Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

EDICTO de información pública sobre un proxecto de taller artesanal de restauración de vehículos na parroquia de Sabarei de Abaixo.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto autonómico 133/2008, do 12 de xuño, polo que que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o seguinte proxecto técnico:

– Proxecto de taller artesanal de restauración de vehículos, na parroquia de Sabarei de Abaixo, cuxo promotor é Sabarei, C.B.

Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalo nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

O Corgo, 10 de xaneiro de 2012.

José Antonio Ferreiro González
Alcalde