Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como corredor de seguros e a exclusión do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia a José Manuel Fuentes Iglesias.

De conformidade co disposto no alínea f) do artigo 53 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como corredor de seguros e, por conseguinte, excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia a José Manuel Fuentes Iglesias.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral, por solicitude do interesado, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave do rexistro: GF-001.

NIF: 33792764-Z.

Apelidos e nome: Fuentes Iglesias, José Manuel.

Localidade: Lugo.

Data da resolución: 16.1.2012.