En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 119, do 22 de xuño de 2011.
1.2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obras.
b) Descrición: obras de consolidación estrutural e restauración do lenzo interior do cubo XXXVIII, construción de nova rampla no contorno da Casa Torre e impermeabilización da escaleira do cubo LXXVII da muralla romana de Lugo, cofinanciado por unha subvención do Ministerio de Cultura.
1.3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
1.4. Orzamento base de licitación: 152.926,39 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado por unha subvención do Ministerio de Cultura.
1.5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 28 de outubro de 2011.
b) Data de formalización do contrato: 5 de decembro de 2011.
c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).
d) Importe de adxudicación: 127.693,53 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.
P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo