Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40430

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre rehabilitación de edificio.

Juan Caamaño Novo solicita deste concello licenza para rehabilitación de edificio existente para albergue de peregrinos no lugar do Logoso, parroquia de Olveira. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 21 de decembro de 2011.

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde