Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2011239SEA, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de novembro de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2011239SEA incoado a Falar e Xantar, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Falar e Xantar, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 13 de decembro de 2011.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º de expediente: 2011239SEA.

Interesado/a: Falar e Xantar, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15910409.

Último enderezo coñecido: Linneo, 8, Santa Cristina, Oleiros.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1 e 51.1, parágrafo 4.º.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, anexo II, capítulo I, II e V.

Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, artigo 3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 € (trescentos euros).