Cruz dos cadrís

1.00

Ventre e xenitais

0.50

Extremidades e marcha

1.00

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Excelente

90 ou máis

Moi bo

85 a 90

Bo superior

80 a 85

Bo

75 a 80

Aceptable

70 a 75

Suficiente

65 a 70

Os animais con puntuación inferior a 65 puntos en femias e 70 en machos considéranse rexeitados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Todo animal inscrito será identificado en tempo e forma conforme a normativa vixente de identificación animal de aplicación nacional, autonómica ou comunitaria coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á asociación de criadores que xestione o Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun a outro rexistro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que consideren pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 5% dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.

Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, ou normativa estatal, autónómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes de transcorridos seis meses de xestación, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.
  • Que o nacemento fose comunicado e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos as femias e 70 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

Sección anexa:

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 25 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Frieiresa. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica obteñan unha puntuación mínima de 65 puntos as femias e de 70 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan. Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que obtivesen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Teren acadado un termo medio de tres crías en catro anos consecutivos desde o comezo da súa función reprodutora.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos tres anos de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de vaca de mérito.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de vaca de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren obtido no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de boi de mérito.

IV. Raza Limiá.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación:

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza e Raza Limiá.

2. Prototipo racial.

2.1. Aspecto xeral:

A raza bovina limiá agrupa animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña. Proporcións mediolíneas e tamaño grande.

O peso medio é de 650 kg para as femias e de 900 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 140 cm para as femias e de 148 cm para os machos.

2.2. Aspecto rexional:

  • Cabeza. De medianas proporcións, con fronte ancha, lixeiramente escavada e testa recta. Cara longa e fociño ancho. Orellas grandes e peludas. Cornos en gancho curto nos bois; grandes, longos e espiraliformes, coas puntas cara a fóra nas vacas; de sección circular, cor clara co terzo distal escurecido.
  • Pescozo. Xugueira desenvolta nos bois e discreto desenvolvemento da badana para ambos os sexos.
  • Tronco. Amplo e harmónico. Cruz ancha, igual ca o dorso e lombo, que describe unha liña de relativa rectitude. Tórax ampuloso, costelares cilíndricos e peito ancho. Ventre voluminoso. Cruz dos cadrís espazosa, longa e plana, con lixeiro levantamento do sacro. Rabo de nacemento dianteiro, longo e borla grande.
  • Extremidades. De lonxitude media, fortes e ben apromadas e pezuños duros.
  • Sistema mamario. Ubre globuloso, desenvolvido, bastante simétrico nas súas partes; de pel fina e rosada, tetos de boa implantación.
  • Capa. Castaña, moito máis escura no terzo anterior con cabos e extremos negros e pigmentación negra de aberturas naturais e bordos palpebrais, fondo ennegrecido das bolsas testiculares, borla negra e auréola abrancazada ao redor do fociño.
  • Alzada. Os rangos de alzada á cruz, á metade do dorso e á cruz dos cadrís son entre 133 e 155 cm, 128 e 147 cm e 138 e 158 cm respectivamente para as femias e entre 135 e 160 cm, 130 e 155 cm e 140 e 165 cm respectivamente para os machos.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores, poderá establecer a Escola de Xuíces Cualificadores Oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 24 meses nas femias e de 14 meses nos machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Sobresaliente

9

Notable alto

8

Notable baixo

7

Ben

6

Suficiente

5

A adxudicación de menos de 5 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación acadada nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Aspecto xeral (desenvolvemento, proporción e peso)

2.00

Pel e pelo (pigmentación)

1.50

Cabeza

2.00

Tórax e pescozo

0.50

Costas

0.50

Dorso e lombo

1.00

Cruz dos cadrís

1.00

Ventre e xenitais

0.50

Extremidades e marcha

1.00

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Excelente

90 ou máis

Moi bo

85 a 90

Bo superior

80 a 85

Bo

75 a 80

Aceptable

70 a 75

Suficiente

65 a 70

Os animais con puntuación inferior a 65 puntos en femias e 70 en machos considéranse rexeitados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Todo animal inscrito será identificado en tempo e forma conforme a normativa vixente de identificación animal de aplicación nacional, autonómica ou comunitaria coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á asociación de criadores que xestiona o Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que consideren pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados á reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 5% dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.

Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes de transcorridos seis meses de xestación, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.
  • Que o nacemento fose comunicado e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos as femias e 70 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

Sección anexa:

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 20 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Limiá. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares, machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica obteñan unha puntuación mínima de 65 puntos as femias e de 70 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan. Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que obtivesen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Teren tido un termo medio de tres crías en catro anos consecutivos desde o comezo da súa función reprodutora.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos tres anos de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de vaca de mérito.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de vaca de mérito e que acadasen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren obtido no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de boi de mérito.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á asociación de criadores que xestiona o Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que consideren pertinentes para aclarar cantos puntos consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 5% dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías. Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes de transcorridos seis meses de xestación, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.
  • Que o nacemento fose comunicado e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos as femias e 70 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

Sección anexa:

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 20 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Limiá. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica obteñan unha puntuación mínima de 65 puntos as femias e de 70 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan. Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que obtivesen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Teren tido un termo medio de tres crías en catro anos consecutivos desde o inicio da súa función reprodutora.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos tres anos de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de vaca de mérito.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de vaca de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren obtido no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de boi de mérito.

V. Raza Vianesa.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación.

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Raza Vianesa.

2. Prototipo racial:

2.1. Aspecto xeral: a raza bovina vianesa agrupa animais de perfil recto a subcóncavo e formato medio.

O peso medio é de 560 kg para as femias e de 850 kg para os machos, e a alzada media á cruz é de 132 cm para as femias e de 138 cm para os machos.

2.2. Aspecto rexional:

  • Cabeza. De tamaño pequeno, coa cara alongada que se estreita cara ao fociño, onde presenta mucosas escuras e orla abrancazada. Cornos en gancho curto con media lúa nos machos, e alongados nas femias, nas que nacen por diante da liña de prolongación da testa, diríxense lateralmente e logo cara adiante e arriba, para continuar describindo una ampla espiral e rematar coas puntas cara atrás. Son de cor anacarada pola cepa e pa, coas puntas escurecidas. As orellas grandes e peludas.
  • Pescozo. Proporcionado ao tamaño corporal, máis longo en femias, e xugueira lixeiramente desenvolta en machos; badana evidente.
  • Tronco. Amplo, con liña dorsolumbar que tende á horizontalidade e cruz dos cadrís a maior altura, sendo lixeiramente derrubada. Escasa formación dos cadrís.

Extremidades. De lonxitude media, ben dirixidas e apromadas, articulacións robustas e pezuños duros e resistentes.

  • Sistema mamario. Ubre ben inserido, tetos simétricos, pel fina e con abundante protección pilosa.
  • Capa. Castaña, con expresións máis escuras nos bois e máis claras ou louras nos becerros. Os tons máis escuros nunca faltan en cabos e extremos, pero tamén se distribúen con intensidade polas diversas rexións corporais dando lugar a unha variada presentación de particularidades (caras afumadas, ollalado, listón, lombardo, alabardo, aldinegro, etc.). Son características etnomónicas as abundantes formacións pilosas máis claras e bastante caídas sobre a fronte, guedella, e no pavillón auricular, pendentes.
  • Alzada. Os rangos de alzada á cruz, á metade do dorso e á cruz dos cadrís son entre 128 e 146 cm, 123 e 141 cm e 133 e 150 cm respectivamente, para as femias e entre 131 e 155 cm, 126 e 150 cm e 136 e 160 cm, respectivamente, para os machos.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 24 meses nas femias e de 14 meses nos machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Sobresaliente

9

Notable alto

8

Notable baixo

7

Ben

6

Suficiente

5

A adxudicación de menos de 5 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Aspecto xeral (desenvolvemento, proporción e peso)

2.00

Pel e pelo (pigmentación)

1.50

Cabeza

2.00

Tórax e pescozo

0.50

Costas

0.50

Dorso e lombo

1.00

Cruz dos cadrís

1.00

Ventre e xenitais

0.50

Extremidades e marcha

1.00

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Excelente

90 ou máis

Moi bo

85 a 90

Bo superior

80 a 85

Bo

75 a 80

Aceptable

70 a 75

Suficiente

65 a 70

Os animais con puntuación inferior a 65 puntos en femias e 70 en machos considéranse rexeitados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Todo animal inscrito será identificado en tempo e forma conforme a normativa vixente de identificación animal de aplicación nacional, autonómica ou comunitaria coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á Oficina do Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto pola asociación de criadores, e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que se estimen pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 5% dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría á que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías. Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes de transcorridos seis meses de xestación, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.
  • Que o nacemento fose comunicado e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos as femias e 70 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

Sección anexa:

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 23 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 27 de setembro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Vianesa. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares, machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos catorce meses para os machos e vinte e catro meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica obteñan unha puntuación mínima de 65 puntos as femias e de 70 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan. Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que obtivesen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Teren tido un termo medio de tres crías en catro anos consecutivos desde o comezo da súa función reprodutora.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos tres anos de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de vaca de mérito.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de vaca de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren obtido no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de boi de mérito.

VI. Raza Ovella Galega.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación.

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Raza Ovella Galega.

2. Prototipo racial.

O prototipo a que deben responder os exemplares da raza ovella galega para a súa inscrición no libro xenealóxico é o que a seguir se detalla:

2.1. Aspecto xeral.

A raza ovella galega agrupa animais de pequeno tamaño, de proporcións equilibradas, laúdos e de cor branca ou negra, dedicados á produción de carne.

2.2. Caracteres rexionais.

  • Cabeza. De tamaño pequeno, de perfil frontonasal xeralmente recto, tendendo ao subcóncavo, xeralmente desprovista de cornos nas femias e, de telos, estes son rudimentarios; nos machos poden presentarse e neste caso predominan os de espiral dobre. Fronte ancha, cara alongada e estreita, destacando o nariz alongado e o fociño fino. É unha característica xeneralizada a presenza de moña. As orellas son de tipo medio e horizontais.
  • Pescozo. Pouco musculoso, de mediana lonxitude.
  • Tronco. Estreito e de medidas proporcionadas. A liña dorsolumbar é recta ou lixeiramente ascendente cara á cruz dos cadrís, que é curta e algo caída. O rabo é moi longo, de nacemento baixo, que lle dá un aspecto característico a esta raza.
  • Mamas. Con bastante desenvolvemento en proporción co tamaño do animal.
  • Extremidades. Moi finas, espidas e ben apromadas.
  • Pel. De grosor medio, sen pregamentos.
  • Cor. Branca ou negra uniforme; non obstante poden verse individuos que presentan manchas irregulares e inconstantes na cabeza e nos membros de cor castaña á vermella.
  • Vélaro. Branco ou negro e abundante, cobre o tronco e esténdese como máximo ata as articulacións carpianas e tarsianas, así como ao pescozo e parte da cabeza. O vélaro é de tipo entrefino ou basto.
  • Alzada. Os rangos de alzada para o ecotipo de montaña sitúanse entre os 44 e 58 cm nas femias e entre 55 e 65 cm nos machos, elevándose no ecotipo mariñá a 59-70 cm para as femias e 66-80 cm para os machos.
  • Peso. Os rangos de peso para o ecotipo de montaña sitúanse entre os 20 e 35 kg nas femias e 30-40 kg nos machos, elevándose no ecotipo mariñá a 35-50 kg e 40-70 kg respectivamente.

2.3. Defectos obxectables.

De acordo coa descrición do prototipo racial, considéranse como defectos obxectables os seguintes:

a) Ausencia de moña.

b) Defectos de asentamento das extremidades non moi destacables.

c) Vélaro pouco estendido (por encima das articulacións carpianas e tarsianas e por detrás da cabeza).

2.4. Defectos descualificables.

De acordo coa descrición do prototipo racial, considéranse como defectos descualificables os seguintes:

a) Conformación xeral ou rexional defectuosa en grao acusado (cabeza grande, perfil convexo, orellas grandes e fóra da horizontalidade, fociño ancho, pescozo moi musculoso, dorso enselado, cruz dos cadrís horizontal con nacemento alto do rabo, extremidades gordas, pregamentos na pel, etc.).

b) Anomalías nos órganos xenitais, principalmente monorquidia e criptorquidia.

c) Desenvolvemento corporal non acorde coa idade.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 12 meses nas femias e machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Perfecta

10

Moi boa

9

Boa

8

Aceptable

6-7

Suficiente

4-5

Insuficiente

< 4

A adxudicación de menos de 4 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificaran

Coeficiente

Cabeza

2.0

Pescozo

0.8

Tronco

1.8

Extremidades

1.3

Pel

0.8

Vélaro

1.3

Harmonía xeral e desenvolvemento corporal

2.0

Total

10

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Categoría

Puntos

Excelente

90.1-100

Superior

85.1-90

Moi boa

80.1-85

Boa

75.1-80

Aceptable

70.1-75

Suficiente

60-70

Insuficiente

< 60

Os animais con puntuación inferior a 60 puntos considéranse desbotados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Todo animal inscrito será identificado individualmente, de acordo coa normativa vixente en materia de identificación para a especie ovina, e poderá utilizarse como complemento á dita identificación outros sistemas de identificación específicos, como brincos, métodos identificación electrónica, marcadores xenéticos ou outros métodos adecuados.

Os animais serán identificados individualmente ao naceren, para relacionar cada cría coa súa nai e data de nacemento, ata que dispoñan da identificación oficial segundo a normativa vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á asociación de criadores que xestione o Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que se consideren pertinentes para aclarar cantos puntos se xulguen necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenetica.

Establécese unha porcentaxe mínima dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG):

Para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.

Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.

A cada gandaría asignaráselle un código identificativo para efectos do libro xenealóxico. Este código está composto como segue: os dous primeiros caracteres serán as siglas OG, procedentes do nome Ovella Galega; os tres seguintes caracteres serán numéricos e corresponderán á orde correlativa de inscrición no citado Rexistro de Gandarías de modo que á primeira corresponderalle o número 001, á segunda o 002, etc.; finalmente, os dous últimos caracteres serán as siglas asignadas pola Oficina do Libro Xenealóxico a cada gandaría segundo a súa orde de inscrición no Rexistro de Gandarías, de modo que á primeira gandaría lle corresponderán as siglas AA, á segunda AB e así sucesivamente.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose comunicada, coa excepción das gandarías explotadas en réxime extensivo, nas que non será exixible.
  • Que o nacemento fose comunicado e o animal identificado de acordo coas normas do libro e coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos determinados de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo cualificador da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan, polo menos, inscritos os seus catro avós e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan como mínimo un ano de idade ou que parisen, polo menos, unha vez.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 60 puntos as femias e 70.1 puntos os machos.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación en concordancia coa idade.
  • Que non presenten eivas ou defectos que lles impidan unha normal función reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia, e serán dados de baixa no libro xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

Sección anexa do libro:

  • Rexistro Auxiliar (RA): inscribiranse aqueles exemplares, machos e femias, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que teñan como mínimo un ano de idade ou que parisen, polo menos, unha vez.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que respondan ao prototipo racial e na cualificación morfolóxica obteñan un mínimo de 60 puntos as femias e de 70.1 puntos os machos.
  • Que non manifesten eivas ou defectos que dificulten a función reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan. Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) 80.1 (moi boa) ou máis puntos na súa cualificación morfolóxica.

b) Ter, polo menos, 3 descendentes, con 3 machos distintos, inscritos no Rexistro Definitivo, cunha categoría mínima de bo.

Estas femias obterán o título de ovella de mérito.

Sección de machos: destinada a aqueles machos que obteñan os seguintes niveis selectivos:

a) 85.1 (superior) ou máis puntos na súa cualificación morfolóxica.

b) Ter polo menos 15 descendentes, con polo menos 3 femias distintas, inscritos no Rexistro Definitivo cunha categoría mínima de bo.

Estes machos obterán o título de carneiro de mérito.

VII. Raza Galiña de Mos.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Galiña de Mos.

2. Prototipo racial.

  • Características xerais.

Plumaxe: brillante, abundante e compacta.

Ovos: de 55 g mínimo, coa casca de cor marrón clara.

Peso: galo de 4 a 4,5 kg - galiña de 2,5 a 3 kg.

Diámetro dos aneis (en mm): galo 22 - galiña 20.

  • Morfoloxía do galo.
  • Cabeza: máis ben pequena e ben conformada.
  • Cara: vermella, lisa e de textura fina.
  • Crista: en chícharo, con tres filas lonxitudinais de papilas ou puntos ben definidos, de cor vermella.
  • Barbelas: vermellas, pequenas, de textura fina, lisas, co bordo inferior ben redondeado.
  • Orelliñas: pequenas, ben pegadas á cara, lisas, de forma lanceolada e de cor vermella.
  • Bico: forte, vigoroso e ben curvado; na mandíbula superior predomina a cor parda escura sobre o córneo amarelado, na mandíbula inferior poden aparecer manchas de cor parda escura mais só na parte proximal.
  • Ollos: grandes, de cor laranxa escura e con cellas prominentes.
  • Pescozo: esvelto e robusto, máis ben longo, erguido, ben emplumado e ben unido ao corpo, con esclavina abundante flotando sobre as costas.
  • Tronco: largo, profundo, longo, lixeiramente inclinado cara ao rabo.
  • Dorso: largo e caendo lixeiramente cara ao rabo, poboado de cachelos de mediana lonxitude.
  • Peito: largo, profundo e prominente, de gran capacidade.
  • Rabo: de tamaño pequeno, as fouces caudais son curtas excedendo lixeiramente as plumas temoeiras que son largas e superpostas. En ángulo de 45º sobre a horizontal.
  • Abdome: amplo.
  • Extremidades
  • Ás: máis ben pequenas, ben pregadas e cinguidas ao corpo.
  • Pernís: fortes, robustos, visibles e de mediana lonxitude.
  • Tarsos: fortes, grosos, de cor amarela, de lonxitude mediana, sen plumas e con catro dedos fortes e rectos.
  • Morfoloxía da galiña.

En xeral coma no galo, tendo en conta as diferenzas debidas ao sexo. A crista está menos desenvolvida ca nos galos, as barbelas son máis pequenas e tamén é máis pequena a orelliña pero conserva a forma lanceolada. O peito é saínte pero menos que no galo. De formas máis redondeadas ca o galo.

  • Coloración da plumaxe.

Galo: o conxunto da plumaxe é de cor leonada cun matiz vermello-caoba claro, a esclavina e os cachelos son de cor máis clara ca o resto do manto. As plumas cobertoiras pequenas das ás e dos ombros son dunha coloración máis escura. As remeiras primarias son negras, bordeadas de leonado. As remeiras secundarias son leonadas case na súa totalidade, excepto no centro que adquiren cor negra. As cobertoiras do voo son negras na súa fila inferior. O rabo ten as temoeiras e as fouces negras cun brillo verde metálico. A subpenuxe é de cor leonada clara.

Galiña: a plumaxe do corpo é leonada, con esclavina de cor leonada intensa, e son negras as cobertoiras do voo na súa fila inferior e as temoeiras da cola e, en parte, as remeiras primarias, subpenuxe leonada clara.

  • Defectos graves.

Plumas totalmente brancas nas ás. Branco na cola. Plumas negras sobre o manto. Plumas totalmente negras no pescozo. A máis insignificante pluma nos tarsos. Talle insuficiente. Peito estreito. Crista moi elevada. Orelliñas con branco en máis da cuarta parte.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método determinado nas normas específicas do Manual de Procedemento do Libro Xenealóxico da raza.

B. Método de identificación de exemplares.

Todo animal inscrito será identificado con brinco de metal na á dereita preferentemente, numerado individualmente segundo as normas específicas do Manual de Procedemento do Libro de Xenealóxico da raza.

C. O Rexistro da Raza Galiña de Mos constará dos seguintes rexistros:

Rexistro de Criadores (RC):

Rexistro de Reprodutores (RR).

Rexistro de Nacementos (RN).

Rexistro Especial (RE).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros:

  • Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Criadores, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á Oficina do Libro en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto pola asociación de criadores, e que garante a autenticidade da declaración.
  • Como referendo aos rexistros e para maior garantía da inscrición dos exemplares neles poderanse facer as dilixencias e indagacións oportunas para aclarar cantos puntos se consideren necesarios.
  • O resto de condicións de inscrición rexeranse polo descrito no Manual de Procedemento do Libro Xenealóxico da raza.
  • Rexistro de Criadores (RC). Neste rexistro inscribiranse todas aquelas persoas que demostren que posúen exemplares da raza e se dedican á cría e fomento da Raza Galiña de Mos, aos cales se lles asignará un código de criador específico. Para o rexistro de animais no rexistro correspondente é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Criadores.
  • Rexistro de Reprodutores (RR). Inscribiranse neste rexistro os exemplares adultos nos que os técnicos cualificadores da raza comproben que as súas características responden ás do prototipo racial, teñen polo menos cinco meses de idade, pertencen a criadores inscritos no RC e posúen código de criador da raza.
  • Rexistro de Nacementos (RN). Quedarán inscritos neste rexistro aqueles exemplares que nacesen de animais inscritos no Rexistro de Reprodutores, que pertenzan a persoas inscritas no Rexistro de Criadores, que fose declarado o seu nacemento e que posúan os caracteres descritos para a raza, con ausencia de defectos de descualificación.
  • Rexistro Especial (RE). Neste rexistro inscribiranse os exemplares procedentes do Rexistro de Nacementos unha vez castrados cirurxicamente para a obtención de capóns.

VIII. Raza Cabra Galega.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación.

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Raza Cabra Galega.

2. Prototipo racial:

2.1. Apecto xeral: a raza cabra galega agrupa animais de perfil recto ou subcóncavo, eumétricos, sublonxilíneos e de gran dimorfismo sexual. Capa caoba ou encarnada con diferentes tonalidades. Cornos en arco cara atrás, tipo aegagrus nas femias e frecuentemente de tipo prisca nos machos. Ás veces presentan longos e abundantes pelos localizados en distintas rexións do terzo anterior e terzo posterior ou distribuídos por todo o corpo.

Por outra parte, a raza cabra galega queda encadrada dentro do biotipo ambiental. Trátase de animais moi rústicos, perfectamente adaptados á dura orografía e climatoloxía das zonas montañosas de Galicia, onde se explota en réxime extensivo para a produción de carne como obxectivo principal.

2.2. Características rexionais:

  • Cabeza: braquicéfala e de tamaño pequeno, con perfil fronto-nasal recto ou subcóncavo. Fronte lixeiramente abombada, debido ao nacemento dos cornos. Ollos grandes e expresivos. Arcadas orbitarias saíntes. Orellas de tamaño medio ou pequeno, finas, movedizas e posicionadas horizontalmente. Fociño rosado. Barba ou perilla de bo tamaño nos machos. Nas femias, cando se presenta esta forma, é de tamaño máis pequeno ou rudimentaria. Á veces os machos dispoñen de topete ben desenvolvido. Os cornos nas femias son de tipo aegagrus, en arco cara atrás. Nacen separados e crecen paralelos. Dirixidos de adiante cara atrás e de arriba cara abaixo, sección circular ou triangular. Presentan rugosidades na superficie, en forma de aneis. Nos machos, os cornos con frecuencia son de tipo prisca, en caracol, alongados, de maior formato ca os das femias. Nestes casos,os dous cornos, con base larga, nacen próximos, separándose pasado o primeiro terzo para dirixirse cara a fóra. Ao corte presentan unha superficie piriforme. Excepcionalmente admítense os cornos das femias que se separen no último terzo.
  • Pescozo: fino e longo en femias, sendo nos machos máis groso e forte. É frecuente a presenza de pendentes ou gorgueiras.
  • Tronco. profundo e compacto con costelares arqueados. Peito desenvolvido e cruz lixeiramente destacada. Liña dorso-lumbar rectilínea ou levemente enselada. Cruz dos cadrís curta e lixeiramente caída. Ventre voluminoso e recollido sobre todo nos machos. O rabo é curto e erguido, aínda que ás veces adopta posición horizontal.
  • Ubre. Forma abolsada. Preséntase recollido e ben implantado, recuberto de pilosidade. Tetos diferenciados, de bo tamaño e implantados na parte inferior do ubre.
  • Testículos. De bo tamaño, simétricos e ben conformados.
  • Extremidades. Finas con articulacións fortes e marcadas, e tendóns robustos. Bos asentamentos. Pezuños fortes e de tonalidade clara.
  • Capa, pelo e mucosas. Capa uniforme, de cor caoba ou encarnada con distintas tonalidades, desde o rubio ao retinto. O pelo xeralmente é curto e brillante nas cabras, máis longo e hirsuto nos machos adultos. Non obstante, é frecuente a presenza de pelos longos na rexión dorso-lumbar (raspil), así como pelaxe en perna, coxas e cruz dos cadrís (calzón); en antebrazo e costas (remonta ou peliza). Ás veces, con maior frecuencia nos machos, a pelaxe estendese a todo o corpo (harropos). As mucosas, o mesmo que o ubre e os pezuños, presentan tonalidade clara. A pel é forte e elástica.
  • Formato: variable segundo a área de explotación e sistema de manexo aplicado, estímase o peso entre 40 e 55 kg nas cabras e entre 55 e 70 kg nos machos adultos. A alzada á cruz sitúase entre 60 e 75 cm nas cabras e entre 70 e 80 cm nos machos adultos.

3. Defectos obxectables.

De acordo coa descrición do prototipo racial, considéranse como defectos obxectables os seguintes:

3.1. Defectos de asentamento das extremidades non moi destacables.

3.2. Defectos discretos das diferentes rexións corporais.

3.3. Cornos tipo prisca nas femias.

4.-Defectos descualificantes.

De acordo coa descrición do prototipo racial, considéranse como defectos descualificantes os seguintes:

4.1. Conformación xeral ou rexional defectuosa en grao acusado (cabeza grande, perfil convexo, orellas grandes, pescozo moi musculoso, dorso enselado, extremidades gordas, pregamentos na pel, etc.).

4.2. Anomalías nos órganos xenitais, principalmente monorquidia e criptorquidia.

4.3.Desenvolvemento corporal non acorde coa idade.

4.4. Ausencia de cornos.

4.5. Presenza de manchas brancas na capa.

5. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 12 meses nas femias e de 12 meses nos machos.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Moi bo

9

Bo

8

Aceptable

6-7

Suficiente

4-5

Insuficiente

Menos de 4

A adxudicación de menos de 4 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Cabeza e pescozo

2.0

Tronco

2.0

Extremidades e asentamento

1.5

Capa e pel

1.7

Caracteres sexuais

0.8

Harmonía xeral e desenvolvemento corporal

2.0

Total

10

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Excelente

90.1-100

Superior

85.1 a 90

Moi bo

80.1 a 85

Máis que bo

75.1 a 80

Bo

70.1 a 75

Suficiente

60 a 70

Os animais con puntuación inferior a 60 puntos considéranse rexeitados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Mediante brinco e identificación electrónica (segundo a lexislación aplicable). Poderá utilizarse como complemento a dita identificación aquela que a asociación xestora do Libro Xenealóxico da Cabra Galega decida para facilitar o manexo dos datos xenealóxicos

Os animais serán identificados individualmente ao naceren, para relacionar cada cría coa súa nai e data de nacemento, ata que dispoñan da identificación oficial segundo a normativa vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á Oficina do Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto pola asociación de criadores, e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que se xulguen pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Todos os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima dos animais inscritos de controis de filiación.

  • Rexistro de Gandarías (RG):
  • Para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría á que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.
  • Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.
  • A cada gandaría asignaráselle un código identificativo para efectos do Libro Xenealóxico. Este código está composto como segue: os dous primeiros caracteres serán as siglas CG, procedentes do nome Cabra Galega; os tres seguintes caracteres serán numéricos e corresponderán á orde correlativa de inscrición no citado Rexistro de Gandarías de modo que á primeira corresponderalle o número 001, á segunda o 002, etc.; finalmente, os tres últimos caracteres serán as siglas asignadas pola Oficina do Libro Xenealóxico a cada gandaría.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha explotación colaboradora coa raza Cabra Galega.
  • Que a declaración do calendario de cubricións fose comunicada, debidamente formalizado, á Oficina do Libro Xenealóxico no tempo establecido pola asociación xestora do Libro Xenealóxico. A declaración de cubricións poderá non ser exixida nos casos en que os manexos dos animais sexan sistemas extensivos.
  • Que a declaración do nacemento fose recibida na Oficina do Libro Xenealóxico, debidamente formalizada, antes dos 65 días posteriores ao nacemento e o animal identificado de acordo coas normas do libro e coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que os animais carezan de defectos determinados de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo cualificador da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan polo menos inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha explotación colaboradora coa raza Cabra Galega.
  • Que teñan como mínimo un ano de idade ou que parisen cando menos unha vez.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 60 puntos as femias e 70.1 puntos os machos.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación en concordancia coa idade.
  • Que non presenten eivas ou defectos que lles impidan unha normal función reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

Sección anexa:

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 30 de maio de 2011. Este rexistro estará pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares, machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha explotación colaboradora coa raza Cabra Galega.
  • Que teñan como mínimo un ano de idade ou que parisen cando menos unha vez.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que respondan ao prototipo racial e na cualificación morfolóxica obteñan un mínimo de 60 puntos as femias e de 70.1 puntos os machos.
  • Que non manifesten eivas ou defectos que dificulten a función reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan.

Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

  • Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) 80.1 (moi bo) ou máis puntos na súa cualificación morfolóxica.

b) Ter, cando menos, 3 descendentes, con 3 ou máis machos distintos, inscritos no Rexistro Definitivo, cunha categoría mínima de máis que bo.

Estas femias obterán o título de cabra de merito.

  • Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de cabra de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) 85.1 (superior) ou máis puntos na súa cualificación morfolóxica.

b) Ter, cando menos, 15 descendentes, con 3 ou máis femias distintas, inscritas no Rexistro Definitivo cunha categoría mínima de máis que bo.

Estes machos obterán o título de castrón de mérito».

IX. Raza Porcina Celta.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Porco Celta.

2. Prototipo racial.

2.1 Aspecto xeral: a raza porcina celta agrupa animais de tamaño grande, dolicocéfalos e mesencéfalos e perfil frontonasal de subcóncavo a recto, eumétricos e lonxilíneos. No seu conxunto son animais rústicos e harmónicos, moi adaptados á súa explotación en réxime extensivo. O gran desenvolvemento do seu esqueleto, sobre todo do terzo anterior, e a lonxitude dos seus membros demostran a súa aptitude para a marcha, que é viva, grácil e de acaneo característico da raza. Atópanse exemplares da raza en todo o territorio galego.

O peso medio é de 160 kg para as femias e de 200 kg para os machos.

Diferéncianse tres variedades: a variedade santiaguesa, a variedade barcina e a variedade carballina. As tres variedades son morfoloxicamente iguais e só se diferencian na ausencia ou presenza de pigmentacións e polo seu lugar de orixe, así, a variedade santiaguesa e barcina situábanse nun principio no sur das provincial de Lugo e A Coruña e nas provincias de Pontevedra e Ourense, mentres que a variedade carballina é orixinaria da comarca de Carballo e comarcas limítrofes na provincia da Coruña. Posteriormente fóronse estendendo e difundindo todas as variedades por toda a xeografía galega despois de iniciar o Programa de recuperación da raza porcina celta.

2.2. Aspecto rexional:

Cabeza. De tamaño grande, forte, alongada e de perfil frontonasal de subcóncavo a recto, sendo no seu conxunto voluminosa. Fronte plana e proporcionada, formando unha aresta aguda na liña da caluga. Fociño ancho e gordo. Orellas grandes e caídas que cobren os pequenos ollos.

Pescozo. Longo, estreito e forte.

Tórax. Forte e profundo, con costelares pouco arqueados.

Costas. Longas, lixeiramente inclinadas e de manifesta musculatura, facendo máis robusto o terzo anterior.

Dorso e lombo. Estreitos, longos (conta con seis vértebras lumbares) e arqueados. A liña dorsolumbar debuxa desde a cruz ancha un arco que se fai máis prominente na unión de lombos e cadrís.

Cruz dos cadrís. Caída, con formación muscular media. O rabo é groso e longo e está provisto na súa extremidade dunha borla de serdas e retórcese de modo típico cando o animal está nervioso, a súa postura habitual é de xeito estirado.

Ventre e xenitais externos. Ventre recollido, con liña inferior plana, cun mínimo de 6/6 tetas formadas, de implantación ampla e regularmente espazadas. Excepcionalmente poderán admitirse exemplares con menos de 12 tetas, sempre que a súa cualificación global sexa superior a suficiente e a xuízo do director técnico.

Testículos ben formados, simétricos en lonxitude e tamaño. Vulva ben formada nas femias.

Extremidades e marcha. Extremidades ben formadas, longas e fortes, con articulacións limpas e definidas. Falanxes de lonxitude media. Pezuños resistentes e duros. A pigmentación pode variar e admítense todas as gamas de cores.

Marcha viva, grácil e de acaneo característico da raza.

Cor e pelo. A variedade santiaguesa caracterízase por posuír unha pel rosada con ausencia total de pigmentacións. A variedade barcina posúe pequenas pigmentacións, como lunares circulares de cor gris-lousa e a variedade carballina caracterízase polas súas extensas pigmentacións negras brillantes que en ocasións poden chegar a cubrir todo o seu corpo. Nas tres variedades a pel está cuberta de abundantes serdas, longas e fortes, que son máis abundantes na variedade carballina.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 7 meses nos machos e de 10 meses nas femias

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

> 9

Sobresaliente

Entre 8 e 9

Notable alto

Entre 7,5 e 8

Notable baixo

Entre 7 e 7,5

Ben

Entre 6 e 7

Suficiente

5 ou > de 5

Insuficiente

< de 4 puntos

A adxudicación de menos de 4 puntos a calquera das rexións que se valoren será causa para descualificar o animal, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que se tomarán en consideración son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicaranse polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Aspecto xeral (desenvolvemento, proporcións e peso)

1,90

Pel e pelo (pigmentación)

0,30

Cabeza

1,70

Pescozo e tórax

0.40

Costas

0.50

Dorso e lombo

1.30

Cruz dos cadrís e xamóns

1.50

Ventre e xenitais

0.60

Extremidades e marcha

1.80

Total

10

Obtida deste modo a puntuación final, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Clasificación

Machos

Femias

Excelente

> 90

> 85

Moi bo

Entre 85 e 90

Entre 80 e 85

Máis que bo

Entre 80 e 85

Entre 75 e 80

Bo

Entre 75 e 80

Entre 70 e 75

Aceptable

Entre 70 e 75

Entre 60 e 70

Suficiente

Entre 60 e 70

Entre 50 e 60

Excelente

90 ou máis

Moi bo

85 a 90

Bo superior

80 a 85

Bo

75 a 80

Aceptable

70 a 75

Suficiente

65 a 70

Os animais con puntuación inferior a 50 puntos en femias e 60 en machos considéranse rexeitados.

4. Director técnico.

Un director técnico da raza nomeado para o efecto pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria por proposta da Xunta Directiva da Asociación de Criadores e que terá carácter permanente na dita dirección técnica, no caso de cambio de director continuará como asesor desta para seguir garantindo a continuidade nos criterios raciais, e formará parte da referida asesoría técnica cando vaian renovándose os directores.

Conforme o establecido nesta regulamentación e como salvagarda das actividades do libro xenealóxico e garante da súa pureza racial, o director técnico desenvolverá as seguintes funcións:

a) Aprobar, se procede, as solicitudes de inscrición de animais nos distintos rexistros do libro xenealóxico.

b) Expedir os respectivos documentos xenealóxicos.

c) Atender as incidencias que xurdan no normal funcionamento do Libro Xenealóxico, así como resolver as reclamacións que puidesen presentarse.

d) Propoñer as modificacións do prototipo racial ou da regulamentación específica do libro xenealóxico que se consideren convenientes.

e) Validar os técnicos cualificadores da raza.

f) Dictar as instrucións oportunas e establecer os documentos necesarios para o correcto funcionamento do réxime interno do Libro Xenealóxico.

g) Establecer as bases para crear unha escola de xuíces da raza porcina celta.

A gandaría é unha actividade de xulgar o amor innato para as persoas relacionadas co ámbito gandeiro, pero para os técnicos implicados no caso é unha obriga coñecer os aspectos de avaliación e xuízo e que se consideran na mellora da gandaría. Xulga e selecciona gando a persoa a que lle gusta a actividade gandeira, vive e participa dela, pero un técnico especialista tamén ten que estar preparado para cualificar os animais.

B. Método de identificación de exemplares e prazos.

Todo animal inscrito será identificado en tempo e forma conforme a normativa vixente de identificación animal de aplicación nacional, autonómica ou comunitaria coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Rexistro de Gandarías (RG).

2. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

3. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal da gandaría deberá solicitalo de forma expresa á Oficina do Libro Xenealóxico en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto pola asociación de criadores, e que garante a autenticidade da declaración.

O paso de animais dun rexistro a outro producirase automaticamente segundo o establecido nesta regulamentación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, poderanse realizar as dilixencias e investigacións que se xulguen pertinentes para aclarar cantos puntos se consideren necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de filiación de calquera animal inscrito.

Os exemplares machos destinados a reprodución, valoración individual e animais de rexistro definitivo (RD) que designe o director técnico deberán ter, con carácter obrigatorio, identificación de xenotipado e filiación xenética.

Establécese unha porcentaxe mínima do 2% dos animais inscritos de controis de filiación.

Como referendo aos rexistros deste Libro Xenealóxico e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, o director técnico do Libro Xenealóxico poderá realizar as dilixencias e investigacións que considere pertinentes para aclarar cantos datos considere necesarios, podendo, así mesmo, recorrer á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de paternidade.

  • Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no Libro Xenealóxico é obriga previa que a gandaría a que pertenzan figure inscrita no Rexistro de Gandarías.
  • Cada unha das gandarías deberá estar asociada cos códigos asignados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras segundo o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras ou normativa estatal, autonómica ou comunitaria que o substitúa, xunto coa data de alta e baixa neste rexistro.
  • Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou o seu representante legal deberá solicitalo de forma expresa en impreso normalizado e aprobado para o efecto pola xunta directiva da asociación por proposta do director técnico.

Sección principal do libro:

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á Oficina do Libro Xenealóxico antes ou no mesmo momento de notificar o parto.
  • Que o nacemento fose comunicado antes da desteta, e identificado de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade animal e produción gandeira.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa ulterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.

Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar ou ao Rexistro Definitivo, segundo corresponda, salvo que sexan descualificados polo director técnico da raza.

  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos que teñan polo menos inscritos os seus catro avós, e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha gandaría inscrita no correspondente Rexistro de Gandarías.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos sete meses para os machos e dez meses para as femias.
  • Que obtivesen unha cualificación morfolóxica mínima de 50 puntos as femias e 60 puntos os machos.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que teñan un grao de desenvolvemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

A permanencia dos exemplares neste rexistro estará condicionada aos resultados que se aprecien no control da súa descendencia; serán dados de baixa no Libro Xenealóxico en caso de influencia desfavorable.

Igualmente causarán baixa todos os reprodutores, machos e femias, e a súa descendencia, cando poidan apreciarse neles condicións hereditarias de baixa fertilidade, fecundidade ou deficientes calidades maternais.

Os exemplares rexistrados no RD terán a consideración de femias e machos de raza pura.

  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores rexistrados, ata a data do 20 de abril de 2001, xa inscritos de acordo coa regulamentación da Orde do 23 de outubro de 2000 pola que se aprobaba a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da raza porcina celta. Este rexistro está pechado á incorporación de novos exemplares.
  • Rexistro Auxiliar (RA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares, machos e femias, a excepción dos xa inscritos no Rexistro Fundacional, que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos sete meses para os machos e dez meses para as femias.
  • Que respondan ao prototipo racial.
  • Que manifesten un grao de desenvolvemento acorde coa idade.
  • Que na súa cualificación morfolóxica obteñan unha puntuación mínima de 50 puntos as femias e de 60 puntos os machos.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Os exemplares inscritos neste Rexistro Auxiliar permanecerán nel durante toda a súa vida, salvo que por filiación xenética puidesen establecerse os mesmos requisitos para a súa inscrición no RD.

  • Rexistro de Méritos (RM): inscribiranse neste rexistro os reprodutores máis sobresaíntes da raza procedentes do Rexistro Definitivo que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan a criterio do director técnico da raza.

Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poderán posuír os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas reprodutoras que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Que obtivesen no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 80 puntos.

b) Contar cun mínimo de vinte e cinco descendentes inscritos no Rexistro Definitivo.

c) Teren verificado o primeiro parto antes dos quince meses de idade.

d) Contaren cun mínimo de cinco descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos, dos cales dous deberán estar inscritos no Rexistro Definitivo.

Estas femias obterán o título de reprodutora de mérito.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos reprodutores que procedan de reprodutora de mérito e que obtivesen os seguintes niveis selectivos:

a) Teren obtido no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos.

b) Contaren con vinte descendentes inscritos no Rexistro de Nacementos e, deles, 10 inscritos no Rexistro Definitivo.

Estes machos obterán o título de castizo de mérito.

  • Rexistro de selección: este rexistro será implementado polo director técnico da raza para poder ingresar, controlar e seleccionar animais que poidan e/ou deban ser escollidos por determinados caracteres de interese para o futuro da raza.

a) Poderase crear un rexistro de selección fundacional onde se poderán albergar animais que manteñen as características orixinais e máis arcaicas da raza, para que a evolución da raza que fan os gandeiros coa presión de selección non afecte e poder salvagardar certas características fenotípicas de interese.

b) Poderase crear un rexistro de selección por control de rendementos tanto a nivel produtivo e/ou reprodutivo segundo o criterio técnico que determine o director técnico da raza porcina celta.

X. Raza equina Cabalo de Pura Raza Galega.

A. Denominación oficial, prototipo racial e sistema de cualificación

1. Denominación oficial.

A denominación oficial da raza é Cabalo de Pura Raza Galega.

2. Prototipo racial do cabalo de pura raza galega.

O prototipo a que deben responder os exemplares do cabalo de pura raza galega para a súa inscrición no Libro Xenealóxico é o que a continuación se detalla:

2.1. Aspecto xeral.

  • O cabalo de pura raza galega agrupa animais de perfil recto ou subcóncavo, elipométricos e de proporcións sublonxilíneas. Cunha alzada á cruz entre 120 e 140 cm. Presenta capa castaña ou negra.
  • Presenta un temperamento dócil, tranquilo, valente e intelixente que o fai apropiado para a equitación, tanto de ocio como deportiva.

2.2. Características rexionais.

  • Cabeza: proporcionada, con fronte longa e plana, xeralmente presenta abundante topete. Orellas pequenas e pilosas. Órbitas oculares saíntes e ben marcadas. Ollos grandes, vivos e expresivos. Os beizos gordos.
  • Tronco: o pescozo é proporcionado, con boa conformación e abundantes crinas. Presenta cruz destacada. A liña dorsolumbar tende á rectitude. A cruz dos cadrís é sinxela e algo inclinada. O nacemento do rabo é medio, e este é longo. O ventre é redondeado. Peito con tendencia á profundidade.
  • Extremidades: costas lixeiramente inclinadas. Con extremidades finas, curtas e fortes. Articulacións poderosas e duras. Canelas curtas. Casco escuro, tendendo a negro, de conformación redonda, pequeno e duro, ben proporcionado. Presentan escasas producións córneas e dérmicas (castaña, esporón e sedas no esporón).
  • Capa: negra ou castaña, sen despigmentacións conxénitas.
  • Faneras:

Cabos (crina e rabo): crina e rabo moi poboados, cunha melena solta de pelos fortes e gordos. Extremos (rexión nasolabial, parte distal de extremidades): as extremidades presentan en ocasións sedas, pero con pouca cantidade pilosa, así como escasas producións córneas. A rexión nasolabial pode presentar pelos (bigote ou barbela).

De acordo coa descrición do prototipo racial, considéranse:

Defectos obxectables:

  • Defectos de verticalidade das extremidades non moi destacables.

Defectos descualificables.

  • Calquera capa distinta á castaña ou negra.
  • Calquera tipo de despigmentación conxénita na capa.
  • Exceso de sedas.
  • Conformación xeral ou rexional defectuosa en grao acusado.
  • Anomalías nos órganos xenitais, principalmente monorquidia e criptorquidia.
  • Crecemento corporal non acorde coa idade.

3. Sistema de cualificación e idade mínima.

As cualificacións dos animais serán feitas polo director técnico da raza, que será nomeado pola xunta directiva da asociación de criadores, e de acordo coa normativa do artigo 8.1º do Real decreto 2129/2008.

A asociación de criadores poderá establecer a escola de xuíces cualificadores oficiais da raza para a formación de xuíces cualificadores oficiais, con dependencia do director técnico, e que serán técnicos con acreditada experiencia no sector e coñecementos da raza.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos; o seu detalle servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

A idade mínima será de 36 meses para todos os exemplares de cabalo de pura raza galega.

A cualificación morfolóxica realizarase mediante apreciación visual e polo método dos puntos, o que servirá para xulgar comparativamente o valor dun exemplar determinado.

Cada rexión corporal cualificarase asignándolle de 1 a 10 puntos, segundo a seguinte escala:

Clase

Puntos

Excelente

10

Moi bo

9

Máis que bo

8

Bo

6-7

Suficiente

4-5

Insuficiente

<4

A adxudicación de menos de catro puntos a calquera das rexións que se vaia valorar será causa para descualificar o exemplar, sexa cal for a puntuación obtida nas restantes.

Os caracteres que hai que considerar son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignen a cada un dos ditos aspectos multiplicarase polo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva.

Caracteres que se cualificarán

Coeficiente

Cabeza

1.50

Pescozo

0.70

Cruz e costas

1.00

Tronco e peito

1.00

Dorso e lombo

1.00

Cruz dos cadrís e rabo

1.30

Extremidades e verticalidade das extremidades

1.00

Harmonía xeral e movementos

1.50

Capa e fidelidade racial

1.00

Total

10.00

Obtida deste modo a puntuación, os exemplares quedarán clasificados segundo as seguintes denominacións:

Clase

Puntos

Excelente

≥ 90

Moi bo

≥ 80 e < 90

Máis que bo

≥ 75 e < 80

Bo

≥ 70 e <75

Suficiente

≥ 65 e < 70

Insuficiente

< 65

Os animais con puntuación inferior a 65 puntos serán rexeitados.

B. Método de identificación de exemplares e prazos:

Todo animal inscrito será identificado, en tempo e forma, polo método que aprobe a entidade xestora do Lrxcprg e, en todo caso, sempre cumprindo a normativa autonómica, estatal e europea vixente na materia, coas particulares excepcións das explotacións en réxime extensivo recollidas na lexislación vixente.

C. O Libro Xenealóxico constará dos seguintes rexistros:

1. Sección principal, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Nacementos (RN).
  • Rexistro Definitivo (RD).

2. Sección anexa, composta polos seguintes rexistros:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).
  • Registro Auxiliar Adultos (RAA).
  • Rexistro Fundacional (RF).
  • Rexistro de Méritos (RM).

3. Rexistro de Gandarías (RG).

D. Condicións xerais de inscrición nos rexistros, controis de filiación:

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexistros xenealóxicos que lle corresponda, así como para o rexistro dunha gandaría no correspondente Rexistro de Gandarías, o titular ou representante legal dela deberá solicitalo, de forma expresa, á entidade xestora do Lrxcprg, en impreso ou soporte informático ou telemático aprobado para o efecto pola entidade xestora do Lrxcprg.

Como referendo aos rexistros do Lrxcprg e para maior garantía da inscrición e identificación dos exemplares neles, a entidade xestora do Lrxcprg poderá realizar as dilixencias e investigacións que considere pertinentes para aclarar cantos puntos considere necesarios, podendo recorrer, así mesmo, á verificación do parentesco mediante as correspondentes probas de paternidade.

Sección principal.

  • Rexistro de Nacementos (RN): inscribiranse nel as crías de ambos os sexos nadas de proxenitores inscritos nos distintos rexistros, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha gandaría rexistrada no correspondente Rexistro de Gandarías.
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á entidade xestora do Lrxcprg antes do 31 de decembro do ano de cubrición.
  • Que a declaración do nacemento fose remitida á entidade xestora do Lrxcprg antes do 31 de decembro do ano de nacemento ou, como máximo, antes dos seis meses tras o nacemento. No caso de explotación en extensivo, a declaración de cubrición poderase enviar conxuntamente coa declaración de nacemento dentro dos prazos desta última.
  • Que se coñezan polo menos os seus catro avós.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa posterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os caracteres étnicos descritos para a raza, en ausencia de defectos de descualificación.
  • Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Definitivo tras a correspondente valoración morfolóxica.
  • Rexistro Definitivo (RD): poderán inscribirse nel os exemplares, machos e femias, procedentes do Rexistro de Nacementos e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha gandaría rexistrada no correspondente Rexistro de Gandarías.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos tres anos.
  • Que obteñan unha cualificación morfolóxica mínima de 65 puntos.
  • Que teñan un grao de crecemento no momento da cualificación morfolóxica en concordancia coa idade.
  • Que non posúan defectos que dificulten a actividade reprodutora.

Sección anexa:

  • Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN): inscribiranse nel as crías de ambos os sexos menores de tres anos, que non cumpran as condicións para seren inscritas no Rexistro de Nacementos, sempre que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha gandaría rexistrada no correspondente Rexistro de Gandarías.
  • Que a declaración da cubrición ou da inseminación artificial fose remitida á entidade xestora do mantemento do Libro de Rexistro Xenealóxico antes do 31 de decembro do ano de cubrición.
  • Que a declaración do nacemento fose remitida á entidade xestora do Libro de Rexistro Xenealóxico antes do 31 de decembro do ano de nacemento ou, como máximo, antes dos seis meses tras o nacemento.
  • De non ser os casos dos puntos dous e tres anteriores, que o propietario solicite explicitamente á entidade xestora do Lrxcprg a súa inscrición.
  • Que non teña defectos que lle impidan a súa posterior utilización como reprodutor.
  • Que posúa os carácteres étnicos descritos para a raza, en ausencia defectos de descualificación.
  • Os animais inscritos neste rexistro estarán nel ata o seu traslado ao Rexistro Auxiliar de Adultos tras a correspondente valoración morfolóxica.
  • Rexistro Auxiliar de Adultos (RAA): neste rexistro inscribiranse aqueles exemplares que non cumpran as condicións para seren inscritos no Rexistro Definitivo e que cumpran as seguintes exixencias:
  • Que pertenzan a unha gandaría rexistrada no correspondente Rexistro de Gandarías.
  • Que teñan unha idade igual ou superior aos tres anos.
  • Que manifesten un grao de crecemento acorde coa idade.
  • Que respondan ao prototipo racial e na súa cualificación morfolóxica obteñan unha puntuación mínima de 65 puntos.
  • Que non manifesten taras ou defectos que dificulten a súa función reprodutora.
  • Rexistro Fundacional (RF): neste rexistro, xa pechado, estarán inscritos a título inicial os exemplares, machos e femias, sen un ou máis proxenitores inscritos, baixo a Orde do 4 de abril de 2001 pola que se establece a regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega.
  • Rexistro de Meritos (RM): inscribiranse neste rexistro aqueles animais procedentes do Rexistro Definitivo (RD) que polas súas especiais características xenealóxicas, morfolóxicas e produtivas así o merezan. Este rexistro constará de dúas seccións, femias e machos, e os inscritos poden ter os seguintes títulos:

Sección femias: accederán a esta sección aquelas femias que alcancen algún dos seguintes niveis selectivos:

a) Obter no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos. Estas femias obterán o título de egua de mérito.

b) Obter os niveis de competición establecidos pola entidade xestora do Lrxcprg tanto en concursos morfolóxicos oficiais de cabalos de pura raza galega autorizados por esta entidade como nas diferentes disciplinas hípicas federadas.

Sección machos: accederán a esta sección aqueles machos que alcanzasen os seguintes niveis selectivos:

a) Obter no momento da súa cualificación morfolóxica para a súa inscrición no Rexistro Definitivo unha puntuación mínima de 85 puntos. Estes machos obterán o título de cabalo de mérito.

b) Obter os niveis de competición establecidos pola entidade xestora do Lrxcprg tanto en concursos morfolóxicos oficiais de cabalos de pura raza galega autorizados por esta entidade como nas diferentes disciplinas hípicas federadas.

No futuro, sempre acorde co nivel de melloramento da raza, a entidade xestora da do Lrxcprg poderá establecer programas de valoración xenética e funcional de exemplares.

Rexistro de Gandarías (RG): para o rexistro de animais no libro xenealóxico será obriga previa que a gandaría a que pertenza figure inscrita no Rexistro de Gandarías de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega. A cada gandaría asignaráselle un código identificativo para efectos do libro xenealóxico; este código estará composto como segue: os tres primeiros díxitos serán as siglas PRG, identificativas do cabalo de pura raza galega; os catro seguintes díxitos serán numéricos e corresponderán á orde correlativa de inscrición no citado Rexistro de Gandarías, de modo que á primeira lle corresponderá o numero 0001, á segunda o 0002, etc.

missing image file