Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente número OU-PF-99/2010 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se xunta, a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada xefatura territorial situada na avda. da Habana n.º 79, 2.º, CP 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 7 de decembro de 2011.

Luís Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-99/2010.

NIF: 34952066-R.

Interesado: José Antonio Gil Seijo.

Enderezo: O Campo 16, Toén (Ourense).

Número de expediente: OU-PF-132/2010.

NIF: 44448723-G.

Interesada: Alba Ordóñez Bravo.

Enderezo: avenida de Zamora 135, 4.º esq., Ourense.

Número de expediente: OU-PF-44/2011.

NIF: 53484174-C.

Interesada: María Natalia Blanco Carro.

Enderezo: rúa San Francisco n.º 13, 4.º E, Ourense.