Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2011149SEA, por infraccións en materia sanitaria.

O 16 de novembro de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador n.º 2011149SEA incoado a Aves Santa Cecilia, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Aves Santa Cecilia, S.L., o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de decembro de 2011.

P.A. (Resolución 23.6.2009)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

N.º expediente: 2011149SEA.

Interesado/a: Aves Santa Cecilia, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70082771.

Derradeiro enderezo coñecido: polígono industrial Río do Pozo, 189. Narón.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: artigo 35.A) 1.ª e 3.ª e C) 6.ª, da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h) e 43.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigos 2.11, 2.2, 4.3.3, 7.1.2 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Regulamento (CE) 852/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29.4.2004, relativo á hixiene de produtos alimenticios, anexo II, cap. I, cap. IV, cap. IX e cap. X. Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, anexo II, sección I; anexo III, sección I, cap. III; sección II, cap. II.

Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria, artigo 18.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 60 €. Sesenta euros.