Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2011.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do día 21 de decembro de 2011, adoptou o acordo n.º 12/842, que na parte dispositiva fai constar:

Primeiro. A aprobación da oferta de emprego público para o ano 2011, co número de prazas de persoal funcionario que figuran no anexo e coa indicación das categorías profesionais en que se distribúen.

Segundo. As bases das convocatorias que se van realizar conterán o sistema de selección que se determine, dentro do marco legal vixente, tendo que se garantir, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade consagrados na Constitución.

Terceiro. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Lugo, 23 de decembro de 2011.

José Clemente López Orozco
Alcalde

ANEXO

– Persoal funcionario:

Grupo A2. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: enxeñeiro/a técnico/a topógrafo/a.

Grupo A2. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: arquitecto/a técnico/a.

Grupo A2. Escala de administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: técnico/a medio/a da área económica.

Grupo C1. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: técnico/a en xardín de infancia.

Grupo C1. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: técnico/a superior en informática.

Grupo C2. Escala de administración especial. Número de vacantes: 2 (quenda libre). Denominación: bombeiro/a condutor/a.

Agrupacións profesionais. Escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de persoas discapacitadas). Denominación: celador/a para colexio público.