Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 15 de decembro de 2011 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R001/142/2010.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo conselleiro de Economía e Industria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester número 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

M.ª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001/142/2010.

Interesada: Tecnox Soluciones Informáticas, S.L.

CIF: B99229288.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada RA-IGC-36/11 interposto contra a resolución do Instituto Galego de Consumo do 27 de maio de 2011, recaída no expediente de referencia.