Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de prazas de funcionarios.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 243, do 23 de decembro de 2011, publícanse as bases que regulan a convocatoria para cubrir as prazas vacantes de funcionarios do Concello de Ortigueira, incluída na oferta de emprego público do ano 2011, que a continuación se indican:

Tres prazas de administrativos petencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa e clase administrativa, mediante o sistema de concurso-oposicion en quenda de promoción interna.

Unha praza de operario pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais e clase de persoal de oficios, mediante o sistema de concurso oposición, quenda libre.

Unha praza de operario pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais e clase de persoal de oficios, mediante o sistema de concurso oposición en quenda de reserva a minusválidos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Ortigueira, 23 de decembro de 2011.

Rafael J. Girón Martínez
Alcalde