Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivo da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente OU-PF-71/2011.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo que se xunta, a resolución de arquivo da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada xefatura territorial situada na avda. da Habana núm. 79, 2.º, 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 7 de decembro de 2011.

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-71/2011.

NIF: 34967597-E.

Interesada: Carmen María Sieiro Gallardo.

Enderezo: Samuel Eijan 11, 3.º C, Ourense.