Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40434

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO do expediente de contratación número 2011000004.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de prevención alleo na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A.

3. Orzamento base de licitación: 60.000 €, sen IVE.

4. Prazo de execución: 1 ano.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

9. Lugar de presentación das ofertas: Rexistro da Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns da CRTVG e as súas sociedades, Bando-San Marcos s/n,15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando-San Marcos s/n, Santiago de Compostela, na data e na hora que se publicará no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

Miguel Rodríguez Barrio
Director de Planificación e Administración Xeral