Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para un centro xestor de residuos.

A empresa Reciclados Ecológicos Díaz, S.L., que ten como representante a José M. Díaz Vidal, solicitou nesta Alcaldía licenza municipal de instalación dun centro xestor de residuos na nave 4 das parcelas 12-14 e un almacén vinculado á actividade anterior na nave 3 da parcela 12-14, ambas sitas no parque empresarial de Coirós; e cumprindo co disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que durante este período se poidan presentar as reclamacións ou alegacións que se consideren oportunas.

Coirós, 24 de novembro de 2011.

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde