Advertido un erro no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 225, do xoves 24 de novembro de 2011, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 34724, na Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor, onde di: «Este decreto entrará en vigor o día seguinte aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».