Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38536

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2012.

Ao abeiro do disposto no artigo 148.1.11 da Constitución española, en virtude do que se establece no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza.

O Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, en relación co Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, compete á devandita consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos.

A presenza do lobo en espazos rurais moi humanizados é, con frecuencia, causa de conflito cos gandeiros. Por iso, a Consellería do Medio Rural estableceu unha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados por esta actividade depredadora dos lobos, na cal se inclúen diversas accións de protección dos rabaños para evitar os danos que causan estes cánidos sobre o gando do noso país. Son medidas tradicionais unhas e máis innovadoras outras, que pretenden afastar do gando doméstico que pasta en réxime de liberdade ou de semiliberdade os lobos que poidan depredalo.

O réxime xeral das axudas e subvencións nesta Administración pública establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario a normativa principal constitúea o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

Na súa virtude, conforme o que se dispón no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e principios.

1. Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas para fomentar a aplicación de medidas de protección do gando saneado en explotacións extensivas ou semiextensivas, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando saneado das especies vacúa, cabrúa, ovina e de porco celta.

2. Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non-discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Artigo 2. Actuacións subvencionables.

1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase a adquisición de cans mastíns e pastores eléctricos ligados ao emprego de curros con malla electrificada e a instalación de cercados con malla ovelleira e postes de madeira tratada, cuxa adquisición ou instalación se faga con posterioridade á publicación desta orde sempre que sexa certificada polos servizos provinciais de Conservación da Natureza a non existencia previa.

2. Non será obxecto de subvención nesta campaña o IVE, o transporte dos materiais, nin man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 3. Beneficiarios e requisitos comúns.

1. Poderanse acoller a estas axudas os gandeiros con explotacións na Comunidade Autónoma de Galicia, das especies ovina, vacúa, cabrúa e de porco celta.

2. O gando deberá estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto.

3. Os beneficiarios destas axudas terán que acreditar a súa inclusión no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Adquisición de cans mastíns.

1. Será subvencionable a adquisición de cans de raza mastín leonés dunha idade inferior aos 4 meses, debendo o interesado achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente e seguir as indicacións contidas no Manual práctico para o coidado e adestramento de cans mastíns para a protección do gando, publicado pola consellería en colaboración coa asociación Ovica.

2. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans mastíns. O número dos subvencionables por explotación estará en función da facenda gandeira, e poderá subvencionarse un máximo dun mastín por rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior; e ata dous mastíns por explotación cando se supere este número de reses.

3. O importe das axudas non excederá de 250 euros por mastín e poderán minorarse na contía que proceda, en función do número de solicitudes e da contía orzamentaria.

Artigo 5. Pastores eléctricos.

1. As axudas relativas á instalación dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición. No momento da xustificación da axuda será necesario acreditar, mediante factura, a compra de tantas mallas electrificadas móbiles como pastores eléctricos sexan adquiridos.

2. A contía máxima da axuda por cada pastor será de 100 euros, e poderán concederse varias axudas para a instalación de máis pastores nunha mesma explotación e formuladas nunha mesma solicitude segundo o seguinte cadro:

Gando menor

Gando maior

Pastores

1 a 15

1 a 5

1

16 a 20

6 a 10

2

21 a 30

11 a 20

3

Máis de 30

Máis de 20

4

Tamén se poderá suplir a adquisición de varios pastores por un de maior potencia sempre que o importe final da axuda non se incremente.

Artigo 6. Emprego de curros.

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de mallas electrificadas móbiles que se conectan a pastores eléctricos; a contía máxima da dita axuda será de 100 euros por malla de 50 m, ata un máximo de 4 mallas por explotación, e terán que cumprir as mallas as especificacións que figuran no anexo II desta orde.

Artigo 7. Valado con malla ovelleira e postes de madeira tratada.

1. A Consellería do Medio Rural subvencionará a instalación de valados fixos con malla ovelleira e postes de madeira tratada e unha lonxitude máxima de 400 m, destinados a protexer o gando dos ataques do lobo. Subvencionarase un valado por cada rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e un máximo de dous valados por explotación cando se supere o devandito número de reses, cun importe máximo de 3,75 euros/m e 1.500 euros por valado.

2. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza certificarán que as instalacións cumpren as especificacións do anexo II desta orde.

Artigo 8. Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes de subvención irán dirixidas ao conselleiro do Medio Rural e deberán formalizarse por un dos procedementos que seguen:

a) En soporte papel segundo o modelo formalizado que se recolle no anexo II desta orde.

Presentarase, preferentemente, nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural.

Así mesmo, tamén se poderán presentar en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Telematicamente os solicitantes que posúan certificado dixital baixo a norma X.509 V3, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, poderán presentar a solicitude, coa documentación necesaria, transmitíndoa por vía telemática ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, mediante a citada sinatura electrónica avanzada, no enderezo da internet: http://www.xunta.es/sede-electronica. Neste caso, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se lle poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento. O representante legal da entidade que formule a presentación telemática deberá posuír devandito certificado dixital.

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

3. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:

a) Modelo de solicitude normalizado segundo o anexo I debidamente cuberto.

b) Documento selado polos servizos veterinarios oficiais que especifique o censo da explotación á data especificada, e que sexa fiel reflexo da información que consta na base de datos da aplicación informática da Consellería do Medio Rural.

c) Fotocopia do CIF do propietario das reses, no suposto de persoas xurídicas.

d) Se o titular for unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda.

e) Cando se actúe en nome doutra persoa física ou xurídica deberase acreditar a representación con que se actúa e, ademais, o acordo dos partícipes para solicitar a subvención. Cando se trate dunha comunidade de bens, ademais, acreditarase que o acordo foi tomado pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade.

f) Declaración do conxunto das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas no modelo que se xunta como anexo VII a esta orde.

4. A presentación do NIF só será obrigatorio no caso de que o solicitante non autorice na solicitude a consulta dos datos de identidade a través do sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

5. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado, segundo o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, agás denegación expresa por parte do solicitante, que deberá presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente. Esta comprobación efectuarase tanto antes de se ditar resolución de concesión como da tramitación do pagamento.

6. No caso de solicitar axudas por un importe subvencionable superior a 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben, segundo o establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Criterios para a concesión da axuda.

1. Para a concesión das axudas establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

a) Existencia de ataques de lobos e reincidencia de ataques (*): 10 puntos; e 1 punto máis por cada ataque reincidente.

b) Presenza e densidade de lobo no concello (**): zona 1: 12 puntos, zona 2: 4 puntos, zona 3: 1 punto.

c) N.º de cabezas de gando:

Gando maior, máis de 10 cabezas: 4 puntos.

Gando maior, máis de 20 cabezas: 10 puntos.

Gando maior, máis de 40 cabezas: 20 puntos.

Gando menor, máis de 30 cabezas: 4 puntos.

Gando menor, máis de 60 cabezas: 10 puntos.

Gando menor, máis de 100 cabezas: 20 puntos.

(*) A existencia de ataques de lobos toma como criterio espacial o do municipio en que se produciron os ataques e, como criterio temporal, o do último ano, segundo establece o anexo III.

(**) A presenza e densidade de lobos na zona determinarase en función dos datos que figuran no mapa de zonificación do Plan de Xestión do Lobo.

2. O criterio de repartición será atendendo ás solicitudes ordenadas de maior a menor puntuación ata esgotar o crédito.

Artigo 10. Tramitación.

1. As solicitudes de axuda serán examinadas, xunto coa documentación anexa, nos servizos provinciais de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural. No caso de carencias ou defectos de forma, requirirase o interesado para que, nun prazo de (10) días hábiles, emende a falta ou proporcione os documentos preceptivos; se non proceder á devandita emenda no prazo indicado, darase por desistido da súa petición segundo o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza remitirán os expedientes, xunto coa certificación de non existencia ou adquisición previa á publicación desta orde, á Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, no prazo máximo de dous meses, contados a partir da data límite de presentación de solicitudes.

3. Os expedientes serán valorados por unha comisión de avaliación creada para tal fin. Esta comisión establecerá a puntuación mínima que deben acadar os solicitantes para obter a condición final de beneficiarios, tendo en conta o límite orzamentario previsto. A comisión estará presidida polo titular da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, ou persoa en quen delegue. Ademais, serán membros da citada comisión os titulares das xefaturas de servizo e área dos servizos centrais. Este último actuará como secretario da comisión.

4. Esta comisión de avaliación formulará o correspondente informe-proposta de concesión ou denegación das subvencións á dirección xeral de Conservación da Natureza, que será a responsable de elevar ao órgano competente para resolver a proposta de resolución.

Artigo 11. Resolución e recursos.

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde corresponde ao conselleiro do Medio Rural. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada con suxeición ao establecido nas bases reguladoras das axudas recollidas nesta orde.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses desde a entrada en vigor da orde.

3. A resolución ditada, segundo o que se dispón no número 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co que se dispón nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 12. Aceptación da axuda concedida.

O outorgamento da subvención debe ser aceptado polo beneficiario no prazo máximo de dez (10) días, desde a súa notificación coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que se entende tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 13. Compatibilidade.

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para a mesma finalidade, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Publicidade da resolución.

1. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención.

2. De conformidade co punto 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

3. A solicitude para ser beneficiario de axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, os solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorran algunhas das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida segundo o disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios.

1. As actuacións obxecto de subvención deberán contar no momento do seu comezo coas licenzas e autorizacións preceptivas, se estas foren necesarias.

2. A aprobación da subvención implicará o compromiso dos solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións propostas. A execución das actividades obxecto de axuda deberá realizarse na extensión e coas condicións técnicas recollidas na memoria e, en todo caso, axustaranse aos termos recollidos na resolución.

3. O gandeiro perceptor da axuda asume o compromiso do mantemento e debido uso dos sistemas de prevención de danos que sexan obxecto de subvención. No caso dos cans mastíns o vendedor deberá achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente e o comprador deberá seguir as indicacións contidas no Manual práctico para o coidado e adestramento de cans mastíns para a protección do gando, publicado pola consellería en colaboración coa asociación Ovica. Para tal efecto, poderá solicitar asesoramento técnico á Consellería do Medio Rural.

4. A Consellería do Medio Rural poderá realizar as inspeccións que coide oportunas para comprobar o estado, manexo e eficiencia dos sistemas de prevención de danos subvencionados.

5. A finalidade ou función da actividade ou obra deberase manter durante un prazo mínimo de 5 anos, de conformidade co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O prazo para realizar os investimentos obxecto da subvención rematará o 20 de setembro de 2012, sempre que na resolución aprobatoria non se dispoña doutro prazo diferente. Excepcionalmente, o director xeral de Conservación da Natureza poderá conceder, por delegación do conselleiro e antes de que remate o período de execución, unha prórroga dentro dos límites establecidos no artigo 49.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. Os beneficiarios deberán de conservar, polo menos durante 5 anos, os documentos acreditativos da aplicación dos fondos recibidos, segundo o artigo 11.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Xustificación do gasto.

1. Con carácter xeral, e salvo que a resolución de concesión da axuda dispoña o contrario, o prazo para xustificar o remate das actividades e o pagamento dos conceptos correspondentes a elas finalizará o día 30 de setembro de 2012. Porén, poderase conceder, por petición xustificada do interesado realizada antes da finalización do prazo establecido sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros, unha ampliación do prazo de xustificación das axudas que non excederá da metade do prazo inicialmente previsto.

2. Para a xustificación do investimento obxecto de axuda, o beneficiario deberá presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento segundo o anexo IV.

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia. Esta memoria axustarase ao modelo do anexo V.

c) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o modelo do anexo VI.

d) Facturas orixinais ou copias compulsadas delas xunto cos extractos de contas ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario, de xeito que quede acreditada a efectiva realización dos pagamentos.

e) Unha declaración doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, de ser o caso, con indicación do importe e da súa procedencia, así como de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro consonte o establecido na Orde da Consellería de Facenda do 4 de xaneiro de 2010, segundo o modelo do anexo VII.

f) Certificación bancaria de ter aberta unha conta a nome do beneficiario da axuda, con expresión do seu CIF e o número de conta segundo o anexo VIII. Aqueles beneficiarios a que se teña aboado a subvención no exercicio pasado, e non cambiasen desde entón a súa conta bancaria, non precisan presentar de novo esta certificación para percibiren a axuda desta orde.

g) No caso de adquisición de cans mastíns achegarase, ademais do especificado nas alíneas anteriores, o certificado expedido por un veterinario colexiado en que se acredite a idade do can e a súa raza. Deberase acompañar, así mesmo, da documentación sobre os controis sanitarios.

3. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza comprobarán a documentación e engadirán as certificacións sobre o grao de execución das actividades subvencionadas e sobre a adecuación destas ao anexo II e á documentación que serviu de base para ao outorgamento da axuda.

4. Vista a certificación final das actuacións coa documentación presentada e o informe do servizo provincial correspondente, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza fará, de ser o caso, proposta de pagamento da subvención concedida.

Artigo 18. Modificación das actividades subvencionadas.

Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa do director xeral de Conservación da Natureza, por delegación do conselleiro do Medio Rural, logo de informe favorable do servizo provincial correspondente. Para tal efecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince días hábiles de anticipación á súa realización.

Artigo 19. Pagamento.

1. O pagamento corresponderase co importe da subvención aprobada. Excepcionalmente, por resolución do director xeral, poderá subvencionarse só unha parte dos gastos aprobados sempre que se xustifique documentalmente o motivo de non ter realizado o total do gasto, que a parte executada constitúa unha unidade operativa independente e sempre que se manteñan as condicións recollidas no anexo II. Neste caso, aplicarase a correspondente minoración.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto o beneficiario non se encontre ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Revogación.

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co que se establece no artigo 36 da Lei 9/2007, citada, nos casos e termos previstos no artigo 33 da mesma lei.

2. Nos supostos anteriormente citados, e por proposta do director xeral de Conservación da Natureza, após o informe previo do servizo provincial, e despois de audiencia previa ao interesado, o secretario xeral técnico, por delegación do conselleiro do Medio Rural, poderá revogar total ou parcialmente as axudas que foron concedidas no seu día e declarará a obriga de reintegrarlle á Xunta de Galicia as cantidades percibidas, co aboamento dos xuros de demora fixados pola lei.

Artigo 21. Financiamento.

As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas financiaranse pola Consellería do Medio Rural con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.541B.770.1, código de proxecto (2011 00756) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, ata un importe de vinte e oito mil (28.000) euros para o exercicio orzamentario.

O dito importe inicial poderá incrementarse con achegas adicionais despois da oportuna tramitación orzamentaria, axustándose ao disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control das actividades subvencionadas.

A Consellería do Medio Rural poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería do Medio Rural poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizasen actividades, mesmo con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas, consonte o establecido no artigo 30.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 23. Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento lles poida exixir o órgano xestor correspondente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, os beneficiarios están obrigados a se someteren ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería do Medio Rural, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como a que lles solicite calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co que se establece no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Disposicións xerais.

O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; así como no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposición adicional primeira. Delegación de funcións.

Delégase no secretario xeral técnico o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 11.1, e demais competencias atribuídas nesta orde ao conselleiro; así mesmo, delégase a facultade de revogar e aplicar o procedemento sancionador. E na Dirección Xeral de Conservación da Natureza a autorización de calquera modificación nas actividades aprobadas, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional segunda. Anticipado de gasto.

Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2012, no momento da resolución.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO II

– Emprego de curros:

A instalación de valados electrificados é outro dos métodos utilizados para evitar que os depredadores accedan ao gando.

Os animais que tocan os arames condutores do valado reciben unha pequena descarga eléctrica. Esta experiencia desagradable é aprendida e, así, conséguese que non tenten achegarse de novo ao cercado.

Un valado electrificado instálase rodeando a parcela ou superficie en que se atopa o gando durante o día ou cercando os currais onde pasa a noite. Os valados electrificados desmontables permiten cambiar a súa situación en función das necesidades do gando.

Os valados electrificados teñen que ter as seguintes especificacións:

– Altura mínima 1 m.

– Lonxitude mínima 50 m.

– Postes mínimos 12 e 8 fíos horizontais.

Cercado con malla ovelleira e postes de madeira tratada:

A altura total do peche desde o chan (ata a malla ou ata o último arame electrificado) ten que ser, en calquera caso, de 1,50 m mínimo, podendo realizalo só de malla ovelleira ou combinando con arames electrificados.

Empregaranse postes de madeira tratada e o peche debe ser estable e consistente.

Requisitos mínimos:

A) Malla ovelleira.

Como mínimo de 1 m de altura, cun mínimo de 8 arames horizontais e 15 cm como máximo de separación entre os arames verticais.

B) Arames electrificados.

Un arame por fóra da malla, a unha altura de 30 cm do chan (utilizando illadores longos para separar o arame da malla).

Se non leva este arame electrificado, a malla deberá estar enterrada como mínimo 25 cm.

Un mínimo dun arame electrificado por riba da malla ovelleira, como máximo a 20 cm por riba da malla (con illadores curtos). Se hai máis de un arame electrificado por riba da malla ovelleira, estes non estarán separados máis de 20 cm entre si.

ANEXO III
Ataques do lobo sobre o gando producidos entre o 1 de outubro de 2010
e o 30 de setembro de 2011

Concello

Ataques confirmados
o último ano

Arzúa

1

Baña, A

1

Boimorto

2

Boiro

7

Cabana

2

Cabañas

2

Carballo

6

Cesuras

1

Coristanco

1

Curtis

5

Ferrol

1

Frades

2

Laracha, A

5

Laxe

1

Lousame

2

Mazaricos

10

Melide

10

Muros

2

Muxía

1

Negreira

2

Ordes

4

Ortigueira

1

Outes

2

Rois

1

Santa Comba

7

Santiago de Compostela

6

Sobrado

2

Tordoia

4

Touro

2

Trazo

4

Vilasantar

5

Vimianzo

3

Zas

2

Abadín

7

Alfoz

1

Antas de Ulla

1

Baralla

3

Carballedo

2

Castroverde

3

Cervantes

2

Chantada

4

Corgo, O

2

Cospeito

1

Folgoso do Courel

2

Friol

5

Guitiriz

2

Guntín de Pallares

5

Incio, O

1

Láncara

1

Lourenzá

3

Lugo

3

Meira

2

Mondoñedo

2

Monterroso

2

Muras

19

Navia de Suarna

1

Negueira de Muñiz

2

Nogais, As

1

Ourol

1

Páramo, O

2

Pastoriza, A

11

Pedrafita do C.

1

Pol

1

Portomarín

3

Quiroga

1

Sarria

2

Saviñao, O

3

Taboada

8

Valadouro, O

15

Vicedo, O

1

Vilalba

1

Viveiro

4

Xermade

2

Xove

11

Allariz

6

Amoeiro

1

Calvos de Randín

2

Castro Caldelas

1

Celanova

2

Chandrexa de Queixa

2

Lobeira

3

Lobios

1

Maceda

5

Manzaneda

1

Merca, A

1

Montederramo

1

Ourense

2

Paderne de Allariz

2

Parada de Sil

1

Pereiro de Aguiar

6

Quintela de Leirado

1

Teixeira

2

Verín

1

Vilamarín

1

Vilar de Barrio

2

Vilariño de Conso

2

Barro

2

Caldas de Reis

1

Campo Lameiro

3

Cañiza, A

7

Cerdedo

1

Cotobade

5

Covelo, O

5

Estrada, A

8

Forcarei

1

Fornelos de Montes

6

Lalín

1

Lama, A

2

Marín

1

Moraña

2

Pazos de Borbén

2

Ponte Caldelas

2

Ponteareas

3

Rodeiro

1

Silleda

2

Vila de Cruces

1

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file