Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública sobre obtención de actos edificatorios e de actividade.

Filiberto Ramilo Romero, en representación de Autos Maber,S.L., solicitou neste concello licenza municipal que ampare a obtención dos actos edificatorios e de actividade de exposición e taller de reparación de vehículos, na Ponte Nova, s/n, Guillarei, Tui. En cumprimento do artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que empezará a contar desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, poida examinarse o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello, e poidan formular por escrito as alegacións que consideren oportunas todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar.

Tui, 30 de agosto de 2011.

Moisés Rodríguez Pérez
Alcalde