Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega (AB-CON1-12-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Servizo de Contratación.

2.º Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2.ª planta.

3.º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4.º Teléfono: 881 54 27 87.

5.º Telefax: 881 54 27 62.

6.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7.º Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 9 de marzo de 2012.

d) Número de expediente: AB-CON1-12-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento da campaña publicitaria Sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de decembro de 2012.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Relativos a aspectos cualitativos (sobre B)

– Creatividade e estratexia da planificación proposta

– Sistema de seguimento e control

Relativos a aspectos cuantitativos (sobre C)

– Mellor prezo para insercións de anuncios en prensa, radio, televisión, internet e exterior

– Comisión da axencia (deberá ser menor ou igual ao 2%)

0-40

0-10

0-40

0-10

4. Valor estimado do contrato: 2.200.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.000.000 euros. Importe total: 1.180.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo T, subgrupo 1 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver número 15 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de marzo de 2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2.º Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.

3.º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do decimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de xaneiro de 2012.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

P.D. (Decreto 310/2009, Orde 3.7.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos